Max Weber
English: Max Weber

Maximilian Weber
Max Weber 1894.jpg
Max Weber en 1894
Europa Occidental - Século XIX/Século XX
Nacemento21 de abril de 1864
Erfurt, Reino de Prusia
Morte14 de xuño de 1920
(55 anos)
Múnic Alemaña Alemaña
FilosofíaAntipositivismo
Intereses principaisFilosofía, historia, economía, política, socioloxía
InfluenciasImmanuel Kant
Alexis de Tocqueville
Friedrich Nietzsche
Wilhelm Dilthey
Heinrich Rickert
Georg Simmel
Werner Sombart
Hermann Baumgarten
Sigmund Freud.
Influente enKarl Jaspers
Talcott Parsons
Ludwig von Mises
György Lukács
Theodor W. Adorno
Jürgen Habermas
Joseph Schumpeter
Clifford Geertz
Ralf Dahrendorf
C. Wright Mills
Cornelius Castoriadis.

Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.

A pesar de ser recoñecido como un dos pais da socioloxía, xunto con Karl Marx, Auguste Comte e Émile Durkheim,[1] Weber nunca se viu a si mesmo como sociólogo, senón como historiador;[2] para el, a socioloxía e a historia eran dúas empresas converxentes. Con todo, sobre o final da súa vida en 1920, escribiu nunha carta ao economista Robert Liefmann: "Se me convertín finalmente en sociólogo (porque tal é oficialmente a miña profesión), é sobre todo para exorcizar a pantasma aínda viva dos conceptos colectivos (...)".[3]

Os seus traballos máis importantes relaciónanse coa socioloxía da relixión e o goberno, pero tamén escribiu moito no campo da economía. A súa obra máis recoñecida é o ensaio Die protestantische Ethik und der 'Geist' des Kapitalismus (en galego, A ética protestante e o espírito do capitalismo), que foi o inicio dun traballo sobre a socioloxía da relixión.[4] Pero a recompilación Wirtschaft und Gesellschaft (en galego, Economía e sociedade), publicada postumamente entre 1921 e 1922, é a suma máis completa e sistemática das súas ideas e conceptos.

Weber argumentou que a relixión foi un dos aspectos máis importantes que influíron no desenvolvemento das culturas occidental e oriental. Noutras das súas obras famosas, Wissenschaft als Beruf (en galego, A ciencia como vocación), e Politik als Beruf (en galego, A política como vocación), Weber definiu o Estado como unha entidade que ostenta o monopolio da violencia e os medios de coacción, unha definición que foi fundamental no estudo da ciencia política moderna en Occidente.[5][6][7]

Traxectoría

Os comezos

Max Weber en 1878.

Max Weber naceu en Erfurt, Turinxia, en Alemaña, sendo o maior de sete fillos de Max Weber (pai), xurista e político destacado do Partido Liberal Nacional na época de Bismarck e funcionario protestante, e da súa esposa Helene, unha calvinista moderada. Un dos seus irmáns, Alfred Weber, tamén foi sociólogo e economista.

Debido á vida pública do seu pai, Weber creceu nun ambiente familiar inmerso na política, e o seu fogar recibiu a visita de prominentes académicos e figuras públicas. Ao mesmo tempo, Weber demostrou ser intelectualmente precoz. O agasallo de Nadal que lles fixo aos seus pais en 1876, cando contaba con trece anos, resultou ser un par de ensaios históricos, titulados "Sobre o curso da historia alemá, con referencias especiais á posición do emperador e o papa" e "Sobre o período do Imperio romano desde Constantino á migración das nacións". Parecía xa claro entón que Weber ía adicarse ás ciencias sociais. Á idade de catorce anos escribiu cartas cheas de referencias a Homero, Virxilio, Cicerón e Tito Livio, e antes de ingresar na universidade xa posuía un extenso coñecemento sobre Goethe, Spinoza, Kant e Schopenhauer.

Estudos

Weber estudou nas universidades de Heidelberg, Berlín e Gotinga, interesándose especialmente polo dereito, a historia e a economía.

