Monopolio

Mentres que no mercado competitivo os consumidores e os produtores son prezo-aceptantes xa que o prezo ven fixado unicamente pola oferta e a demanda, no monopolio o oferente monopolista pode fixar o prezo utilizando o seu poder de mercado.

Un monopolio[1] (do grego monos -un-, polein -vender-) é unha situación de erro de mercado na que, para unha industria que posúe produto, un ben, un recurso ou un servizo determinado e diferenzado, existe un produtor (monopolista) oferente que posúe un grande poder de mercado e é o único da industria que o posúe.

Débese ter en conta que no mercado non existen produtos substitutivos, é dicir, non existe ningún outro ben polo cal se poida substituír sen ningún inconveniente e, polo tanto, este produto é a única alternativa que ten o consumidor para mercar. Adóitase definir tamén como "mercado no que só hai un vendedor", pero dita definición corresponderíase máis co concepto de monopolio puro.

O monopolista controla a cantidade de produción e o prezo. Pero iso non significa que poida cobrar o que queira se pretende maximizar os beneficios. Para iso o monopolista debe descubrir os seus custos e as características da demanda do mercado (elasticidade, preferencias etc.). Con esta información decide cal é a cantidade que vai producir e vender; e o seu prezo.

Desde un punto de vista económico pódese afirmar que o custo marxinal do monopolista -incremento do custo por unidade fabricada- representa a oferta total do mercado e o ingreso medio do monopolista -prezo por unidade vendida- non é máis que a curva de demanda do mercado. Para elixir o nivel de produción maximizador do beneficio, o monopolista ha de coñecer o seu ingreso marxinal (variación que experimenta o ingreso cando a oferta varía nunha unidade).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para monopolio.
Other Languages
Afrikaans: Monopolie
العربية: احتكار
مصرى: احتكار
asturianu: Monopoliu
azərbaycanca: İnhisar
беларуская: Манаполія
беларуская (тарашкевіца)‎: Манаполія
български: Монопол
Bahasa Banjar: Kuluh
bosanski: Monopol
català: Monopoli
čeština: Monopol
Cymraeg: Monopoli
dansk: Monopol
Deutsch: Monopol
Ελληνικά: Μονοπώλιο
English: Monopoly
Esperanto: Monopolo
español: Monopolio
eesti: Monopol
euskara: Monopolio
فارسی: انحصار
suomi: Monopoli
føroyskt: Einahandil
français: Monopole
Gaeilge: Monaplacht
עברית: מונופול
हिन्दी: एकाधिकार
hrvatski: Monopol
magyar: Monopólium
հայերեն: Մենաշնորհ
interlingua: Monopolio
Bahasa Indonesia: Pasar monopoli
íslenska: Einokun
italiano: Monopolio
日本語: 独占
한국어: 독점
Latina: Monopolium
Lëtzebuergesch: Monopol
Lingua Franca Nova: Monopolio
lietuvių: Monopolija
latviešu: Monopols
македонски: Монопол
मराठी: एकाधिकार
Bahasa Melayu: Monopoli
Nederlands: Monopolie
norsk nynorsk: Monopol
norsk: Monopol
occitan: Monopòli
polski: Monopol
پښتو: انحصار
português: Monopólio
română: Monopol
русский: Монополия
Scots: Monopoly
سنڌي: ھڪھٽي
srpskohrvatski / српскохрватски: Monopol
Simple English: Monopoly
slovenčina: Monopol ponuky
slovenščina: Monopol
shqip: Monopoli
српски / srpski: Монопол
svenska: Monopol
Kiswahili: Uhodhisoko
தமிழ்: ஏகபோகம்
Tagalog: Monopolyo
Türkçe: Tekel
українська: Монополія
oʻzbekcha/ўзбекча: Monopoliya
ייִדיש: מאנאפאל
中文: 垄断
文言: 壟斷
Bân-lâm-gú: To̍k-chiàm
粵語: 壟斷