O prezo do poder

O prezo do poder
Scarface 1983 Logo.png
Ficha técnica
Título orixinalScarface
DirectorBrian De Palma
ProdutorMartin Bergman
GuiónOliver Stone
IntérpretesAl Pacino
Steven Bauer
Michelle Pfeiffer
Mary Elizabeth Mastrantonio
Robert Loggia
F. Murray Abraham
MúsicaGiorgio Moroder
FotografíaJohn A. Alonzo
MontaxeJerry Greenberg
David Ray
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1 de decembro de 1983 (Nova York)
9 de decembro de 1983 (Estados Unidos)
Duración170 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento25.000.000 de dólares[1]
Recadación65.900.000 dólares[2]

O prezo do poder (título orixinal:Scarface) é un filme policial estadounidense de 1983 dirixido por Brian De Palma con guión de Oliver Stone[3], un remake do filme do filme Scarface de 1932[4]. A película conta a historia do refuxiado cubano Tony Montana (Al Pacino), que chega en 1980 a Miami sen nada, e sobe ata converterse nun poderoso patrón da droga. No elenco tamén participaron Mary Elizabeth Mastrantonio, Steven Bauer e Michelle Pfeiffer. A estrea foi o 1 de decembro de 1983 en Nova York e o 9 de decembro de 1983 lanzouse comercialmente nos Estados Unidos.

Argumento

Graffiti coa imaxe Al Pacino caracterizado como Tony Montana

En 1980 o refuxiado cubano e ex-convicto Antonio "Tony" Montana chega a Miami, como parte do éxodo do Mariela. Vai parar a un campo de refuxiados cos seus mellores amigos, Manny Ribera, Ángel e Chi-Chi. Conseguen saír e a promesa de lograr o permiso de residencia por asasinar un ex-alto cargo do goberno cubano a petición dun dos maiores traficantes de drogas, Frank López. Traballan como lavapratos nun posto de comidas, a contragusto de Tony que afirma que el está para cousas máis grandes.

Omar Suárez, a man dereita de Frank, encárgalles un traballo, mercar cocaína dos traficantes colombianos, pero o negocio vai mal. Os colombianos desmembran a Angel cunha motoserra, mentres Manny e Chi-Chi rescatan a Tony e matan os traficantes. Sospeitando que Omar está involucrado, Tony e Manny insisten en entregar persoalmente as drogas e os cartos a Frank. Durante areunión, Tony síntese atraído pola muller de Frank, Elvira Hancock.

Other Languages
български: Белязаният
čeština: Zjizvená tvář
dansk: Scarface
Ελληνικά: Ο Σημαδεμένος
Bahasa Indonesia: Scarface (film 1983)
lietuvių: Žmogus su randu
македонски: Лице со лузна
Bahasa Melayu: Filem Scarface (1983)
Nederlands: Scarface (1983)
norsk nynorsk: Scarface (1983)
português: Scarface (1983)
română: Scarface
srpskohrvatski / српскохрватски: Scarface
Simple English: Scarface (1983 movie)
shqip: Scarface
српски / srpski: Лице са ожиљком
中文: 疤面煞星
粵語: 疤面煞星