En 1882, Weber ingresou na Universidade de Heidelberg como estudante de dereito. Incorporouse á fraternidade do seu pai e escolleu o campo das leis do mesmo xeito que el. Á parte destes estudos, tomou clases de economía e estudou historia medieval. Tivo por profesores, entre outros, ao seu tío, o historiador liberal alemán Hermann Baumgarten, autor de dúas voluminosas obras sobre historia española antiga e moderna e fillo e neto de pastores protestantes. Adicionalmente, Weber realizou extensas lecturas sobre temas teolóxicos.

De maneira intermitente serviu no exército alemán en Estrasburgo e, no outono de 1884, regresou a casa dos seus pais para estudar na Universidade de Berlín. O seguintes oito anos Weber viviu en casa dos seus pais, primeiro como estudante, logo como axudante nas cortes de Berlín e finalmente como docente na universidade. A súa residencia en casa dos seus pais foi interrompida unicamente por un semestre de estudo na Universidade de Gotinga e por curtos períodos ocasionais de adestramento militar adicional. En 1886 Weber aprobou os exames de "Referendar", que lle permitían exercer como avogado.

A finais da década de 1880, Weber profundou os seus estudos de historia. Obtivo o doutoramento en leis en 1889, cunha tese sobre historia legal titulada A historia das organizacións medievais de negocios. Dous anos despois, Weber completou o seu Habilitationsschrift coa tese sobre A historia agraria romana e a súa significación para a lei pública e privada. Habilitándose -xa podía exercer como Privatdozent- Weber estaba cualificado en Alemaña para obter un cargo como profesor universitario.

Carreira académica

Durante o tempo transcorrido entre a conclusión da súa tese doutoral e o momento en que foi habilitado como profesor, Weber comezou a interesarse en política social contemporánea. En 1888, uniuse á Verein für Socialpolitik, para entón nova Asociación Profesional de Economistas Alemáns. Esta asociación, afiliada á escola histórica, consideraba que a achega principal da economía era a solución dos problemas sociais de maior impacto durante a época, e foi pioneira no uso de estudos estatísticos a gran escala na análise económica. En 1890 a Verein creou un programa de investigación para examinar «a cuestión polaca», termo usado para referirse ao fluxo de traballadores agrícolas estranxeiros cara a Alemaña oriental, mentres os seus traballadores locais migraban ás cidades en proceso acelerado de industrialización. Weber foi posto a cargo deste estudo e redactou unha parte considerable dos seus resultados. O informe final foi eloxiado amplamente como un excelente traballo de investigación empírica, cimentando a reputación de Weber como experto en economía agraria.

Weber obtivo un éxito académico considerable na década dos anos 1890. En 1893, casou cunha curmá afastada chamada Marianne Schnitger, quen posteriormente se convertería en feminista e escritora por dereito propio, ademais de volverse un factor decisivo na recompilación e publicación de traballos pouco coñecidos de Weber posterior á súa morte en 1920. En 1894 a parella mudouse a Friburgo, onde Weber foi nomeado profesor de economía na Universidade de Friburgo, cargo que posteriormente continuará ao trasladarse á Universidade de Heidelberg en 1897. Ese mesmo ano morreu o seu pai, dous meses despois de que ambos sostivesen unha discusión moi forte, respecto da cal nunca tiveron a oportunidade de facer as paces. A partir de entón, Weber vólvese cada vez máis propenso ao nerviosismo e ao insomnio, o cal dificulta a súa capacidade de dar clases e cumprir coas súas tarefas como profesor. Por tanto, viuse obrigado a diminuír e eventualmente deter o seu traballo académico, deixando o seu último curso, no outono de 1899, sen rematar. Despois de meses nun sanatorio durante o verán e outono de 1900, Weber e a súa esposa Marianne viaxaron a Italia a finais dese ano, para non regresar até abril de 1902.

Despois da súa inmensa produtividade nos temperáns anos 1890, Weber non publicou un só ensaio entre comezos de 1898 e finais de 1902, e finalmente renuncia ao seu cargo de profesor no outono de 1903. Con todo, continuou traballando como profesor privado, axudado por unha herdanza obtida en 1907.

