Moedas conmemorativas de 2 euros


As moedas conmemorativas de 2 euros son pezas especialmente creados polos estados membros da Eurozona dende 2004 para conmemorar algún acto importante para o país. As moedas, normalmente, edítanse para celebrar o aniversario dalgún evento histórico ou actual. Até novembro de 2006 editáronse 21 variantes de moedas de 2 euros, 6 en 2004, 8 en 2005 e 7 en 2006. A importancia destas series especiais radica no seu grande valor para os coleccionistas, que moi a miúdo pagan por elas prezos superiores ó valor nominal da moeda.

Regulación e restricións

As bases da existencia de moedas conmemorativas derivan dunha decisión do [1] Porén, séguense a aplicar unha serie de recomendacións e restricións.

En canto ó deseño aparecen dúas restricións. Por un lado non se pode alterar a cara común das moedas de Euro. Por outro, os reversos nacionais per se non se deben alterar ata 2008 salvo que un xefe de Estado coa súa efixe atopada nunha moeda fine antes da data. (Isto xa se aplicou en Mónaco e Cidade do Vaticano, xa que os Xefes de Estado Rainiero III de Mónaco e Xoán Paulo II finaron en 2005 e as moedas foron trocadas en 2006).

Outras restricións fan referencia á cantidade de moedas que se poden emitir ó ano. Así, cada membro só pode crear unha moeda conmemorativa ó ano e sempre no formato de 2€. O número total de moedas postas en circulación ó ano non debe superar as seguintes medidas:

  • 0,1 por cento do número total de moedas de 2€ postas en circulación por todos os membros da eurozona. Este límite pódese ampliar excepcionalmente ata o 2% se a moeda conmemora un evento moi importante. Neste caso o Estado membro que as emita debe absterse de publicar moedas conmemorativas nos seguintes 4 anos.
  • 5,0 por cento do total de moedas de 2€ postas en circulación polo Estado membro en forma de moedas conmemorativas.

Outra decisión [2] engadiu dúas restricións máis. O Estado que emita unha moeda conmemorativa debe ser identificado na cara nacional de tal xeito que non quede ningunha dúbida da súa procedencia e nin o nome nin a denominación da moeda debe repetirse no anverso da moeda do mesmo xeito que no reverso.

Estas restricións non se aplican retroactivamente; só os novos deseños están obrigados a cumprilas.

Para proceder á creación dunha moeda conmemorativa débese informar á Comisión polo menos seis meses antes da emisión. O Comité Económico e Social Europeo da Unión é o órgano competente para aprobar as emisións naqueles casos en que estea previsto un volume de emisión superior ao 0,1%. A descrición do deseño da moeda así como calquera outra información relacionada coa materia deberá ser publicado no Diario Oficial da Unión Europea.

Con carácter excepcional, o 25 de marzo de 2007 emitiuse unha moeda conmemorativa en todos os Estados da Eurozona para celebrar o 50 aniversario do Tratado de Roma. O deseño, aprobado por un xurado formado pola representante do parlamento, a señora Berès, o presidente do consello, o señor Junker e o comisario Almunia, será común para todos os países a excepción do nome do país, a marca da ceca e o idioma empregado. Pese ó carácter excepcional do exemplar, aplicarase a lexislación vixente en materia de emisión de moedas conmemorativas.

Other Languages