O Señor dos Aneis

O Señor dos Aneis
Colina de Hobbiton.jpg
Hobbiton en Matamata (Nova Zelandia), escenario da adaptación cinematográfica d`O Señor dos Aneis de Peter Jackson
Título orixinalThe Lord of the Rings
Autor/aJ. R. R. Tolkien
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónFóra de Xogo (nº 56, 57 e 58)
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.Flag of the United Kingdom.svg 1954
Galicia 2001-2002
Formato13 x 21 cm. Rústico cosido a fío.
Páxinas520
440
400
ISBN978-84-8302-683-0
978-84-8302-826-1
978-84-8302-916-9
TraduciónMoisés Barcia Rodríguez

O Señor dos Aneis é unha triloxía narrativa, obra cume do escritor John Ronald Reuel Tolkien, ambientada nun mundo fantástico chamado a Terra Media, durante o final da Terceira Idade da mesma. Foi publicada en lingua inglesa en 1954, e a tradución ao galego de Moisés Barcia Rodríguez foi editada por Xerais entre 2001 e 2002. Vendeu millóns de exemplares, e é o libro máis vendido do século XX, e crese que o segundo máis vendido da historia moderna, despois da Biblia, existindo traducións a 40 idiomas. Coñeceu tres adaptacións cinematográficas e é unha das obras que máis influíron o xénero da literatura fantástica.

Trama

O libro conta a aventura do hobbit Frodo Baggins (Frodo Bulseiro na tradución galega) na súa viaxe rumbo ó Monte do Destino, co fin de destruír o anel de poder forxado por Sauron, o grande Inimigo Escuro, motivo da trama da triloxía. Sauron, o Señor Escuro de Mordor, é o principal vilán da historia, creador do Anel Único que utilizou para controlar o poder dos demais Aneis.

O Señor dos Aneis constitúe a continuación dun libro anterior de Tolkien, O Hobbit, que trata da historia de como o Anel do Poder pasa ás mans do tío de Frodo Bulseiro, Bilbo Bulseiro. Nun nivel máis profundo constitúe a continuación doutro libro chamado O Silmarillion, que fala da creación da Terra Media, de todas as criaturas que nela habitan, do primeiro Señor Escuro, mestre de Sauron e das loitas polos Silmarils.

O Señor dos Aneis narra a historia dun grupo de seres (elfos, hobbits, ananos, humanos), que forman a Irmandade do Anel, no seu intento por destruír o Anel Único, forxado por Sauron, o amo do mal. É a historia do heroe do pobo chan, daquela persoa que aínda sabendo que o seu destino pode ser fatal, loita por cumprilo, pois del depende a continuidade do seu mundo.

Aínda que algúns o consideran o comezo da fantasía épica, existen múltiples precedentes, como o Conan de Robert E. Howard, ou as historias do Rei Artur. Non obstante, ningún dos seus predecesores tivo a habilidade de crear toda unha mitoloxía no extremo que o fixo J.R.R. Tolkien, xa que o escritor literalmente inventou un mundo completo coa súa xeografía, a súa historia, as súas linguas, lendas e cancións, creando un universo literario de profundidade e riqueza que dota á novela dun ar de verosimilitude, dando lugar a un verdadeiro exercicio de mitopoese (das palabras gregas que significan "creación de mitos")

Other Languages
Alemannisch: Der Herr der Ringe
العربية: سيد الخواتم
беларуская: Уладар Пярсцёнкаў
беларуская (тарашкевіца)‎: Уладар Пярсьцёнкаў
čeština: Pán prstenů
客家語/Hak-kâ-ngî: Mô-kài
עברית: שר הטבעות
Bahasa Indonesia: The Lord of the Rings
日本語: 指輪物語
한국어: 반지의 제왕
Ripoarisch: Dr Herr dr Ringe
Кыргызча: Теңир шакеги
Lëtzebuergesch: The Lord of the Rings
Lingua Franca Nova: La Senior de la Anelos
lietuvių: Žiedų valdovas
Bahasa Melayu: The Lord of the Rings
эрзянь: Сурксазор
norsk nynorsk: Ringdrotten
Runa Simi: Siwikunap Apun
srpskohrvatski / српскохрватски: The Lord of the Rings
Simple English: The Lord of the Rings
slovenščina: Gospodar prstanov
Kiswahili: Bwana wa Mapete
українська: Володар перснів
吴语: 指环王
中文: 魔戒
Bân-lâm-gú: Chhiú-chí Ông
粵語: 魔戒