O mesmo ano da súa renuncia ao cargo de profesor, Weber acepta o cargo de editor asociado do Arquivo de Ciencias Sociais e Benestar Social xunto aos seus colegas Edgar Jaffé e Werner Sombart. En 1904, visitou os Estados Unidos e participou no Congreso das Artes e as Ciencias, que se realizou xunto á Exposición Universal de San Luís. En 1904, comezan a aparecer nesta publicación o que serían os principais traballos de Weber, sendo en 1905 cando se publica o seu ensaio Die protestantische Ethik und der 'Geist' des Kapitalismus (en galego, A ética protestante e o espírito do capitalismo), o cal se converteu no seu traballo máis popular e sentou as bases para o seu traballo futuro sobre o impacto da cultura e a relixión no desenvolvemento dos sistemas económicos. A importancia do ensaio é tal, que resultou ser o único dos seus escritos que foi publicado como un libro mentres el viviu.

En 1912, Weber tentou organizar un partido político de esquerda que combinase social-demócratas e liberais, pero o seu intento fracasou debido ao medo que moitos liberais sentían cara aos ideais -que consideraban revolucionarios- dos social-demócratas.

Durante a Primeira guerra mundial, Weber serviu por un tempo como director dos hospitais do exército en Heidelberg. Entre 1915 e 1916 formou parte de grupos que tentaban manter o control alemán en Bélxica e Polonia despois da guerra. As opinións de Weber sobre a guerra, e tamén sobre a expansión do imperio alemán, cambiaron durante estes anos. En 1918, foi membro do consello de obreiros e soldados de Heidelberg. O mesmo ano converteuse en consultor da Comisión do Armisticio Alemán para o Tratado de Versalles e a comisión asignoulle o borrador da Constitución de Weimar. Weber temía intensamente unha revolución comunista en Alemaña e decantábase a favor de inserir o artigo 48 na constitución. Posteriormente, este artigo será aproveitado de modo oportunista por Adolf Hitler para declarar a lei marcial e así obter potestades de ditador.

A partir de 1918, Weber retomou a docencia, primeiro na Universidade de Viena e logo, en 1919, na Universidade de Múnic. En Múnic, foi director do primeiro instituto de socioloxía creado nunha universidade alemá, aínda cando xamais exerceu unha cátedra de socioloxía ao longo da súa vida.

Max Weber morreu de pneumonía en Múnic o 14 de xuño de 1920. Debe destacarse que moitos dos traballos que son famosos agora, foron reunidos, revisados e publicados postumamente. Luminarias da socioloxía, como Talcott Parsons e Charles Wright Mills fixeron interpretacións significativas dos traballos de Weber.

Weber e a política alemá (Formas de Goberno)

En 1890 Weber escribiu unha serie de artigos de prensa titulados Parlamento e Goberno nunha Alemaña reconstruída. Estes artigos esixían reformas democráticas na Constitución do Imperio alemán de 1871.

Weber argumentou que os problemas políticos de Alemaña debíanse esencialmente a un problema de liderado. Otto von Bismarck creara unha constitución que preservaba o seu propio poder, pero inhabilitaba a outro líder poderoso para sucedelo. En xaneiro de 1919, Weber era un membro fundador do Partido Democrático Alemán.[5][8]

Pola súa paradoxal utilización nas medidas socializantes tanto da socialdemocracia como do nacionalsocialismo, as contribucións do liberalismo de Max Weber á política alemá seguen sendo suxeito de controversia.

Weber deixou a política debido aos conflitos coa dereita en 1919 e 1920, cando moitos colegas e estudantes desprezárono pola posición de centro-esquerda asumida durante a revolución alemá de 1918 e 1919. En efecto, houbo estudantes de dereita que chegaron a realizar protestas fronte á súa casa.

