Movemento

O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria.

A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática. A parte da física que se encarga do estudo das causas do movemento é a dinámica.

Interpretación filosófica do movemento

A "inquietude" do ser humano por coñecer as causas do movemento procede da Antigüidade. Así, filósofos gregos coma Tales de Mileto (c. 639-547 a.C.) ou Aristóteles (384-322 a. C.) elaboraron teorías acerca do movemento dos corpos.

Porén, as afirmacións de Aristóteles e outros filósofos gregos sobre o movemento non tiñan fundamento empírico, é dicir, non tiñan o soporte da experimentación, xa que os filósofos gregos estudaban os fenómenos naturais máis dende a razón pura que dende a experimentación.

O movemento segundo Aristóteles

As ideas de Aristóteles sobre o movemento eran:

  • A materia está formada por catro elementos: terra, auga, ar e lume, cada un dos cales ten o seu lugar natural na natureza. Así, a terra está so ou no centro, a auga máis enriba, o ar por riba e, no máis alto, o lume.
  • Os movementos terrestre poden ser violentos, se os corpos son sacados do seu lugar natural, e naturais, cando tentan volver a el.
  • Todo movemento natural é vertical; no caso dos corpos lixeiros, coma o ar, é ascendente, mentres que para os corpos pesados, coma a auga, a terra, etc., é descendente.
  • Todo corpo que se move o fai movido por outro, é dicir, todo corpo en movemento require unha "causa motora".
  • Canto máis pesado é un corpo, máis axiña cae, pois maior é a súa tendencia a atopar o seu lugar natural: a terra.
Other Languages
Afrikaans: Beweging
Alemannisch: Bewegung (Physik)
العربية: حركة (فيزياء)
অসমীয়া: চলন
asturianu: Movimientu
azərbaycanca: Mexaniki hərəkət
беларуская: Механічны рух
беларуская (тарашкевіца)‎: Мэханічны рух
български: Движение
বাংলা: গতি
bosanski: Kretanje
català: Moviment
کوردی: جووڵە
Cymraeg: Mudiant
Ελληνικά: Κίνηση
Esperanto: Movado (fiziko)
eesti: Liikumine
euskara: Higidura
فارسی: حرکت
हिन्दी: गति (भौतिकी)
hrvatski: Gibanje
Bahasa Indonesia: Gerak
Ido: Movo
italiano: Moto (fisica)
ಕನ್ನಡ: ಚಲನೆ
македонски: Движење (физика)
മലയാളം: ചലനം
монгол: Хөдөлгөөн
मराठी: गती
Bahasa Melayu: Pergerakan (fizik)
norsk nynorsk: Rørsle i fysikk
português: Movimento
Runa Simi: Kuyuy
sardu: Movimentu
sicilianu: Motu (fìsica)
srpskohrvatski / српскохрватски: Gibanje
Simple English: Movement
slovenčina: Mechanický pohyb
slovenščina: Gibanje
српски / srpski: Кретање
Basa Sunda: Gerak
ತುಳು: ಚಲನೆ
తెలుగు: చలనం
тоҷикӣ: Ҳаракат
Türkmençe: Mehaniki hereket
Tagalog: Mosyon
Türkçe: Hareket (fizik)
українська: Рух (механіка)
Tiếng Việt: Chuyển động
ייִדיש: באוועגונג
Yorùbá: Ìmúrìn
Bân-lâm-gú: Tín-tāng
粵語: