Moedas de euro de Alemaña

As moedas de euro de Alemaña teñen tres deseños diferentes: unha para cada serie de moedas. As de 1, 2 e 5 céntimos foron deseñadas por Rolf Lederbogen, o deseño das moedas de 10, 20 e 50 céntimos son de Reinhard Heinsdorff e, por último, as moedas de 1 e 2 euros foron feitas por Heinz Hoyer e Sneschana Russewa-Hoyer. Todos os deseños teñen en común as doce estrelas da UE.

Foron acuñadas a partir de 2002. Cada moeda alemá realza un lugar, existindo 5 acuñacións distintas por ano que tan só se diferencian nunha letra que aparece cerca da do ano. Esta letra indica o lugar de acuñación:

  • A: Staatliche Münze Berlin de Berlín
  • D: Bayerisches Hauptmünzamt de Múnic
  • F: Staatliche Münzen Baden-Württemberg Prägestätte Stuttgart de Stuttgart
  • G: Staatliche Münzen Baden-Württemberg Prägestätte Karlsruhe de Karlsruhe
  • J: Hamburgische Münze de Hamburgo

Cabe destacar que as casas de acuñación que levaban as letras "B", "C", "E" e "H" fecharon. Estas letras correspondían as seguintes cidades:

Futuros cambios

No 2005 a Comisión deu unha Recomendación onde indicaba que as caras propias de cada estado das moedas de euro tiñan que levar unha indicación do estado emisor, consistente no nome de dito Estado membro ou nunha abreviatura do mesmo. O deseño tampouco fará indicación da denominación da moeda, a menos que sexa polo emprego dun alfabeto diferente.[1]

Isto requiren que cinco dos Estados membros da Eurozona (Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia e Grecia) cambien os deseños das súas caras. Finlandia foi o primeiro país en facelo, no 2007, seguido por Bélxica no 2008. Alemaña, pola súa parte, non mudou o seu deseño actual de momento.

Other Languages