Metodoloxía

A metodoloxía, (do grego (μετά metá "máis aló" ὁδός hodós "camiño" λόγος lógos "estudo"), fai referencia ao conxunto de métodos de investigación utilizados para alcanzar unha gama de obxectivos nunha ciencia.

Aínda cando o termo pode ser aplicado ás artes cando é necesario efectuar unha observación ou análise máis rigorosa ou explicar unha forma de interpretar a obra de arte. En resumo son o conxunto de métodos que se rexen nunha investigación científica ou nunha exposición doutrinal.

Método é o procedemento para alcanzar os obxectivos e a metodoloxía é o estudo do método.

A diferenza do que sucede co epistemólogo, o metodólogo non pon en cuestión o coñecemento xa obtido e aceptado pola Comunidade científica. O seu problema céntrase na procura de estratexias válidas para incrementar o coñecemento.

Por iso, a metodoloxía entenderase aquí como a parte do proceso de investigación (Método Científico), que segue á propedéutica, e permite sistematizar os métodos e as técnicas necesarias para levala a cabo. "Os métodos -di Martínez Miguélez (1999)- son vías que facilitan o descubrimento de coñecementos seguros e confiables para solucionar os problemas que a vida nos expón".

A metodoloxía, como etapa específica que dimana dunha posición teórica e epistemolóxica, dá pé á selección de técnicas concretas de investigación [1]. A postura filosófica acerca da ciencia da que parte o investigador, orientará a súa elección metodolóxica, é dicir, guiarao á hora de resolver: como investigar o problema de investigación, con bases racionalistas, empiristas, pragmáticas, construtivistas, cun sentido crítico, escéptico ou dogmático, cun enfoque positivista ou dialéctico hermenéutico, é o suxeito un ente pasivo ou construtor do coñecemento?

A metodoloxía dependerá, desta forma, dos postulados que o investigador considere como válidos -daquilo que considere obxecto da ciencia e coñecemento científico- pois será a través da acción metodolóxica como colleite, ordene e analice a realidade estudada.

Non existe unha metodoloxía que sexa a panacea absoluta, así que aparecen moitas veces elas mesturadas unhas con outras en relación simbiótica.

A validez outorgada ao uso dun ou outro método estará dada no marco dos paradigmas da ciencia.

Notas

  1. Gamaliel López I, 1986:47
Other Languages
Alemannisch: Methodologie
العربية: منهجية
Boarisch: Methodologie
беларуская (тарашкевіца)‎: Мэтадалёгія навукі
български: Методология
bosanski: Metodologija
català: Metodologia
čeština: Metodologie
Cymraeg: Methodoleg
dansk: Metodologi
Deutsch: Methodologie
Ελληνικά: Μεθοδολογία
English: Methodology
Esperanto: Metodologio
español: Metodología
euskara: Metodo
français: Méthodologie
hrvatski: Metodologija
Bahasa Indonesia: Metodologi
italiano: Metodologia
日本語: 方法論
Basa Jawa: Metodologi
қазақша: Методология
한국어: 방법론
Latina: Methodologia
lietuvių: Metodologija
монгол: Арга зүй
Nederlands: Methodologie
norsk: Metodologi
polski: Metodologia
português: Metodologia
română: Metodologie
русиньскый: Методіка
srpskohrvatski / српскохрватски: Metodologija
slovenčina: Metodológia
српски / srpski: Методика
svenska: Metodologi
Tagalog: Pamamaraan
українська: Методологія науки
Tiếng Việt: Phương pháp luận
中文: 方法学