Nicolao II de Rusia

Nicolao II de Rusia
Emperador e Autócrata de todas a Rusias, Gran Duque de Finlandia, Duque de Curlandia e Semigalia
Mikola II.jpg
Coat of Arms of Russian Empire.svg
Tsar de Rusia
1 de novembro de 1894-15 de marzo de 1917
PredecesorAlexandre III de Rusia
SucesorGeorgii Lvov
(Presidente do Goberno Provisional Ruso)
Grand Duchy of Finland Arms.svg
Gran Duque de Finlandia
1894 - 1917
PredecesorAlexandre III de Rusia
SucesorCarlos I de Finlandia
(Reino de Finlandia (1918))

Coroación26 de maio de 1896
Nome completoNikolai Aleksandrovich Romanov
Nacemento18 de maio de 1868
Tsarskoye Selo, San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento17 de xullo de 1918 (50 anos)
Casa Ipatiev, Ekaterinburgo, Flag of the Soviet Union.svg RSFS de Rusia
HerdeiroAleksei Nikolaevich
ConsorteAlix de Hesse-Darmstadt
DescendenciaOlga
Tatiana
María
Anastasia
Aleksei
Himno realDeus salve ao tsar
ProxenitoresAlexandre III de Rusia
María Fiodorovna

Escudo de Nicolao II de Rusia
Nicholas II Signature.svg

Nicolao II de Rusia (en ruso: Николaй Алексaндрович Ромaнов, Nikolai Aleksandrovich Romanov), nado en San Petersburgo o 6 de maioxul./ 18 de maio de 1868greg. e finado en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi o último tsar de Rusia. Fillo de Alexandre III, gobernou desde a morte do seu pai, o 20 de outubroxul./ 1 de novembro de 1894greg., ata a súa abdicación o 2 de marzoxul./ 15 de marzo de 1917greg., cando renunciou no seu nome e no do seu fillo Aleksei e o trono pasou ao seu irmán, o gran duque Miguel. Durante o seu reinado viu como o Imperio ruso sufriu un desastre económico e militar. Foi alcumado Nicolao o Sanguinario polos críticos debido á Traxedia de Khodynka, o Domingo Sanguento e polos pogromos antisemitas que se produciron durante o seu reinado. Como Xefe de Estado, aprobou a mobilización de agosto de 1914 que marcou o inicio da primeira guerra mundial, a revolución e a consecuente caída da dinastía Romanov.

O seu reinado acabou coa súa abdicación trala Revolución de Febreiro de 1917, cando intentando volver do Cuartel Xeneral de Mogilev á Petrogrado, foi detido en Pskov e foi obrigado a abdicar.[1] A partir de entón, o tsar e a súa familia foron apresados, primeiro no Palacio de Alexandre, en Tsarskoe Selo, despois na casa do gobernador de Tobolsk e finalmente na casa Ipatiev de Ekaterimburgo. Nicolao II, a súa muller Alexandra, os seus cinco fillos, o médico da familia e tres serventes máis foron executados no soto da casa polos bolxeviques na madrugada do 16 ao 17 de xullo de 1918. Este acto foi ordenado por Vladimir Lenin e o líder bolxevique Iakov Sverdlov.[2] Posteriormente, Nicolao II e a súa familia foron canonizados como mártires pola Igrexa Ortodoxa Rusa fóra de Rusia.

Traxectoria

Nacemento

Fillo do Tsar Alexandre III de Rusia e da princesa Dagmar de Dinamarca e neto por vía paterna do Tsar Alexandre II de Rusia, e pola vía materna do rei Cristian IX de Dinamarca. Naceu no palacio real de Tsarskoe Selo, nas aforas de San Petersburgo o 26 de abrilxul./ 8 de maio de 1868greg.. Tivo tres irmáns: Alexandre, Xurxo e Miguel e dúas irmás: Xenia e Olga.

Recibiu unha boa educación, centrada na política e relixión, que o converteu nun home conservador e relixioso, pero ó mesmo temp0 devoto á vida familiar que tería anos despois de casar. A súa xuventude pasouna na compaña dos seus pais, polos que sentía moito afecto, e relaxábase na presenza dos seus numerosos curmáns. O 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg. o seu avó foi asasinado por anarquistas, e Nicolao converteuse en herdeiro ó trono.

