Metasequoia

Falsa sequoia (xénero Metasequoia)
Metasequoia Glyptostroboides2.jpg
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Taxodiaceae
Xénero: Metasequoia
Especie: M. glyptostroboides
Nome binomial
Metasequoia glyptostroboides
Hu & W.C.Cheng 1948

Metasequoia é un xénero de árbores pertencente á familia das Taxodiáceas. Consta dunha soa especie, a falsa sequoia [1], sequoia do alba ou metasequoia (Metasequoia glyptostroboides). A metasequoia é unha árbore que se desenvolve axiña, orixinaria de Sichuan- Hubei, rexión da China. É a única especie viva no xénero, mais se coñecen tres especies fósiles. Cómpre non confundila coas outras dúas especies de sequoias, coas que integra a subfamilia Sequoideae: a sequoia xigante (Sequoiadendron giganteum) que acada alturas de até 85 m e mais a sequoia común (Sequoia sempervirens), que é a conífera máis alta que existe, chegando a acadar máis de 115 m de altura.

Follas da sequoia do alba - disposición oposta.

Descrición

Mentres que a casca e mais a follaxe son semellantes co xénero relacionado das sequoias, Metasequoia diferénciase en que é caducifolia como Taxodium distichum (alcipreste dos illós), e coma estes, os máis idosos espécimes forman uns contrafortes largos no baseamento do toro. Medra axiña acadando un diámetro de toro de 2 m e 40–45 m de altos en cultivo até agora (co potencial de acadaren incluso alturas maiores).

As follas atópanse enfrontadas de 1 a 3 centímetros dunha cor verde fresca brillante, tornando a un avermellado castaño na caída outoniza. Os conos son de globosos a ovoides de 15 a 25 mm de diámetro con 16 a 28 escalas, dispostas en pares opostos en catro fileiras, cada par perpendicularmente ao par adxacente; se maduran de 8 a 9 meses logo da polinización. Os conos do pole teñen de 5 a 6 milímetros de longo, producido en puntos longos a principio da primavera; prodúcense soamente nas árbores que medran en rexións con veráns cálidos.

Other Languages
العربية: سيكويا الفجر
تۆرکجه: سۇ لادینی
brezhoneg: Gourgwezenn Sina
català: Metasequoia
dansk: Vandgran
Esperanto: Metasekvojo
עברית: מטסקוויה
hornjoserbsce: Chinski pražerowc
қазақша: Метасеквойя
Перем Коми: Метасеквойя
кырык мары: Метасеквойя
Nederlands: Watercipres
português: Metasequoia
русский: Метасеквойя
srpskohrvatski / српскохрватски: Kineska metasekvoja
Simple English: Dawn redwood
Türkçe: Su ladini
Tiếng Việt: Thủy sam
中文: 水杉