Mito

O deus Thor, dos viquingos, na batalla contra os xigantes.
Pintura de Mårten Eskil Winge (1872).

Un mito (do grego μῦθος, mythos, conto) é a narración alegórica de fenómenos extraordinarios ou feitos inexplicables para os nosos devanceiros, protagonizada por personaxes fabulosos (deuses, semideuses, monstros) ou heroes. Nas comunidades antigas os mitos eran considerados como unha realidade vivida por diversos personaxes sobrenaturais.

Descrición xeral

Os mitos poden formar parte do sistema relixioso dunha comunidade, a cal os ten por verdadeiros, e dan un respaldo narrativo ás crenzas fundamentais de devandita comunidade. Dado que os mitos explican como chegou a ser o mundo tal cal o coñece unha sociedade determinada, sitúanse nun espazo e tempo protohistóricos, no que aínda non se definiron os parámetros esenciais da mesma.

Como os demais xéneros tradicionais, o mito é na súa orixe un texto oral, no que os detalles varían en cada execución, dando lugar a múltiples versións. Nas sociedades que coñecen a escritura, o mito foi obxecto de reelaboración literaria, ampliando así o seu arco de versións e variantes.

Desde que na Antigüidade grecolatina as explicacións científicas entraron en competencia coas míticas, a palabra mito cargouse en certos contextos dun valor pexorativo, chegando a utilizarse dun xeito laxo como sinónimo de mentira, crenza estendida pero falsa: p.ej.- a sociedade sen clases é un mito comunista. Tamén é común o uso un tanto laxo de mito e mítico (ou lenda e lendario) para se referir a personaxes históricos ou contemporáneos (ou ata a produtos comerciais) cargados de prestixio e glamour: Charlot é un mito do cine mudo; os Beatles son un grupo mítico.

Segundo a visión de Lévi-Strauss, un dos estudosos máis influentes do mito, todo mito fica caracterizado por tres atributos:

  • trata dunha pregunta existencial, referente á creación da Terra, a morte, o nacemento e similares.
  • está constituído por contrarios irreconciliables: creación contra destrución, vida fronte a morte, deuses contra homes.
  • proporciona a reconciliación deses polos a fin de conxurar a nosa angustia.
Other Languages
Afrikaans: Mite
asturianu: Mitu
azərbaycanca: Mif
беларуская: Міф
беларуская (тарашкевіца)‎: Міт
български: Мит
català: Mite
کوردی: ئوستوورە
čeština: Mýtus
dansk: Myte
Deutsch: Mythos
Ελληνικά: Μύθος
English: Myth
Esperanto: Mito
español: Mito
eesti: Müüt
euskara: Mito
فارسی: اسطوره
suomi: Myytti
føroyskt: Mýta
français: Mythe
Frysk: Myte
Gàidhlig: Ùr-sgeulachd
Avañe'ẽ: Mombe'ugua'u
עברית: מיתוס
hrvatski: Mit
magyar: Mítosz
հայերեն: Առասպել
interlingua: Mytho
Bahasa Indonesia: Mitos
italiano: Mito
日本語: 神話
Basa Jawa: Mitos
ქართული: მითი
қазақша: Миф
한국어: 신화
Lëtzebuergesch: Mythos
lietuvių: Mitas
latviešu: Mīts
Malagasy: Fedrà
македонски: Мит
Bahasa Melayu: Mitos
Nederlands: Mythe
norsk nynorsk: Myte
norsk: Myte
occitan: Mite
ਪੰਜਾਬੀ: ਮਿਥ
polski: Mit
português: Mito
română: Mit
русский: Миф
srpskohrvatski / српскохрватски: Mit
slovenčina: Mýtus
slovenščina: Mit
shqip: Miti
српски / srpski: Мит
Basa Sunda: Mitos
svenska: Myt
Kiswahili: Kisasili
тоҷикӣ: Асотир
татарча/tatarça: Миф
українська: Міф
West-Vlams: Mythe
中文: 迷思
Bân-lâm-gú: Sîn-oē