Naruhito

Naruhito
Naruhito-2008-1.jpg
Nacemento23 de febreiro de 1960
 Toquio
NacionalidadeXapón
RelixiónXintoísmo
Educado enMerton College e Universidade de Gakushuin
Ocupaciónpolítico
PaiAkihito
NaiImperatriz Michiko do Japão
CónxuxeMasako, Princesa Herdeira do Japão
FillosAiko, Princesa Toshi
IrmánsSayako Kuroda e Príncipe Akishino
PremiosKnight Grand Cross of the Order of Merit of the Italian Republic, Grand Cross of the Order of Merit of Hungary, Order of the Crown, Gran Cruz da Orde de Cristo, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Knight Grand Cross of the Order of St. Olav‎, Order of Merit of the State of Qatar, Grand Star of the Decoration for Services to the Republic of Austria, Grand Cordon of the Order of Leopold, Ordem do Elefante, Grand Cross of the order of the Redeemer, Grand Cross of the Order of Charles III, Order of Sikatuna, Ordem do Serafim e Order of Zayed
editar datos en Wikidata ]
Naruhito do Xapón

Naruhito (en xaponés 皇太子徳仁親王, pronunciado: /na'ɺ̠ɯçito/), nado en Toquio o 23 de febreiro de 1960, cuxo nome completo é Hiro-non-miya Naruhito Shinno, é o fillo maior do emperador Akihito e da emperatriz Michiko. Naruhito é o primeiro na sucesión para converterse no 126 emperador do Imperio do Crisantemo xunto con Masako Owada, filla do ex vice-ministro de Asuntos Exteriores do seu país e neta do empresario Yutaka Egashira.

Traxectoria

Naruhito naceu no Palacio de Tsugo. Segundo o horóscopo chinés é A rata. Desde o seu nacemento ensinóuselle cal ía ser o seu papel nun futuro. foi o único herdeiro ao trono nipón que recibiu unha educación tan esmerada e tan global. Foi educado no Palacio Tsugo baixo estritos preceptores. Coa súa maioría de idade, os emperadores enviárono a estudar a Gran Bretaña na Universidade de Oxford onde defendeu a súa tese sobre o Transporte marítimo no río Támese no século XVIII. Ao volver ao Xapón matriculouse na Universidade de Gakushuin, obtendo a titulación de Historia e especializándose en Historia Medieval do Xapón. Ademais tamén coñece á perfección, separadamente do xaponés, o inglés, o chinés, o alemán e algo de español.

Naruhito, desde ceda idade, representou ao seu pai en numerosas ocasións. Na época de estudante, viaxou polo mundo enteiro e sempre quixo coñecer costumes e modos de vida que se afastaban das pautas seguidas no Xapón milenario. Con todo, á hora de vivir na súa terra e cos seus, asumiu á perfección os diversos ritos entre os que viven os seus concidadáns. En 2013, no marco dunha visita institucional a España, visitou Santiago de Compostela e percorreu un anaco do Camiño de Santiago[1].

Matrimonio e descendencia

Cando chegou o momento de elixir esposa, Naruhito elixiu a dedo a Masako Owada, con quen se casaría o 9 de xuño de 1993 mediante o rito xintoísta; as celebracións polo enlace duraron tres días. Aínda que elixiu á súa esposa entre unha serie de mulleres nunha lista, el declarou que está completamente namorado dela. O 31 de decembro de 1999, a princesa Masako Owada sufriu un aborto.

O feito de que sexa unha nena, levantou un forte debate nacional sobre o cambio da Lei de Sucesión ao Trono, xa que no Xapón as mulleres non poden reinar. Este feito, polo que parece, sumiu a Masako Owada nunha profunda depresión, engadindo tamén o estrito protocolo da Casa Imperial.

Other Languages
العربية: ناروهيتو
asturianu: Naruhito
تۆرکجه: ناروهیتو
bosanski: Naruhito
čeština: Naruhito
Deutsch: Naruhito
Ελληνικά: Ναρουχίτο
Esperanto: Naruhito
español: Naruhito
eesti: Naruhito
فارسی: ناروهیتو
suomi: Naruhito
français: Naruhito
hrvatski: Princ Naruhito
Bahasa Indonesia: Putra Mahkota Naruhito
italiano: Naruhito
ქართული: ნარუჰიტო
Latina: Naruhito
lietuvių: Naruhito
latviešu: Naruhito
Nederlands: Naruhito
norsk: Naruhito
polski: Naruhito
русский: Нарухито
srpskohrvatski / српскохрватски: Krunski princ Naruhito
svenska: Naruhito
Türkçe: Naruhito
татарча/tatarça: Нарухито
українська: Нарухіто
中文: 德仁親王
Bân-lâm-gú: Naruhito chhin-ông
粵語: 德仁