Metropolis

Metropolis
Maria 1927.JPG
Réplica do robot Maria.
Ficha técnica
Título orixinalMetropolis
DirectorFritz Lang
ProdutorErich Pommer
GuiónThea von Harbou
Fritz Lang
IntérpretesAlfred Abel
Brigitte Helm
Gustav Fröhlich
Rudolf Klein-Rogge
MúsicaGottfried Huppertz
FotografíaKarl Freund
Günther Rittau
Walter Ruttmann
EstudioBabelsberg Studios
DistribuidoraUFA
Estrea10 de xaneiro de 1927[1]
Duración148 minutos
(restauración de 2010)
153 minutos
(estrea de 1927, perdida)
OrixeAlemaña República de Weimar
XéneroFicción científica
Orzamento5 100 000 Reichsmark (estimado)

Metropolis é un filme mudo de ciencia ficción de Fritz Lang, rodada en Alemaña en 1927. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama desenvólvese nunha distopía urbana futurista. É considerado o pioneiro dos filmes de ciencia ficción, sendo a primeira longametraxe deste xénero.[2] Ademais, é un dos máximos expoñentes do expresionismo alemán nas artes cinematográficas.

O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa muller Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da propia Von Harbou. Está protagonizado por Brigitte Helm, Gustav Fröhlich, Alfred Abel e Rudolf Klein-Rogge.

Metrópolis é un dοs poucos filmes considerados Memoria do Mundo pola Unesco (outros son os filmes documentais dos irmáns Lumière, Los olvidados, dirixida por Luis Buñuel de 1950 e The Wizard of Oz de Victor Fleming de 1939). Foi o primeiro en posuír esta categoría, amparado na vívida encarnación de toda a sociedade, e na profundidade do seu contido humano e social.

Feito en Alemaña durante a período de Weimar, Metropolis segue os intentos de Freder, o fillo do gobernante da cidade, e Maria, cuxo pasado non é explicado no filme, por superar o abismo que os separa nunha sociedade clasista. Metropolis foi rodada en 1925, e tivo un custo aproximado de 5 millóns de Reichsmarks.[3] Así, foi o filme que máis caro daquela época.[4]

Argumento

Nunha megalópole do ano 2026, os obreiros viven recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade e do que non poden saír. Pero, incitados por un robot, rebélanse contra a clase intelectual que ten o poder e ameazan con destruír a cidade exterior. Freder ( Gustav Fröhlich), o fillo do soberano de Metrópolis, e María, unha rapaza de orixe humilde, intentarán evitar a destrución apelando ós sentimentos e ó amor.

Other Languages
беларуская: Метраполіс
čeština: Metropolis
Ελληνικά: Μετρόπολις
Esperanto: Metropolis
македонски: Метрополис (филм)
Bahasa Melayu: Metropolis (filem)
Nederlands: Metropolis (film)
русский: Метрополис
srpskohrvatski / српскохрватски: Metropolis (film, 1927)
Simple English: Metropolis (movie)
slovenščina: Metropolis (film)
српски / srpski: Метрополис (филм)
українська: Метрополіс (фільм)
Bân-lâm-gú: Metropolis