Neve

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Cristal de neve
Valtavaara, Kuusamo, Norte de Finlandia

A neve[1] é un fenómeno meteorolóxico consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo. Estes meteoros adoptan formas xeométricas con características fractais e agrúpanse en folerpas. Xa que está composta por pequenas partículas ásperas é un material granular. Normalmente ten unha estrutura aberta e suave, excepto cando é comprimida pola presión externa.

A neve fórmase comunmente cando o vapor de auga experimenta unha alta deposición na atmosfera a unha temperatura menor de 0 °C (32 °F), e posteriormente cae sobre a terra. A neve tamén se pode fabricar usando os canóns de neve, que consisten en aparellos que crean granciños minúsculos de xeo similares a unha fina saraiba.

Formación da neve

Os cristais de neve fórmanse nas nubes, a temperaturas por embaixo dos 0º centígrados. O proceso faise en dúas fases[2]:

  1. Na primeira, as microgotas de auga cristalizan por efecto da acción de núcleos de conxelación que son po atmosférico, é dicir, impurezas de orixe orgánico mineral ou químico. Estes cristais teñen forma de prisma hexagonal, posto que, debido á estrutura atómica da auga (H2O), o hexágono é a forma máis estable, a que require menor enerxía[3].
  2. Na segunda fase, vai medrando pola anexión de gotas próximas que se lle van unindo, facendo medrar o hexágono inicial. A velocidade e xeito de crecemento determina a forma final do cristal.

É fama que non existen dous cristais de neve iguais. O naturalista americano Wilson A. Bentley (1865-1931), un granxeiro autodidacta de Vermont, dedicou 40 invernos ao estudo dos cristais de neve. Chegou a examinar máis de 5.000 fotografías obtidas no microscopio. Nunca atopou dous cristais iguais[3]. Se ben é certo que unha mostra de 5.000 exemplares, comparada coa cantidade case infinita de cristais de neve que existen non é proba suficiente.

En 1988, un equipo de investigadores de Wisconsin demostrou que o crecemento dun cristal de neve depende de factores tan irregulares (temperatura, presión atmosférica, vento, humidade ambiente) que é extremadamente improbable que existan dúas folerpas iguais. Tamén demostraron que, controlando con moita precisión as condicións ambientais en laboratorio, pódense conseguir dous cristais totalmente idénticos, se ben a súa forma non podía ser tan sofisticada como as que se dan na natureza[4].

Unha vez formado o cristal, vaixe unindo a outros ata formar folerpas, estas caen en forma de precipitación do efecto da gravidade. Se a superficie está suficientemente fría, non necesita estar a 0º ou menos, a folerpa mantense e temos unha nevarada. Se cae sobre zonas máis quentes, o contacto co aire desfai a folerpa máis o cristal e remata en choiva.

Neve artificial

Caso distinto é o da neve producida por "canóns de neve". Estas máquinas botan finas gotas de auga que se conxelan xusto antes da súa expulsión[4]. Como é un proceso case instantáneo, a auga conxelada non fai formas hexagonais, nin hai agregación que forme os característicos cristais. Pola contra, son pezas de xeo amorfas.

