Nervio oculomotor

Nervio oculomotor
Gray773.png
Nervio óptico en cara posterior del ojo.
Latínnervus opticus
Gray:subject #197 882
Inervación   Sensitivo: visión
Proveniente de:Neuroepitelio olfactorio situado na cavidade nasal
RamasTractos olfactorios que ingresan no diencéfalo.
MeSHOptic+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio oculomotor, nervio motor ocular común (M.O.C.) ou III par cranial é un nervio cranial. Ten unha función completamente motora, é un dos nervios que controla o movemento ocular e é responsable do tamaño da pupila. O nervio encárgase de dar inervación aos músculos extrínsecos do ollo. Inerva o elevador da pálpebra superior, músculo recto medial ou interno, recto superior, recto inferior e oblicuo inferior. Orixínase do mesencéfalo e a súa función é basicamente o movemento do globo ocular xunto co nervio troclear e o nervio abducens.

Núcleos do nervio

Plano do nervio oculomotor.

O nervio oculomotor ten dous núcleos motores:

  1. O núcleo motor principal.
  2. O núcleo parasimpático accesorio.

Núcleo oculomotor principal

O núcleo oculomotor principal está situado na parte anterior da substancia gris que rodea o acueduto cerebral do mesencéfalo, está situado a nivel do colículo superior.

O núcleo consiste en grupos de células nerviosas que inervan todos os músculos extrínsecos do ollo, excepto o oblicuo superior e o recto lateral. As fibras nerviosas eferentes diríxense anteriormente a través do núcleo vermello e saen sobre a superficie anterior do mesencéfalo na fosa interpeduncular. O núcleo principal do nervio oculomotor recibe fibras corticonucleares desde ambos os hemisferios cerebrais. Recibe fibras tectobulbares do colículo superior e a través desta vía chégalle información da corteza visual. Tamén recibe fibras desde o fascículo lonxitudinal medial, polo cal está conectado cos núcleos dos nervios cranianos cuarto, sexto e oitavo.

Núcleo parasimpático accesorio

O núcleo parasimpático accesorio (núcleo de Edinger - Westphal) está situado por detrás do núcleo motor principal. Os axóns das células nerviosas, que son preganglionares, acompañan outras fibras oculomotoras até a órbita. Aquí fan sinapse no ganglio ciliar e as fibras pos-ganglionares pasan a través dos nervios ciliares curtos até o esfínter da pupila do iris e os músculos ciliares. O núcleo parasimpático accesorio recibe fibras corticonucleares para o reflexo de acomodación e fibras do núcleo pretectal para os reflexos foto motor directo e consensual.

Other Languages