Novela

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Manuscrito da obra Maxina ou a filla espúrea, considerada a primeira novela en lingua galega.

Unha novela[1] é un xénero literario narrativo xeralmente en prosa e dunha extensión que pode ser considerable onde se explican uns feitos de ficción que expón relacións, accións e condutas humanas a partir duns personaxes, unha ambientación, un narrador e un punto de vista. Poden aparecer descricións e para embelecer, aclarar ou facer máis amena a acción. O xénero como tal xorde na Idade Moderna. A novela distínguese polo seu carácter aberto e a súa capacidade para conter elementos diversos nun relato complexo. Este carácter aberto ofrece ao autor unha gran liberdade para integrar personaxes, introducir historias cruzadas ou subordinadas unhas a outras, presentar feitos nunha orde distinta a aquel no que se produciron ou incluír no relato textos de distinta natureza: cartas, documentos administrativos, lendas, poemas, etc. Todo iso dá á novela maior complexidade que a que presentan os demais subxéneros narrativos. Ata onde debe chegar a extensión é obxecto de disputa, como o é a complexidade que debe ofrecer a trama ficticia que a sustenta.

Etimoloxía

Como no castelán e no portugués, o termo novela galego procede do italiano novella, onde a palabra refería cada un dos relatos breves contidos en obras tales coma o Decameron (1353). Tanto o antigo francés novelle (mod. nouvelle) coma o italiano novella proceden do nominativo plural latino novella refeito como singular. No latín a forma singular, novellus derivaba de novus 'novo'. O inglés novel foi importado a través do francés antigo, con desprazamento acentual (de forma aguda para grave).

A evolución semántica no galego, castelán, catalán e inglés é semellante. Comeza facendo referencia a contos ou relatos de curta extensión para acabar referindo un xénero de ficción no que se integran obras narrativas de extensión considerable. Este sentido actual da palabra correspóndese co do francés roman, portugués romance e italiano romanzo. Dada a necesidade de diferenciar os dous xéneros literarios hoxe téndese a falar de novela longa, a novela por antonomasia, e de novela curta.

Other Languages
Afrikaans: Roman
Alemannisch: Roman
aragonés: Novela
العربية: رواية (أدب)
asturianu: Novela
azərbaycanca: Roman
تۆرکجه: رومان
башҡортса: Роман
žemaitėška: Ruomans (literatūra)
Bikol Central: Nobela
беларуская: Раман
беларуская (тарашкевіца)‎: Раман
български: Роман
भोजपुरी: उपन्यास
বাংলা: উপন্যাস
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: উপন্যাস
brezhoneg: Romant
bosanski: Roman
буряад: Роман
català: Novel·la
нохчийн: Роман
کوردی: ڕۆمان
čeština: Román
kaszëbsczi: Pòwiesc
Чӑвашла: Роман
Cymraeg: Nofel
dansk: Roman
Deutsch: Roman
Zazaki: Roman
Ελληνικά: Μυθιστόρημα
English: Novel
Esperanto: Romano
español: Novela
eesti: Romaan
euskara: Eleberri
فارسی: رمان
suomi: Romaani
føroyskt: Skaldsøga
Frysk: Roman
Gaeilge: Úrscéal
贛語: 長篇小說
Gàidhlig: Nobhail
Avañe'ẽ: Tembiasagua'u
ગુજરાતી: નવલકથા
Gaelg: Noaskeeal
עברית: רומן
हिन्दी: उपन्यास
Fiji Hindi: Novel
hrvatski: Roman
Kreyòl ayisyen: Woman
magyar: Regény
հայերեն: Վեպ
Bahasa Indonesia: Novel
Ilokano: Nobela
Ido: Romano
íslenska: Skáldsaga
italiano: Romanzo
日本語: 長編小説
Patois: Navl
Basa Jawa: Novèl
ქართული: რომანი
Taqbaylit: Ungal
қазақша: Роман
ಕನ್ನಡ: ಕಾದಂಬರಿ
한국어: 장편소설
Кыргызча: Роман
Latina: Mythistoria
Lëtzebuergesch: Roman
Limburgs: Roman
lietuvių: Romanas
latviešu: Romāns
македонски: Роман
മലയാളം: നോവൽ
मराठी: कादंबरी
Bahasa Melayu: Novel
Mirandés: Remanse
မြန်မာဘာသာ: ဝတ္ထု
مازِرونی: رمان
नेपाली: उपन्यास
Nederlands: Roman (literatuur)
norsk nynorsk: Roman
norsk: Roman
occitan: Roman
ਪੰਜਾਬੀ: ਨਾਵਲ
polski: Powieść
Piemontèis: Romanz (literatura)
پنجابی: ناول
پښتو: ناول
português: Romance
Runa Simi: Kawsay rikch'a
русский: Роман
русиньскый: Роман
саха тыла: Арамаан
sicilianu: Rumanzu
Scots: Novelle
سنڌي: ناول
srpskohrvatski / српскохрватски: Roman
සිංහල: නවකතාව
Simple English: Novel
slovenčina: Román
slovenščina: Roman
shqip: Romani
српски / srpski: Роман
Basa Sunda: Novel
svenska: Roman
Kiswahili: Riwaya
тоҷикӣ: Роман
Tagalog: Nobela
Türkçe: Roman
татарча/tatarça: Роман
українська: Роман
اردو: ناول
oʻzbekcha/ўзбекча: Roman
Tiếng Việt: Tiểu thuyết
walon: Roman
Winaray: Nobela
吴语: 长篇小说
მარგალური: რომანი (პროზა)
ייִדיש: ראמאן
中文: 長篇小說