Museo Raíña Sofía

Museo Raíña Sofía
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía 2008.jpg
Museo Raíña Sofía
PaísEspaña
CidadeMadrid

O Museo Raíña Sofía, oficialmente Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (MNCARS), é o principal museo español de arte do século XX e contemporánea, situado en Madrid. Inaugurouse o 10 de setembro de 1992, a partir dos procedentes do extinto Museo Español de Arte Contemporánea. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Cultura.

Na súa colección destaca a obra dos pintores e escultores españois do século XX (nacidos a partir de 1881), representados amplamente e con algunhas das súas mellores obras: Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Joan Miró, sen esquecer obras de estilo surrealista (de Francis Picabia, René Magritte, Yves Tanguy ou Jean Arp), cubista (Juan Gris, Georges Braque, Robert e Sonia Delaunay ou Fernand Léger) e expresionista (Francis Bacon ou Antonio Saura).

Recibe un elevado número de visitantes: 2.313.532 persoas no ano 2010 [1], unha cifra que aumenta continuamente desde a súa apertura. Xunto ó Museo do Prado e o Museo Thyssen-Bornemisza constitúe o chamado Triángulo de Ouro ou triángulo da arte, do que o Raíña Sofía se situaría no vértice sur.

Historia

A Raíña Sofía.

En 1952, un grupo de artistas, encabezados polo arquitecto José Luis Fernández del Amo, promoven a creación do Museo Español de Arte Contemporánea (MEAC), para acoller as diferentes tendencias da arte moderna que non cadraban adecuadamente no Museo do Prado. Comezou a funcionar na planta baixa do edificio da Biblioteca Nacional de Madrid con fondos dos séculos XIX e XX.

Trasladouse posteriormente á Cidade Universitaria de Madrid, ata que en 1986 se creou o Centro de Arte Raíña Sofía, no edificio Sabatini, onde se instalaron os fondos do século XX. A inauguración do Centro realizouse o 26 de maio e, dous anos máis tarde, o 27 de maio de 1988 converteuse no actual Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía [2].

O 10 de setembro de 1992 inaugurouse oficialmente, polos reis de España Xoán Carlos e Sofía e comeza a operar como auténtico museo. A inauguración fíxose coincidir co traslado do Guernica desde o seu aloxamento anterior, o Casón do Bo Retiro, desde que regresou a España en 1981.

Other Languages
Simple English: Museo Reina Sofía
Tiếng Việt: Bảo tàng Reina Sofía