Nintendo Entertainment System

NES-Console-Set.png

A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8-bit de Nintendo que saíu á venda en Norte América, Brasil, Europa, Asia, e Australia. O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES é a máis exitosa videoconsola do seu tempo tanto en Asia coma en Norte América, axuda a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o video game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas xogo de plataformas, Super Mario Bros. Foi o primeiro grande éxito da consola. A NES foi a primeira consola na que o fabricante optou por permitir o desenvolvemento de xogos por terceiros.

Historia

Aproveitando o éxito das series de xogos arcade no comezo dos 80, Nintendo fixo plans para producir a súa propia videoconsola con cartuchos renovables, unha característica que non estaba incluída nos primeiros produtos da compañía.

A NES foi deseñada por Masayuki Uemura e foi posta á venda no Xapón o 15 de xullo de 1983. A Nintendo Family Computer (Famicom) non tivo moito éxito nun primeiro momento: Durante o seu primeiro ano, foi amplamente criticada alegando que a consola era pouco fiable e moi propensa aos erros de programación e constantes avarías. Non obstante, tras un cambio na placa base, a popularidade da Famicon disparouse converténdose na consola mellor vendida no Xapón cara a finais do 1984. Animados polo seu éxito, Nintendo axiña comezou a mirar cara ao mercado norteamericano.

Nintendo comezou a negociar con Atari para sacar á venda a Famicom baixo a marca de Atari. Esta chamaríase "Nintendo Enhanced Video System." Este acordo rematou finalmente[1], e Atari decidiu centrarse na súa propia consola de nova xeración de 8 bits, a Atari 7800.[2]

A resto da década, Nintendo foi o incontestable líder no mercado de xogo American e Xaponés, e os seus títulos de xogo romperon récords de vendas. Mais, a consola non acadou o mesmo nivel de éxito no resto do mundo occidental. En Europa e Australia, o sistema foi dividido en dúas rexións separadas de mercado (A e B). Mattel tomou a distribución na rexión A, a que consistía en Reino Unido, Australia, e Italia. A distribución na rexión B, consistía no resto do continente Europeo, foi tomado por varias diferentes compañías, con Nintendo responsable da distribución da maioría dos cartuchos.

Other Languages
беларуская: Nintendo Entertainment System
ქართული: Nintendo Entertainment System
македонски: Nintendo Entertainment System
sicilianu: NES
srpskohrvatski / српскохрватски: Nintendo Entertainment System
українська: Nintendo Entertainment System
吴语: FC游戏机
中文: 红白机
文言: 紅白機
粵語: 紅白機