Nino Rota

Nino Rota
Nino Rota 1923.jpg
Nacemento4 de decembro de 1911
 Milán
Falecemento10 de abril de 1979
 Roma
Causatrombose coronariana
NacionalidadeItalia
Educado enCurtis Institute of Music, Universidade de Milão, Conservatório de Milão e Accademia Nazionale di Santa Cecilia
Ocupacióncompositor, director de orquestra, mestre, pianista, actor, guionista, compositor de bandas sonoras e lecturer
PremiosAcademy Award for Best Original Dramatic Score, Grammy Award for Best Score Soundtrack for Visual Media, Globo de Ouro de melhor banda sonora original e BAFTA de melhor banda sonora
editar datos en Wikidata ]

Nino Rota, nado en Milán, Italia o 3 de diciembre de 1911 e finado en Roma, Italia o 10 de abril de 1979, foi un compositor e músico italiano que acadou sona especialmente por ser o creador de bandas sonoras de filmes de Federico Fellini, Francis Ford Coppola ou Luchino Visconti.

Biografía

Nino Rota naceu en Milán o 3 de decembro do 1911, o seu verdadeiro nome era Nino Rinaldi. Era neto de Giovanni Rinaldi (1840-95) un dos pianistas italianos máis sobranceiros do seu tempo. A súa propia filla, Ernesta Rinaldi foi pianista.

Comezou a súa formación musical ós oito anos de idade. Sendo aínda neno compuxo un oratorio para solista, coro e orquestra: “L’infanzia di San Giovanni Battista”, estreado por vez primeira en 1923. Nese mesmo ano entrou no Conservatorio de Milán onde recibiu clases de Giacomo Orefice e leccións sobre composición de Ildebrando Pizzetti. Posteriormente continuou os seus estudos na Academia Santa Cecilicia de Roma sendo un dos seus Mestres Alfredo Casella. Finalmente trasladouse ós EUA no Curtis Institute de Philadelphia. Alí durante dous anos (1931-32) recibiu as ensinanzas de Rosario Scalero e Fritz Reiner).

Finalmente retornou a Milán para finalizar os seus estudos universitarios, onde presentou a súa tese doutoral (1937) sobre o renacentista italiano Zarlino. Ademais da música, Nino Rota estivo sempre interesado por outras disciplinas artísticas coma a literatura ou a historia musical.

Profesionalmente comezou a impartir clases sobre teoría musical na escola musical de Taranto, para posteriormente ensinar harmonía e composición no Conservatorio de Bari. Finalmente foi nomeado director deste Conservatorio, ocupando o posto durante case trinta anos (1950-78). Morreu en Roma o 10 de abril de 1979.

Other Languages
العربية: نينو روتا
azərbaycanca: Nino Rota
български: Нино Рота
brezhoneg: Nino Rota
català: Nino Rota
čeština: Nino Rota
Чӑвашла: Нино Рота
dansk: Nino Rota
Deutsch: Nino Rota
Ελληνικά: Νίνο Ρότα
English: Nino Rota
Esperanto: Nino Rota
español: Nino Rota
euskara: Nino Rota
فارسی: نینو روتا
suomi: Nino Rota
français: Nino Rota
עברית: נינו רוטה
hrvatski: Nino Rota
magyar: Nino Rota
հայերեն: Նինո Ռոտա
italiano: Nino Rota
ქართული: ნინო როტა
한국어: 니노 로타
Latina: Ioannes Rota
Lëtzebuergesch: Nino Rota
lietuvių: Nino Rota
Nederlands: Nino Rota
norsk: Nino Rota
occitan: Nino Rota
polski: Nino Rota
português: Nino Rota
русский: Рота, Нино
srpskohrvatski / српскохрватски: Nino Rota
svenska: Nino Rota
Türkçe: Nino Rota
українська: Ніно Рота