Nespereira europea

Nespereira europea
Illustration Mespilus germanica0.jpg
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Rosales
Familia:Rosaceae
Subfamilia:Spiraeoideae
Tribo:Pyreae
Xénero:Mespilus
Especie:M. germanica
Nome binomial
'Mespilus germanica'
L.

A nespereira europea (Mespilus germanica) é unha árbore froiteira que dá un froito chamado néspera. Malia ter un nome con referencia a Xermania, é orixinario de Asia Menor e o sueste de Europa, e foi levado a Alemaña polos romanos e de aí ao resto de Europa occidental. O cultivo da nespereira do Xapón (Eriobotrya japonica) foi aos poucos substituíndo a néspera europea, que xa non se atopa nos mercados.

Descrición

A nespereira europea acada os 6 m de altura, malia que en óptimas condicións de cultivo pode superar os 8 m. Posúe unha copa baixa e estendida poboada de pólas tortas. Require climas temperados, con cálidos veráns e inviernos macíos. Prefire exposicións asolladas, vexetando ben nos solos acedos e secos. Nestas condicións compórtase coma perennifolio, cunha expectativa de vida de entre 30 e 50 anos. As follas da nespereira europea son oblongas e longas (15 x 5 cm), elípticas e apuntadas con marxes dentados ou lisos. Adoitan ser pubescentes, verde brillante e lustrosas, aínda que en climas fríos tórnanse douradas polo outono.

Flor

Florea entre maio e xuño, ofrecendo flores solitarias de 5 pétalos, brancas ou rosadas. Os froitos, as nésperas, son globulares, van pasando do verde ao pardo amarelento ao madurar, acadando uns 2 ou 3 cm. Posúe un sabor agridoce e se consume directamente (se non está ben chegado é moi indixesto) ou en preparados a base de viño ou xeleas.

Other Languages
العربية: زعرور جرماني
azərbaycanca: Alman əzgili
català: Nespler
čeština: Mišpule obecná
Cymraeg: Merysbren
dansk: Mispel
Deutsch: Mispel
dolnoserbski: Pšawa wušpula
Esperanto: Mespilo
euskara: Mizpira
فارسی: ازگیل
suomi: Mispeli
français: Néflier
furlan: Gnespolâr
Gaeilge: Meispeal
گیلکی: کونوس
Gaelg: Meidil
hrvatski: Mušmula
hornjoserbsce: Prawa myšpla
Адыгэбзэ: Къущхьэмышхей
Lëtzebuergesch: Aaspel
Limburgs: Mispel (plantj)
Ligure: Nespoa
مازِرونی: کنس
Napulitano: Nèspele
Nederlands: Mispel
occitan: Nesplièr
Piemontèis: Mespilus germanica
português: Mespilus germanica
română: Hascul
srpskohrvatski / српскохрватски: Obična mušmula
slovenščina: Nešplja
shqip: Mushmolla
српски / srpski: Обична мушмула
svenska: Mispel
Türkçe: Muşmula
українська: Чишкун звичайний
Tiếng Việt: Mespilus germanica
吴语: 欧楂
中文: 歐楂
粵語: 歐楂