Mecánica de fluídos

A mecánica de fluídos é a rama da mecánica dos medios contínuos que estuda o movemento de fluídos (gases é líquidos), sen ter en conta as causas que o provocan (cinemática) ou téndoas en conta (dinámica). Tamén estuda as interaccións entre o fluído e o contorno que o limita. Para iso presuponse a similitude da estrutura dos fluídos á dun medio continuo a través do concepto de partícula fluída (hipótese de continuidade).

Hipótese de continuidade (A partícula fluída)

Considéranse tanto os gases como os líquidos xa non moléculas, senón masas fluídas. Deste xeito asegúrase que as propiedades varíen suavemente (sen descontinuidades).

O xeito de distinguir cando a hipótese de continuidade é válida consiste en comparar o camiño percorrido libre medio das moléculas coa lonxitude característica do sistema físico. Ó cociente entre estas lonxitudes denomínaselle número de Knudsen. Cando este número adimensional é moito menor á unidade, o material en cuestión pode considerarse un fluído (medio continuo). No caso contrario os efectos debidos á natureza molecular da materia non poden ser desprezados e debe utilizarse a mecánica estatística para predicir o comportamento da materia.

Other Languages
bosanski: Mehanika fluida
客家語/Hak-kâ-ngî: Liù-thí li̍t-ho̍k
hrvatski: Mehanika fluida
magyar: Áramlástan
Bahasa Indonesia: Mekanika fluida
日本語: 流体力学
Basa Jawa: Mekanika fluida
Qaraqalpaqsha: Gidromexanika
한국어: 유체역학
Bahasa Melayu: Mekanik bendalir
Nederlands: Stromingsleer
norsk nynorsk: Fluidmekanikk
srpskohrvatski / српскохрватски: Mehanika fluida
Simple English: Fluid mechanics
slovenčina: Mechanika tekutín
slovenščina: Mehanika tekočin
српски / srpski: Mehanika fluida
українська: Гідромеханіка
oʻzbekcha/ўзбекча: Gidromexanika
Tiếng Việt: Cơ học chất lưu
中文: 流体力学
Bân-lâm-gú: Liû-thé le̍k-ha̍k
粵語: 流體力學