Tsarévich

A emperatriz María Fedorovna xunto a Nicolao en 1870.

Nicolao pasou a ser o tsarévich tralo asasinato do seu avó, Alexandre II, o 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg. e a posterior coroación do seu pai, Alexandre III como tsar de Todas as Rusias. Por razóns de seguridade, o novo tsar e a súa familia mudáronse do Palacio de Inverno, en San Petersburgo,[3] cara o Palacio de Gatchina fora da cidade.

Nicolao e os seus irmáns recibiron unha dura educación, durmían en duros catres militares e as súas habitacións tiñan pouco mobiliario, coa excepción dunha icona da Virxe María co Neno, rodeada de perlas e outras xemas. A súa avoa, María Aleksandrovna introduciu costumes ingleses dentro da familia Romanov: gachas no café da mañá, baños fríos e abundante aire fresco.[4]

O tsarévich Nicolao cursou estudos de francés, alemán e inglés, xeografía, baile e outras materias. O conselleiro do seu pai e antigo titor deste, Konstantin Pobedonostsev, enfatizava fortemente a absoluta autocracia do tsar.[5]

Como moitas persoas da súa época, Nicolao mantiña un detallado diario, no que tomaba notas dos detalles máis importantes do seu día.[6] En maio de 1890 algúns días antes de cumprir os 22 anos, anotou: "Hoxe eu terminei definitiva e eternamente a miña educación."[7]

En outubro do mesmo ano, acompañado polo seu irmán Xurxo, viaxou ao Exipto, India e Xapón. A viaxe foi organizada polo tsar para suplementar a educación formal de Nicolao, e darlle a oportunidade de experimentar a vida fora de San Petersburgo e do palacio.[8] Mentres estaba no Xapón, Nicolao sufriu un intento de asasinato do que resultou ileso.[9]

Aínda que Nicolau participase de encontros do Consello Imperial, as súas obrigacións foron limitadas ata o seu ascenso ao trono, xa que o seu pai tiña só 49 anos e esperábase que gobernara aínda por moitos anos.[10]

Noivado, casamento e ascenso ao trono

En contra dos desexos dos seus pais, Nicolao casouse coa princesa Alix de Hesse-Darmstadt, a cuarta filla de Luís IV de Hesse, e da princesa Alice do Reino Unido. Os seus pais pretendían que casara coa princesa Helena de Orleáns, filla do conde de Paris, o que estreitaría as relacións de Rusia con Francia, mais desistiron trala insistencia de Nicolao.[11]

Unhas semanas antes da voda, o 1 de novembro de 1894, o seu pai, o Tsar Alexandre III morreu dunha afección renal, e Nicolao subiu inesperadamente ó trono. Pouco preparado, Nicolao, que era de personalidade feble, precisaba de apoiarse na súa querida Alix, con quen casou o 26 do mesmo mes.

Retrato oficial da familia imperial realizado en 1913. De esquerda a dereita: en pé a gran duquesa María e a tsarina Alexandra; sentados as gran duquesa Olga, o tsar Nicolao II, a gran duquesa Anastasia, o tsarévich Aleksei e a gran duquesa Tatiana.

O reinado do último tsar de Rusia, comezou fatalmente o día da coroación onde morreron 1.389 persoas nunha escorrentada durante as festividades o mes de maio do 1896 no campo de Jodynka, nas aforas de Moscova, a traxedia puidera ser símbolo de mal porvir ao seu reinado e ao futuro de toda a súa familia.[12]

Nicolao e Alexandra (versión rusificada do nome que ela adoptou trala súa conversión á Ortodoxia rusa) tiveron catro fillas e un fillo: Olga, nacida en 1895, Tatiana, en 1897, María, en 1899, Anastasia, en 1901, e Aleksei, en 1904. Desgraciadamente, o neno sufría de hemofilia. En constante perigo de morte, Aleksei precisaba de vixilancia as 24 horas do día, e a súa nai, aconsellada por dúas parentes do seu marido, coñeceu a Grigorii Rasputin, un monxe que dicía ter poderes divinos que podían cura-lo herdeiro. Tanto Nicolao coma Alexandra non dubidaron de Rasputin, e o acolleron durante anos. Porén, Rasputin exerceu a súa influencia sobre o Tsar para involucrarse en temas de política. Unha conspiración acabou coa súa vida en decembro de 1916.

