Nogueira

Nogueiras (xénero Juglans)
Juglans major Morton Arboretum acc. 614-47*1
Juglans major
Morton Arboretum acc. 614-47*1
Clasificación científica
Reino:Plantae
(sen clasif.)Angiosperms
(sen clasif.):Eudicots
(sen clasif.):Rosids
Orde:Fagales
Familia:Juglandaceae
Subfamilia:Juglandoideae
Tribo:Juglandeae
Subtribo:Juglandinae
Xénero:Juglans
L.
Especies

Véxase no texto

As nogueiras ou croucheiras (xénero Juglans) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.

As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste de Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans 'noces de Xúpiter'.As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.

A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura.A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.

Cultivos e usos

As dúas especies de máis importancia comercial son Juglans regia ( a nogueira común), pola madeira e as noces, e Juglans nigra (a nogueira negral), pola madeira principalmente. As esixencias das dúas especies son semellantes e ámbalas dúas son de cultivo frecuente en areas de clima temperado.

As nogueiras precisan niveis de luz solar elevados e a produción mellora se están protexidas do vento. A utilización de plantas fixadoras do nitróxeno nos solos das plantacións de nogueira favorece o crecemento da árbore. Cando se cultivan para a produción de noces é preciso escoller plantas que sexan compatibles coa polinización, que adoitan ser máis productivos que as “auto- fértiles”. Hai moitas variedades con diferentes pautas de crecemento, florecemento, sabor e groso de casca. En zonas setentrionais procúranse variedades que florezan máis tarde, para reducir as perdas causadas por xeadas en primavera.

Other Languages
العربية: جوز (جنس)
azərbaycanca: Qoz
беларуская: Арэх
беларуская (тарашкевіца)‎: Арэх
български: Орех
བོད་ཡིག: སྟར་ཤིང་།
bosanski: Orah
català: Noguer
Cebuano: Juglans
کوردی: گوێز
čeština: Ořešák
Deutsch: Walnüsse
Zazaki: Goz
dolnoserbski: Wórješyna
ދިވެހިބަސް: ސިކުނޑި ބަދަން
Ελληνικά: Καρυδιά (φυτό)
English: Juglans
Esperanto: Juglando (genro)
español: Juglans
eesti: Pähklipuu
euskara: Intxaurrondo
فارسی: درخت گردو
français: Noyer
hrvatski: Orah
hornjoserbsce: Włóska worješina
magyar: Dió
հայերեն: Ընկուզենի
Bahasa Indonesia: Juglans
italiano: Juglans
日本語: クルミ
қазақша: Жаңғақ
한국어: 호두나무속
kurdî: Gûz
Кыргызча: Жаңгактар
Latina: Juglans
лакку: Гьивхь
lietuvių: Riešutmedis
latviešu: Riekstkoki
македонски: Орев
മലയാളം: അക്രോട്ട്
Bahasa Melayu: Walnut
مازِرونی: اقوز
Nederlands: Juglans
ਪੰਜਾਬੀ: ਅਖਰੋਟ (ਰੁੱਖ)
português: Juglans
Runa Simi: Tuqti
русский: Орех (род)
srpskohrvatski / српскохрватски: Orah
Simple English: Walnut
slovenčina: Orech (rod)
shqip: Arra
српски / srpski: Орах
தமிழ்: அக்ரூட்
Türkçe: Ceviz
українська: Горіх (рід)
Tiếng Việt: Chi Óc chó
Winaray: Juglans
吴语: 蒲桃
中文: 胡桃
粵語: 合桃