Miriam Makeba

Miriam Makeba
Miriam Makeba10.JPG
Nome completoZenzile Miriam Makeba
AlcumeMama Africa
Nacemento4 de marzo de 1932
 Xohanesburgo
Falecemento9 de novembro de 2008 e 10 de novembro de 2008
 Castel Volturno
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeSuráfrica
Ocupacióncantante e actriz
CónxuxeStokely Carmichael e Hugh Masekela
FillosBongi Makeba
Coñecido/a porA Promise
PremiosCommandeur des Arts et des Lettres‎, Polar Music Prize e Medalha da Paz Otto Hahn
editar datos en Wikidata ]

Miriam Makeba, nada o 4 de marzo de 1932 en Xohanesburgo e falecida o 10 de novembro de 2008 na cidade italiana de Castel Volturno, foi unha cantante surafricana, coñecida tamén como Mama Afrika.

Vida

Zensile Makeba Qgwashu Nguvama Yiketheli Nxgowa Bantana Balomzi Xa Ufnu Ubajabulisa Ubaphekeli Mbiza Yotshwala Sithi Xa Saku Qgiba Ukutja Sithathe Izitsha Sizi Khabe Singama Lawu Singama Qgwashu Singama Nqamla Nqgithi[1], chamada Miriam Makeba, era filla dunha curandeira suaci e dun xosa que morreu cando ela era unha nena. Segundo a tradición, o seu nome contén os nomes propios de todos os seus devanceiros homes, ademais dunha ou dúas palabras que describen o seu carácter.

Comezou a cantar de pícara, na Kilmerton Training Institute de Pretoria. Posteriormente, xa de moza comezou a xirar cun grupo non profesional ata que se integrou nos Manhattan Brothers nos anos cincuenta. A partir dese momento xa só se dedicou á música, e axiña formou o seu primeiro grupo, The Skylarks (As lavercas), onde cantaba unha mestura de jazz e melodías tradicionais de Suráfrica.

En 1959, actuou no musical King Kong canda Hugh Masekela, con quen logo casaría. Nesa época tamén participa no documental anti-apartheid Come back, Africa, que ela mesma presentará no Festival de Cine de Venecia en 1959. A raíz dos problemas que lle trouxo ese filme e das dificultades económicas, abandona Suráfrica e instálase en Londres, onde coñece a Harry Belafonte, quen a axuda a entrar e instalarse nos Estados Unidos. É neste país onde publica na década dos sesenta as súas cancións máis famosas: Pata Pata, The Click Song (Qongqothwane en xosa), e Malaika. En 1966, Makeba recibe un Grammy na categoría de mellor gravación tradicional ou étnica, canda Belafonte polo disco An Evening With Belafonte/Makeba. O álbum contiña letras e mensaxes reivindicativas da loita contra o apartheid da poboación negra en Suráfrica.

Cando en 1960 quixo enterrar a súa nai en Suráfrica decatouse de que o seu pasaporte fora revogado polas autoridades do apartheid. En 1963 falou contra o apartheid nas Nacións Unidas, e prohibíronlle a entrada en Suráfrica. Ao longo da súa vida recibiu nove pasaportes distintos[2], e foi cidadá de honra de dez países.

En 1968, xa separada do seu primeiro home, casou con Stokely Carmichael, un activista dos Panteras negras nado en Trinidad e Tobago. Este foi o motivo de que se rompesen os contratos de gravación que tiña nos Estados Unidos e de que tivese que cancelar as súas xiras de concertos. Mudáronse os dous a Guinea, que daquela acababa de conseguir a independencia, e integráronse no círculo persoal do presidente Ahmed Sékou Touré. Makeba separouse de Carmichael en 1973 e continuou a actuar sobre todo en África, Sudamérica e Europa. Participou como cantante na velada do combate Rumble in the Jungle, que enfrontou os púxiles Muhammad Ali e George Foreman en Zaire en 1974. Tamén foi nesa época representante de Guinea ante as Nacións Unidas.

Ao que lle morre a única filla, en 1985, trasládase a Bruxelas. En 1987 participa na xira do álbum de Paul Simon Graceland. Ese mesmo ano publica o libro da súa autobiografía: Makeba: My Story. En 1990, Nelson Mandela convenceuna de volver a Suráfrica e de vivir no país logo da caída do réxime do apartheid. En 2008, logo de participar nun concerto de apoio ao escritor italiano Roberto Saviano, perseguido pola camorra, cando se estaba despedindo no escenario, faleceu dun ataque cardíaco[3][4].

Other Languages
Afrikaans: Miriam Makeba
български: Мириам Макеба
català: Miriam Makeba
čeština: Miriam Makeba
Cymraeg: Miriam Makeba
Deutsch: Miriam Makeba
dolnoserbski: Miriam Makeba
English: Miriam Makeba
Esperanto: Miriam Makeba
español: Miriam Makeba
euskara: Miriam Makeba
français: Miriam Makeba
Gaeilge: Miriam Makeba
עברית: מרים מקבה
hrvatski: Miriam Makeba
hornjoserbsce: Miriam Makeba
Kreyòl ayisyen: Myriam Makeba
Bahasa Indonesia: Miriam Makeba
italiano: Miriam Makeba
Lëtzebuergesch: Miriam Makeba
Baso Minangkabau: Miriam Makeba
Nederlands: Miriam Makeba
norsk nynorsk: Miriam Makeba
occitan: Miriam Makeba
Kapampangan: Miriam Makeba
Piemontèis: Miriam Makeba
português: Miriam Makeba
română: Miriam Makeba
srpskohrvatski / српскохрватски: Miriam Makeba
Simple English: Miriam Makeba
slovenčina: Miriam Makebová
српски / srpski: Миријам Макеба
svenska: Miriam Makeba
Kiswahili: Miriam Makeba
ślůnski: Miriam Makeba
Türkçe: Miriam Makeba
українська: Міріам Макеба
vepsän kel’: Makeba Miriam
Tiếng Việt: Miriam Makeba
Yorùbá: Miriam Makeba
isiZulu: Miriam Makeba