Masanobu Fukuoka

Masanobu Fukuoka
Masanobu-Fukuoka.jpg
Nacemento2 de febreiro de 1913 e 2 de febreiro de 1914
 Iyo
Falecemento16 de agosto de 2007
 Iyo
NacionalidadeXapón
Educado enGifu University
Ocupaciónagrônomo, mestre, filósofo, escritor, labrego e botánico
PremiosPrêmio Ramon Magsaysay
editar datos en Wikidata ]

Masanobu Fukuoka (福岡 正信?), nado en Iyo (Ehime) o 2 de febreiro de 1913 e finado o 16 de agosto de 2008, foi un agricultor e microbiólogo xaponés, autor das obras The One-Straw Revolution: An Introduction to Natural Farming e A Senda natural do Cultivo, nas cales presenta as súas propostas para unha forma de agricultura chamada agricultura natural ou o método Fukuoka. En 1988 recibiu o Premio Ramon Magsaysay na categoría Servizo Público, pola súa contribución para o ben da humanidade.

Nos últimos 20-30 anos utilizou o seu método para reforestar zonas con tendencia á desertificación. En Tailandia, en Filipinas, na India e nalgúns países africanos transformou pequenas rexións desertificadas en áreas verdes. Tamén iniciou un proxecto de reforestación en Grecia[1].

Traxectoria

Descendente dunha familia dedicada á agricultura desde hai séculos, comezou a súa carreira como edafólogo, desviándose despois cara á fitopatoloxía. Á idade de 25 anos, comezou a dubidar da sabedoría da agronomía moderna. Guiado pola súa intuición, decidiu buscar un método de cultivo que protexese as características da terra e eliminase traballos innecesarios. Deixou o seu traballo como científico de investigación, e volveu á súa granxa familiar na Illa de Shikoku -no Xapón meridional- para cultivar laranxas mikan ecolóxicas. Desde ese punto dedicou a súa vida a desenvolver un sistema de cultivo ecolóxico único que non precisa arrincar as "malas" herbas, nin usar pesticidas nin fertilizantes, nin tampouco labranza.

Other Languages