Molina de Segura

Escudo de Molina de Segura.

Molina de Segura é un municipio da Rexión de Murcia, capital da comarca da Vega Media del Segura. O seu termo municipal ten unha extensión de 169 km². É a cuarta poboación en importancia da Rexión de Murcia, con 62.463 habitantes ( INE 2008), logo de Murcia, Cartagena e Lorca.

Está situada a 1 km da Paraxe en dirección norte. Molina de Segura dedícase fundamentalmente á agricultura de regadío ( cítricos e hortalizas), ademais da industria conserveira que desta deriva. Na pedanía de Campotéjar, nos últimos anos realizáronse importantes transformacións de secaño a regadío coa dotación de augas do transvasamento Tajo-Segura, destacando a Comunidade de Regadores de Campotéjar. Os seus cultivos principais son froitas de arboredo de alta calidade, cuxo destino son os mercados europeos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Other Languages