Misterio (teatro)

Misterio de Elx, escena do descenso do anxo na "Mangrana".

O misterio é un drama relixioso cristián medieval que pon en escena pasaxes das Sagradas Escrituras e, con preferencia, da vida, paixón e morte de Xesús. Desenvolvéronse en gran parte de Europa entre os séculos XIII e XVI. Ao primeiro representábanse dentro dos templos ou nos pórticos, e máis tarde nas prazas das cidades e vilas pero sempre autorizadas e amparadas polas autoridades eclesiásticas.

Significados e desenvolvemento

O termo misterio (do latín «mysterium», cerimonia) fai referencia ao tipo de representación mais tamén está en relación co mester, oficio dos gremios responsables de conservar e representar estes dramas relixiosos. [1]

A súa orixe está nos diálogos dramatizados en latín que se realizaban no interior dos tempos que no percurso do tempo van evolucionando: [2], con diálogos máis elaborados e con acción dramática, cunha tendencia a aumentar o número de participantes na representación, integrando actores laicos, e a partir de 1210 en exclusiva, ao prohibir unha bula papal a actuación dos relixiosos , abandonando o interior das igrexas, saíndo ás rúas e por veces facéndose itinerante, utilizando a lingua vulgar en contraposición co emprego do latín nos oficios e ampliando a temática relixiosa, máis alá da vida de Xesús, contando as vidas dos santos ou os milagres da Virxe, liberando o modelo do drama sacro do xugo relixioso, mesturándose en certo xeito co teatro profano medieval.

Other Languages
čeština: Mirákl
English: Mystery play
hrvatski: Mirakul
日本語: 神秘劇
ქართული: მისტერია
қазақша: Мистерия
Кыргызча: Мистерия
lietuvių: Misterija
Nederlands: Mysteriespel
polski: Misterium
русский: Мистерия
srpskohrvatski / српскохрватски: Mirakul
Simple English: Mystery play
slovenščina: Mirakel
svenska: Mysteriespel
українська: Містерія