Other Languages
Afrikaans: Sneeu
Alemannisch: Schnee
አማርኛ: አመዳይ
aragonés: Nieu
Ænglisc: Snāw
العربية: ثلج
asturianu: Ñeve
Aymar aru: Khunu
azərbaycanca: Qar
تۆرکجه: قار
башҡортса: Ҡар
Boarisch: Schnää
žemaitėška: Snėigs
беларуская: Снег
беларуская (тарашкевіца)‎: Сьнег
български: Сняг
भोजपुरी: बर्फबारी
বাংলা: তুষার
brezhoneg: Erc'h
bosanski: Snijeg
буряад: Саһан
català: Neu
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Suók
нохчийн: Ло
ᏣᎳᎩ: ᎤᎾᏥ
Tsetsêhestâhese: Hésta'se
کوردی: بەفر
čeština: Sníh
Чӑвашла: Юр
Cymraeg: Eira
dansk: Sne
Deutsch: Schnee
Zazaki: Vewre
डोटेली: हिउँ
Ελληνικά: Χιόνι
emiliàn e rumagnòl: Naiv
English: Snow
Esperanto: Neĝo
español: Nieve
eesti: Lumi
euskara: Elur
estremeñu: Ñevi
فارسی: برف
suomi: Lumi
Võro: Lumi
føroyskt: Kavi
français: Neige
Frysk: Snie
Gaeilge: Sneachta
贛語:
Gàidhlig: Sneachd
Avañe'ẽ: Ro'yrypy'a
ગુજરાતી: હિમવર્ષા
Gaelg: Sniaghtey
客家語/Hak-kâ-ngî: Siet
עברית: שלג
हिन्दी: हिम
hrvatski: Snijeg
Kreyòl ayisyen: Lanèj
magyar:
հայերեն: Ձյուն
interlingua: Nive
Bahasa Indonesia: Salju
Interlingue: Nive
ГӀалгӀай: Лоа
Ido: Nivo
íslenska: Snjór
italiano: Neve
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐊᐳᑦ
日本語:
Basa Jawa: Salju
ქართული: თოვლი
Kabɩyɛ: Ɖomba mʋlʋm
қазақша: Қар
한국어: 눈 (날씨)
Перем Коми: Лым
कॉशुर / کٲشُر: شیٖن
kurdî: Berf
Кыргызча: Кар
Latina: Nix
Ladino: Inyeve
Lëtzebuergesch: Schnéi
лезги: Жив
Lingua Franca Nova: Neva
Limburgs: Snieë
lumbaart: Neu
lingála: Neje
lietuvių: Sniegas
latviešu: Sniegs
мокшень: Лов
Malagasy: Oram-panala
олык марий: Лум
македонски: Снег
മലയാളം: ഹിമം
монгол: Цас
मराठी: हिमवर्षा
Bahasa Melayu: Salji
မြန်မာဘာသာ: နှင်း
эрзянь: Лов
Nāhuatl: Cepayahuitl
Napulitano: Neva
Nedersaksies: Snee
नेपाली: हिउँ
नेपाल भाषा: च्वापु गायु
Nederlands: Sneeuw
norsk nynorsk: Snø
norsk: Snø
Sesotho sa Leboa: Lehlwa
Diné bizaad: Yas
occitan: Nèu
ਪੰਜਾਬੀ: ਬਰਫ਼ (ਵਰਖਾ)
Deitsch: Schnee
polski: Śnieg
Piemontèis: Fiòca
پنجابی: برف پیناں
پښتو: واوره
português: Neve
Runa Simi: Rit'i
română: Zăpadă
armãneashti: Neauâ
русский: Снег
русиньскый: Снїг
саха тыла: Хаар
sardu: Nie
sicilianu: Nivi
Scots: Snaw
سنڌي: برف باري
srpskohrvatski / српскохрватски: Snijeg
සිංහල: හිම
Simple English: Snow
slovenčina: Sneh
slovenščina: Sneg
chiShona: Sinowo
shqip: Dëbora
српски / srpski: Снијег
Basa Sunda: Salju
svenska: Snö
Kiswahili: Theluji
ślůnski: Śńyg
తెలుగు: మంచుగళ్లు
тоҷикӣ: Барф
ไทย: หิมะ
Tagalog: Niyebe
Türkçe: Kar
татарча/tatarça: Кар
українська: Сніг
اردو: برف باری
oʻzbekcha/ўзбекча: Qor
vèneto: Neve
vepsän kel’: Lumi
Tiếng Việt: Tuyết
Volapük: Nif
walon: Nive
Winaray: Nyebe
吴语:
მარგალური: თირი
ייִדיש: שניי
Vahcuengh: Nae
中文:
文言:
Bân-lâm-gú: Seh
粵語: