Morrigu

Morrigu, tamén coñecida coma Morrigan, é a deusa celta da morte e da destrución. O seu nome semella significar "Grande Raíña" ou "Raíña das Pantasmas". Morrigu tamén pode traducirse ou aparecer escrito coma Carrie ou Carrigan.

  • características

Características

Adoita representarse cunha coiraza e armas. Morrigu está presente en tódalas guerras, tomando a forma dun corvo. O seu papel na guerra é o de infundir nos guerreiros a forza (e a cólera) para lidar.

Morrigu é a deusa da guerra e, polo mesmo xeito, do pasamento. Porén, tamén representaaá renovación, a morte que dá luz a unha nova vida, o amor e o desexo sexual. A vida e o óbito ou pasamento, están moi unidas no mundo celta.

Morrigu é doncela, nai e anciá. Formaba unha trindade canda a Badb e Macha, aínda que nalgunhas fontes é descrita coma unha deusa tripla, canda Bodbh e Macha coma outras manifestacións de Morrigu.

Esta deusa pertence ós Tuatha Dé Danann, os seres máxicos que habitaron Irlanda antes cós irlandeses actuais.

Other Languages
български: Мориган
català: Morrígan
čeština: Morrígan
Deutsch: Morrígan
Ελληνικά: Μόρριγαν
English: The Morrígan
español: Morrigan
suomi: Morrigán
français: Morrigan
עברית: מוריגן
italiano: Mórrígan
日本語: モリガン
한국어: 모리안
Nederlands: Morrigan
norsk nynorsk: Morrigan
polski: Morrigan
português: Morrígan
română: Morrigan
русский: Морриган
slovenčina: Mórrígan
svenska: Morrigan
Türkçe: Morrígan
українська: Морріган
中文: 摩莉甘