Moluscos

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O dos moluscos[1] (Mollusca) constitúe un dos grandes filos do reino animal.[2][3]

Son invertebrados protóstomos, celomados, triblásticos, con simetría bilateral (aínda que algúns poden presentar unha asimetría secundaria) e non segmentados, de corpo brando, espido ou protexido por unha cuncha.

Os moluscos son os invertebrados máis numerosos despois dos artrópodos, e inclúen formas tan coñecidas como as ameixas, ostras, luras, polbos, lesmas e unha gran diversidade de caracois, tanto mariños como terrestres. Calcúlase que poden existir cerca de 100.000 especies viventes, e 35.000 especies extintas, xa que os moluscos teñen unha longa historia xeolóxica, que abarca desde o cámbrico inferior até a actualidade.[4]

Os moluscos colonizaronn practicamente todos os ambientes, desde as grandes alturas de até máis de 3 000 m sobre o nivel do mar até profundidades oceánicas de máis de 5 000 m de profundidade, nas augas polares ou tropicais, e adoitan seren elementos comúns dos litorais de todo o mundo. E o filo mariño máis numeroso, e contén un 23 % de todas os organismos mariños descritos.

O filo usualmente divídese en nove ou dez clases, das que dúas están totalmente extintas. Os gasterópodos (caracois e lesmas) son, con diferenza, os moluscos máis numerosos polo que fai a especies clasificadas, e suman o 80 % do número total de especies de moluscos coñecidas. Os moluscos cefalópodos, como as luras, sepias e polbos, encóntranse entre os invertebrados cun sistema neurolóxico máis avanzado. As luras xigantes (xénero Architeuthis) e as luras colosais (xénero Mesonychoteuthis) disputan o título de invertebrado máis grande coñecido.

O estudo científico dos moluscos denomínase malacoloxía.[5] O termo malacoloxía vén do grego μαλακός malakos, 'brando' e -λογία, de λόγος logos 'estudo',[6] e empezou a usarse en francés en 1814,[7] e do francés pasou ás demais linguas europeas.[8]

Falando desta disciplina cómpre dicir que o interese do home polos moluscos é moi grande, e moi antigo, e que durante os séculos XVIII e XIX se formaron importantes coleccións malacolóxicas e conquiliolóxicas (de cunchas) tanto de prestixiosas institucións como museos e academias de ciencias como de coleccionistas privados, e aínda hoxe en día coleccionar cunchas de moluscos é un dos principais pasatempos de moitas persoas en todo o mundo. Debido a esta afección os moluscos son un dos grupos zoolóxicos mellor estudados despois dos vertebrados.

Os moluscos son unha importante fonte de alimentación para a especie humana. Ademais, numerosas enfermidades parasitarias tanto humanas como veterinarias son transmitidas polos moluscos, que actúan como hospedadores intermediarios, sobre todo de platihelmintos trematodos.

Etimoloxías

O termo do latín cinetífico Mollusca é un préstamo do latín moderno molluscus, que comezou a usarse en 1650 baixo a forms do neutro plural mollusca, creado a partir do termo do latín imperial mollusca (nux), 'especie de noz de casca tenra', derivada do latín clásico mollis, brando.[9] O termo mollusque comezou a usarse en francés en 1763 no sentido zoolóxico como «animal invertebrado de corpo brando».[10] E do francés pasou ás demais linguas cultas.

Other Languages
Afrikaans: Weekdiere
Alemannisch: Weichtiere
አማርኛ: ዛጎል ለበስ
aragonés: Mollusca
العربية: رخويات
asturianu: Mollusca
azərbaycanca: Molyusklar
تۆرکجه: مولیوسکلار
башҡортса: Моллюскылар
беларуская: Малюскі
беларуская (тарашкевіца)‎: Малюскі
български: Мекотели
বাংলা: মলাস্কা
brezhoneg: Blotvil
bosanski: Mehkušci
català: Mol·luscs
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Niōng-tā̤ dông-ŭk
Cebuano: Kinhason
čeština: Měkkýši
Cymraeg: Molwsg
dansk: Bløddyr
Deutsch: Weichtiere
Ελληνικά: Μαλάκια
English: Mollusca
Esperanto: Moluskoj
español: Mollusca
eesti: Limused
euskara: Molusku
فارسی: نرم‌تنان
føroyskt: Lindýr
français: Mollusca
Nordfriisk: Wokdiarten
Gaeilge: Moileasc
Avañe'ẽ: Syrymbe
עברית: רכיכות
हिन्दी: मोलस्का
hrvatski: Mekušci
hornjoserbsce: Mjechkuše
magyar: Puhatestűek
interlingua: Mollusca
Bahasa Indonesia: Moluska
Ido: Molusko
íslenska: Lindýr
italiano: Mollusca
日本語: 軟体動物
Basa Jawa: Moluska
ქართული: მოლუსკები
한국어: 연체동물
Кыргызча: Моллюскалар
Latina: Mollusca
Lëtzebuergesch: Weechdéieren
Lingua Franca Nova: Molusco
Limburgs: Weikdere
lietuvių: Moliuskai
latviešu: Gliemji
македонски: Мекотели
മലയാളം: മൊളസ്ക
Bahasa Melayu: Moluska
Napulitano: Mollusca
Plattdüütsch: Weekdeerter
Nederlands: Weekdieren
norsk nynorsk: Blautdyr
norsk: Bløtdyr
occitan: Mollusca
ଓଡ଼ିଆ: ସନ୍ଧିପଦ
ਪੰਜਾਬੀ: ਮੋਲਸਕਾ
polski: Mięczaki
پنجابی: مولسکا
português: Moluscos
Runa Simi: Llamp'uka
română: Moluscă
tarandíne: Mollusca
русский: Моллюски
Kinyarwanda: Ikinyamushongo
Scots: Mollusca
srpskohrvatski / српскохрватски: Mekušci
Simple English: Mollusc
slovenčina: Mäkkýše
slovenščina: Mehkužci
српски / srpski: Мекушци
svenska: Blötdjur
Kiswahili: Moluska
తెలుగు: మొలస్కా
tetun: Molusku
Tagalog: Mollusca
Türkçe: Yumuşakçalar
українська: Молюски
oʻzbekcha/ўзбекча: Mollyuskalar
vèneto: Mołusco
West-Vlams: Molluuskn
Winaray: Mollusca
ייִדיש: מאלוסקן
中文: 软体动物
Bân-lâm-gú: Nńg-thé tōng-bu̍t
粵語: 軟體動物