En 1914 estalou a Primeira Guerra Mundial. Rusia, aliada co Reino Unido e Francia, combateu contra Alemaña e Austria. A guerra dividiu mesmo á familia real, pois a Tsarina era curmá tanto do Rei de Inglaterra, Xurxo V, coma do káiser de Alemaña, Guillerme II, pero tamén da raíña de Romanía, da raíña de Noruega e da muller do Príncipe Herdeiro de Suecia.

Política internacional

Nicolao II pintado por Earnest Lipgart

A instancias dos seus conselleiros, Nicolao esforzouse por estender a súa influencia en Asia, rivalizando coas potencias occidentais na carreira imperialista; ordenou a intervención de Rusia na Guerra Chinés-Xaponesa de 1896, no establecemento da base de Port Arthur en 1898, a ocupación de Manchuria en 1900, e acordou cos británicos a repartición de Persia en esferas separadas de influencia en 1907.

Os intentos por exercer unha influencia determinante en Europa Oriental e os Balcáns como cabeza dun movemento paneslavista deron lugar a múltiples conflitos e tensións internacionais, en virtude do aliñamento ruso con Serbia fronte aos intereses do Imperio Austrohúngaro; pero, tras sufrir unha primeira derrota diplomática na crise de Bosnia (1908), as Guerras Balcánicas de 1912 e 1913 acabaron definitivamente co control ruso sobre a península balcánica.

Estableceu excelentes relacións con Francia, o seu máis leal aliado, e con Alemaña, grazas ao seu estreito parentesco co káiser Guillerme II; este último foi largamente o seu conselleiro de maior confianza en materia internacional, aínda que moi manipulador, resultaba evidente para calquera operador político máis sagaz que o tsar, que os seus consellos estaban orientados a empregar a influencia rusa para controlar os intereses doutras potencias, moitas veces en beneficio directo de Alemaña e socavar a alianza entre Francia e Rusia. A longo prazo, a influencia nefasta de Guillerme II ía ser a ruína para Nicolao II.

Autocracia e procesos revolucionarios

1 rublo de 1897 coa efixie de Nicolao II

A pesar de ter visitado o Reino Unido antes da súa coroación, onde observou a Cámara dos Comúns do Reino Unido nun debate e aparentemente quedou impresionado pola maquinaria da democracia, Nicolao recusou calquera idea de dar algún poder para elixir representantes en Rusia. Pouco despois de asumir o trono, unha delegación de campesiños e traballadores de varias asembleas de cidades locais (zemstvos) foi ao Palacio de Inverno propor reformas na corte, así como a adopción dunha monarquía constitucional.[13] Aínda que as cartas que eles enviaron de antemán foran en termos brandos e leais, Nicolao enfureceuse e ignorou a recomendación do Conselo Imperial da Familia, dicindo:

"…chegou ao meu coñecemento que durante os últimos meses foron ouvidas en asembleas de zemstvos, voces daqueles que se satisfán dun tolo soño de que os zemstvos serían convidados para participar do goberno do país. Espero que todos saiban que eu devoto todas as miñas forzas para manter, polo ben de toda a nación, o principio absoluto da autocracia, tan firme e fortemente como o meu lamentado pai."[14]

Esas palabras mostraron a intención de Nicolao de continuar a política do pai e posiblemente o comezo da súa impopularidade.

Nicolao seguiu a liña autocrática dos seus antecesores, aínda que suavizando un pouco a liña deles, pero máis ben á marxe da súa intervención directa, o seu país tivo un proceso de industrialización acelerada que permitiu a Rusia entrar na era moderna, pero que tamén fixo xurdir importantes núcleos obreiros en forma de sindicatos.

A iniciativa do movemento liberal presentada ao novo Tsar, de establecer unha Constitución que fixase as normas do exercicio do poder atopouse, con todo, cun rotundo rexeitamento monárquico; seguindo o consello de Pobiedonostev, Nicolao mostrouse severo co que cualificou de "insensatos soños de participación en asuntos de administración interna". A súa rixidez alienou a sectores non particularmente comprometidos cunha ideoloxía afín á revolución, e foi causa de moitos se mostrasen descontentos.

