Mortal Kombat (videoxogo)

Mortal Kombat(MK) lanzouse para Arcade en 1992. É o primeiro xogo da saga caracterizada polo contido violento. A diferenza doutros xogos do xénero, o sistema de bloqueo facíase premendo un botón especial en lugar de manter o control na dirección oposta ó rival. Conta con outros 4 botóns, 2 para patadas e 2 para golpes ambos altos e baixos.

No seu momento atraeu moito polos seus gráficos dixitalizados, pois, cada loitador era un actor de carne e óso, só que capturaran dixitalmente seus movementos e foron impostos no xogo.

Elementos do xogo

  • Combos: Forma de ataque que era a combinación de golpes e patadas, o dano era maior pero máis difíciles de executar.
  • Poderes: Tras unha curta combinación de botóns lanzábanse esferas de poder como final do combo.
  • Rounds: Cada unha das pelexas que forman parte do combate.
  • Flawless Victory & Double Flawless: Termo para cualificar unha vitoria perfecta, gañar sen recibir dano algún.
  • Personaxe Oculto: Personaxe non seleccionable ó comezo, senón que debiamos superar un reto para poder manexalo.
  • Puntaxe: Era a puntuación recibida pola aplicación de diversos golpes ou combos. Suprimiuse nas seguintes entregas.
  • 'Finish: Espazo de tiempo dado aplicar un fatality.
  • Táboas do Destino: Eran unhas táboas onde se determinaban os opoñentes en Endurances ata chegar ós xefes finais. Teñen tres niveis: Novatos, Guerreiros e Mestres.
  • Torneo: Modo Endurance onde un pelexaba nun só round e tiña espazo suficientes para elixir a todas as personajes.
  • Sange: Amosado de forma explícita ao dar un golpe certeiro, era só accesible cun código segredo.
  • Fatality: Movemento final para acabar co opoñente. De natureza violenta foi obxecto de críticas.
  • Stage Fatality: Variante do Fatality onde este era producido interacionando co escenario.