Weber avogaba pola democracia como unha ferramenta para elixir líderes fortes; vía á democracia como unha forma de liderado carismático onde a "demagoxia impuña o seu desexo sobre as masas". Por esta razón, a esquerda europea é moi crítica con Weber, por "preparar o terreo intelectual para a posición de liderado de Adolf Hitler, aínda que non intencionadamente.[9]

O firme anticomunismo de Weber e o reclamo insistente por unha política agresiva de imperialismo alemán gañoulle a crítica da maioría dos marxistas alemáns. Weber desilusionou aínda máis á esquerda cando un dos seus estudantes, Carl Schmitt (1888-1985), desenvolveu o concepto de «Estado total». As cartas persoais e profesionais de Weber mostran un desgusto considerable polo antisemitismo dos seus días, polo que, tomando ademais en consideración o carácter antiliberal do corporativismo de Estado e o totalitarismo de partido único, sería dubidoso que Weber tivese a convicción de apoiar aos nazis, como si fixeron o citado Schmitt, Oswald Spengler e Werner Sombart.

Nos Estados Unidos as políticas de Weber son menos coñecidas. Os seus apoloxistas manteñen que a distinción que facía Weber entre a política (evaluativa por definición) e ciencia (con «valor-neutral») protexía as súas teorías sociolóxicas da áspera realpolitik das súas conviccións persoais.

Other Languages
Afrikaans: Max Weber
Alemannisch: Max Weber
አማርኛ: ማክስ ቬበር
aragonés: Max Weber
العربية: ماكس فيبر
asturianu: Max Weber
azərbaycanca: Maks Veber
تۆرکجه: ماکس وبر
башҡортса: Макс Вебер
žemaitėška: Maksos Vieberis
беларуская: Макс Вебер
беларуская (тарашкевіца)‎: Макс Вэбэр
български: Макс Вебер
brezhoneg: Max Weber
bosanski: Max Weber
буряад: Макс Вебер
català: Max Weber
нохчийн: Вебер, Макс
čeština: Max Weber
Cymraeg: Max Weber
dansk: Max Weber
Deutsch: Max Weber
Zazaki: Max Weber
Ελληνικά: Μαξ Βέμπερ
English: Max Weber
Esperanto: Max Weber
español: Max Weber
eesti: Max Weber
euskara: Max Weber
فارسی: ماکس وبر
suomi: Max Weber
français: Max Weber
Frysk: Max Weber
贛語: 韋伯
kriyòl gwiyannen: Max Weber
עברית: מקס ובר
हिन्दी: मैक्स वेबर
Fiji Hindi: Max Weber
hrvatski: Max Weber
magyar: Max Weber
հայերեն: Մաքս Վեբեր
interlingua: Max Weber
Bahasa Indonesia: Maximilian Weber
Ilokano: Max Weber
íslenska: Max Weber
italiano: Max Weber
Patois: Max Weba
ქართული: მაქს ვებერი
Kabɩyɛ: Max Weber
қазақша: Макс Вебер
한국어: 막스 베버
kurdî: Max Weber
kernowek: Max Weber
Кыргызча: Макс Вебер
Lëtzebuergesch: Max Weber
Limburgs: Max Weber
lietuvių: Max Weber
latviešu: Makss Vēbers
Malagasy: Max Weber
македонски: Макс Вебер
монгол: Макс Вебер
Bahasa Melayu: Max Weber
norsk nynorsk: Max Weber
norsk: Max Weber
Novial: Max Weber
occitan: Max Weber
ਪੰਜਾਬੀ: ਮੈਕਸ ਵੈਬਰ
polski: Max Weber
Piemontèis: Max Weber
پنجابی: میکس ویبر
português: Max Weber
română: Max Weber
русский: Вебер, Макс
русиньскый: Макс Вебер
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱢᱮᱠᱥ ᱚᱭᱮᱵᱟᱨ
sicilianu: Max Weber
Scots: Max Weber
srpskohrvatski / српскохрватски: Max Weber
Simple English: Max Weber
slovenčina: Max Weber
slovenščina: Max Weber
shqip: Max Weber
српски / srpski: Maks Veber
svenska: Max Weber
Kiswahili: Max Weber
Tagalog: Max Weber
Türkçe: Max Weber
татарча/tatarça: Maks Weber
українська: Макс Вебер
oʻzbekcha/ўзбекча: Max Weber
vèneto: Max Weber
vepsän kel’: Veber Maks
Tiếng Việt: Max Weber
Winaray: Max Weber
მარგალური: მაქს ვებერი
ייִדיש: מאקס וועבער
Yorùbá: Max Weber
Bân-lâm-gú: Max Weber
粵語: 韋伯