Marxismo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Parte da serie sobre
Marxismo
Karl Marx.jpg
Conceptos fundamentais
Alienación
Burguesía
Comunismo
Explotación
Forzas produtivas
Hexemonía cultural
Loita de clases
Materialismo dialéctico
Materialismo histórico
Medios de produción
Modo de produción
Plusvalía
Proletariado
Relacións de produción
Teoría do valor-traballo
Outras ligazóns
Marxismo
Economía marxista
Karl Marx (1875)

O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.

Porén, o marxismo traspasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas.

O marxismo aséntase sobre 3 grandes eixes: a análise do pasado, a crítica do presente e o proxecto de futuro.[ Cómpre referencia]

Orixe

Os puntos de partida do marxismo son a dialéctica de Hegel, a filosofía materialista de Ludwig Feuerbach e dos socialistas utópicos franceses e as teorías económicas dos ingleses Adam Smith e David Ricardo. Máis que filosofía, o marxismo é a crítica radical da filosofía, principalmente do sistema filosófico idealista de Hegel. Mentres para Hegel a realidade faise filosofía, para Marx a filosofía precisa incidir sobre a realidade. O núcleo do pensamento de Marx é súa interpretación do home, que comeza coa necesidade humana. A historia iníciase co propio home que, na busca da satisfacción de necesidades, traballa sobre a natureza. A medida que realiza este traballo, o home se descobre como ser produtivo e pasa a ter consciencia de si e do mundo. Percibe entón que "a historia é o proceso de creación do home polo traballo humano".

Segundo algúns, os dous elementos principais do marxismo son o materialismo dialéctico, para o cal a natureza, a vida e a consciencia constitúense de materia en movemento e evolución permanente, e o materialismo histórico, para o cal o modo de produción é base determinante dos fenómenos históricos e sociais, inclusive as institucións xurídicas e políticas, a moralidade, a relixión e as artes. Para outros, non existe o materialismo dialéctico esbozado por Engels e desenvolvido por Lenin e Stalin, mais é unha expresión inexistente en Marx, que falaba de dialéctica e método dialéctico e non de "materialismo dialéctico".

A teoría marxista desenvólvese en catro niveis de análise -- filosófico, económico, político e sociolóxico—en torno da idea central de mudanza. Nas súas Thesen über Feuerbach ( 1845, publicadas en 1888; Teses sobre Feuerbach), Marx escribiu: "Até o momento, os filósofos apenas interpretaron o mundo; o fundamental agora é transformalo." Para transformar o mundo é necesario vincular o pensamento á práctica revolucionaria. Interpretada por diversos seguidores, a teoría tornouse unha ideoloxía que se estendeu a rexións de todo o mundo e lle foi engadida características nacionais. Xurdiron así versións como as dos partidos comunistas francés e italiano, o marxismo-leninismo na Unión Soviética, as experiencias no leste europeo, o maoísmo na China e Albania e as interpretacións de Corea do Norte, de Cuba e dos partidos únicos africanos, nos que se mestura até con ritos tribais. As principais correntes do marxismo foron a social-democracia, o bolquevismo e o esquerdismo.

Practicamente todas as artes recibiron influencia do Marxismo a través de teóricos que buscaron importar as ideas da loita de clases e da importancia da inclusión dos intelectuais en estas discusións.

Na literatura, por exemplo, nos anos 70, a chamada 'crítica marxista' pregaba que a análise de textos literarios debería desconsiderar o estudo biográfico do autor e se fixar na análise dos acontecementos ficcionais a partir da visión da loita de clases.

Esa perspectiva, en todas as artes, desenvolveuse nun cerco da liberdade de moitos artistas que se viron desprestixiados por críticos e pola clase artística, en caso de non abordaren nas súas obras unha "temática social".

Na súa concepción máis recente, a crítica marxista procura intertextualizar a arte coa historia, a socioloxía e outras áreas do saber científico social.

Other Languages
Afrikaans: Marxisme
Alemannisch: Marxismus
aragonés: Marxismo
العربية: ماركسية
مصرى: ماركسيه
অসমীয়া: মাৰ্ক্সবাদ
asturianu: Marxismu
azərbaycanca: Marksizm
башҡортса: Марксизм
Boarisch: Marxismus
žemaitėška: Marksėzmos
беларуская: Марксізм
беларуская (тарашкевіца)‎: Марксізм
български: Марксизъм
brezhoneg: Marksouriezh
bosanski: Marksizam
català: Marxisme
کوردی: مارکسیزم
čeština: Marxismus
Чӑвашла: Марксизм
Cymraeg: Marcsiaeth
dansk: Marxisme
Deutsch: Marxismus
Ελληνικά: Μαρξισμός
English: Marxism
Esperanto: Marksismo
español: Marxismo
eesti: Marksism
euskara: Marxismo
فارسی: مارکسیسم
føroyskt: Marxisma
français: Marxisme
Frysk: Marksisme
Gàidhlig: Marxachas
עברית: מרקסיזם
हिन्दी: मार्क्सवाद
Fiji Hindi: Markswaad
hrvatski: Marksizam
magyar: Marxizmus
Հայերեն: Մարքսիզմ
interlingua: Marxismo
Bahasa Indonesia: Marxisme
Ilokano: Marxismo
íslenska: Marxismi
italiano: Marxismo
Patois: Maaxizim
Basa Jawa: Marxisme
ქართული: მარქსიზმი
қазақша: Марксизм
къарачай-малкъар: Марксизм
Кыргызча: Марксизм
Limburgs: Marxisme
lietuvių: Marksizmas
latviešu: Marksisms
македонски: Марксизам
മലയാളം: മാർക്സിസം
монгол: Марксизм
Bahasa Melayu: Marxisme
नेपाल भाषा: मार्क्सवाद
Nederlands: Marxisme
norsk nynorsk: Marxisme
norsk: Marxisme
occitan: Marxisme
ਪੰਜਾਬੀ: ਮਾਰਕਸਵਾਦ
polski: Marksizm
Piemontèis: Marxism
پنجابی: مارکسزم
português: Marxismo
Runa Simi: Marsyuyay
rumantsch: Marxissem
română: Marxism
русский: Марксизм
русиньскый: Марксізм
саха тыла: Марксизм
sicilianu: Marxismu
Scots: Marxism
srpskohrvatski / српскохрватски: Marksizam
Simple English: Marxism
slovenčina: Marxizmus
slovenščina: Marksizem
српски / srpski: Марксизам
svenska: Marxism
Kiswahili: Umaksi
తెలుగు: మార్క్సిజం
Tagalog: Marxismo
Türkçe: Marksizm
татарча/tatarça: Марксизм
українська: Марксизм
اردو: مارکسیت
oʻzbekcha/ўзбекча: Marksizm
Tiếng Việt: Chủ nghĩa Marx
Winaray: Marxismo
მარგალური: მარქსიზმი
ייִדיש: מארקסיזם
Bân-lâm-gú: Marx-chú-gī