Muruxa

Muruxa
Chickweed (aka).jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Caryophyllidae
Orde: Caryophyllales
Familia: Caryophyllaceae
Subfamilia: Alsinoideae
Tribo: Alsineae
Xénero: Stellaria
Especie: S. media
Nome binomial
'Stellaria media'
( L.) Vill.
Stellaria media

A muruxa [1]. (Stellaria media) é unha planta da familia das Caryophyllaceae. É unha planta invasora pero fácil de eliminar ao labrar. É sensible aos herbicidas en xeral, pese a que as sementes aseguran unha nova reinfestación. Esta herba non soporta a seca nin a calor forte do verán. Normalmente aparece desde o outono á primavera. Nas zonas de montaña era importante na primavera, xa que a pesar do seu valor pouco alimentario, agromaba antes ca outras herbas.

Descrición

A súa xerminación prodúcese polo outono ou a finais do inverno e medra formando grandes matos que poden chegar a medir 30 cm, xeralmente de porte rastreiro xa que a pouca firmeza dos seus talos impídelle manterse ergueita.
As follas son ovais, en forma de punta e opostas.
Conta con pequenas flores brancas (uns 4 mm.), cáliz de cinco sépalos libres, cinco pétalos moi divididos, de tres a cinco estames con anteras purpúreas e pistilo con tres estilos, xorden na zona apical sobre delgados pedúnculos.

Other Languages
العربية: حشيشة القزاز
asturianu: Stellaria media
azərbaycanca: Adi cincilim
žemaitėška: Žliūgis
беларуская: Зоркаўка сярэдняя
български: Врабчови чревца
català: Morró
kaszëbsczi: Mëszôk
español: Stellaria media
eesti: Vesihein
euskara: Sapelar
français: Stellaria media
Gaeilge: Fliodh
hornjoserbsce: Ptači hwězdnik
magyar: Tyúkhúr
íslenska: Haugarfi
italiano: Stellaria media
日本語: コハコベ
한국어: 별꽃
Kurdî: Giyaberk
lumbaart: Stellaria media
latviešu: Parastā virza
Nedersaksies: Voegelmure
Nederlands: Vogelmuur
norsk: Vassarve
Piemontèis: Stellaria media
português: Morugem
română: Răcovină
davvisámegiella: Hilsku
slovenščina: Navadna zvezdica
српски / srpski: Mišjakinja
Seeltersk: Ierwe
svenska: Våtarv
українська: Зірочник середній
vepsän kel’: Voihein
Tiếng Việt: Stellaria media
West-Vlams: Ganzemeur
中文: 繁缕