Un destes descontentos chamábase Lenin, un avogado que proviña da rexión de Simbirsk, cuxo irmán, Alexander Uliánov foi executado por intento de asasinato de Alexandre III en 1887.

Vladimir Ilich Uliánov, máis tarde Lenin, realizou actividades subversivas en San Petersburgo, foi arrestado e exiliado a Siberia, e logo de ser liberado trasladouse a Xenebra e Londres para fundar as bases do movemento comunista. O alimento para as correntes revolucionarias como as que encabezarían Lenin, Trotski e outros, eran a carencia dunha política social máis solidaria de parte dos gobernantes, isto permitiu que se agravasen os grandes problemas históricos do réxime tsarista: a pobreza do campesiñado, a moi desigual distribución da terra, e a forte restrición no acceso aos cargos públicos. Isto ía ser o caldo de cultivo nos sindicatos das industrias para os grupos revolucionarios que xa estaban en xestación.

Guerra con Xapón e instauración da Duma

Ver: Guerra ruso-xaponesa

En 1905, intentando conter o avance xaponés en Indochina, que ameazaba os portos rusos orientais, Nicolao declarou a guerra ao Xapón. Debido á incompetencia dos almirantes rusos, os xaponeses asediaron e bloquearon Port Arthur e Vladivostok, propinando unha severa derrota á frota rusa, parte da cal quedou encerrada en porto e semiafundida.

O emperador entón nun desesperado esforzo mobilizou á frota do Báltico, con buques de guerra inadecuados para alta mar, nun periplo que a levou a dar a volta a Europa e África, sostendo graves conflitos diplomáticos con Inglaterra (incidente do Dogger Bank) e Alemaña (que lle virou as costas) no transcurso da accidentada viaxe, para logo de case ano e medio de navegación chegar ao estreito de Tsushima, onde foi derrotada polas forzas navais xaponesas ao mando de Heihachiro Togo.

O descontento popular por esta derrota, sumado á crise interna, estalou nunha revolución naquel mesmo ano, que foi severamente pero ineficazmente reprimida no chamado Domingo Sanguento. Ante a ameaza dun alzamento, o tsar, mal aconsellado polo seu ministro Sergei Witte anunciou en 1905 varios cambios institucionais dirixidos a diminuír o talante absolutista da monarquía; o máis importante destes foi a convocatoria dunha Duma ou Parlamento, con potestades lexislativas limitadas, xunto coa promulgación en abril de 1906 dunhas leis fundamentais que deron un carácter semiconstitucional á monarquía.

Con todo, ao percibir que os integrantes da Duma planeaban poñer coto ao carácter autocrático do goberno, foi disolta e substituída por outra máis representativa dos intereses monárquicos; Nicolao esixiu ademais a dimisión do seu primeiro ministro, Sergei Witte. Cando o sucesor de Witte, Piotr Stolipin disolveu pouco despois a segunda Duma e modificou as leis electorais para asegurarse unha composición leal aos intereses tsaristas, deixou ao descuberto a continuidade do sistema autocrático. Este mal manexo da situación fixo estalar a segunda rebelión bolxevique.

Other Languages
asturianu: Nicolás II
azərbaycanca: II Nikolay
беларуская (тарашкевіца)‎: Мікалай II
български: Николай II (Русия)
brezhoneg: Nikolaz II Rusia
Чӑвашла: Николай II
eesti: Nikolai II
suomi: Nikolai II
français: Nicolas II
հայերեն: Նիկոլայ II
Bahasa Indonesia: Nikolai II dari Rusia
íslenska: Nikulás 2.
日本語: ニコライ2世
қазақша: II Николай
Кыргызча: Николай II
lietuvių: Nikolajus II
македонски: Николај II (Русија)
монгол: II Николай
Bahasa Melayu: Nikolai II dari Rusia
norsk nynorsk: Nikolaj II av Russland
occitan: Nicolau II
پنجابی: نکولس II
русский: Николай II
srpskohrvatski / српскохрватски: Nikola II., ruski car
Simple English: Nicholas II of Russia
slovenščina: Nikolaj II. Ruski
shqip: Nikolla II
Türkçe: II. Nikolay
татарча/tatarça: Николай II
oʻzbekcha/ўзбекча: Nikolay II
Tiếng Việt: Nikolai II của Nga
Bân-lâm-gú: Nikolaj 2-sè