Martha Argerich

Argerich, 2015.

Martha Argerich, nada en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941, é unha pianista arxentina de música clásica, considerada un dos maiores expoñentes da súa xeración e da posguerra. Especialmente celebrada polas súas interpretacións de Chopin, Liszt, Bach, Schumann, Ravel e Prokofiev.

Traxectoria

Argerich, 1962.

Martha Argerich naceu en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941. Comezou a estudar piano dende moi pequena, e no 1945, con só catro anos de idade deu o seu primeiro recital público. No seu primeiro concerto formal aos oito anos de idade, interpretou o Concerto para piano opus 15 de Beethoven, e comezou a estudaar con Vicente Scaramuzza, tamén mestre -entre outros- de Bruno Gelber.

No ano 1955 o Presidente arxentino Juan Domingo Perón enviou ó seu pai como agregado económico da embaixada en Viena para que Martha tivese a mellor educación musical posible. Alí estudou con Friedrich Gulda, e máis tarde, en Xenebra, con Madeleine Lipatti e Nikita Magaloff.

“...Tenía un poco más de 12 años, había tocado en el Colón y Perón me había dado una cita en la residencia presidencial. Mamá preguntó si podía acompañarme y le dijeron que sí, por supuesto. Yo no era muy peronista; me acuerdo de que siempre estaba pegando por todos lados papelitos que decían ‘Balbín-Frondizi’. Él nos recibió y me preguntó: ‘¿Y adónde querés ir, ñatita?’. Y yo quería ir a Viena, para estudiar con Friedrich Gulda. A él le gustó que no quisiera ir a Estados Unidos. Lo más cómico fue que mi mamá, para congraciarse, le dijo que a mí me encantaría tocar un concierto en la UES. Y parece que yo debo haber puesto una cara bastante reveladora de que la idea no me gustaba porque Perón le empezó a seguir la corriente a mamá, diciéndole «por supuesto señora, vamos a organizarlo», mientras me guiñaba un ojo y, por debajo de la mesa, me hacía con un dedo que no. El la estaba cargando a mamá y a mí me tranquilizaba. Se dio cuenta de que yo no quería. Fantástico, ¿no? Y le dio un trabajo a mi papá. Lo nombró agregado económico en Viena. Y a mamá le dijo que le parecía que ella también era muy inteligente, emprendedora y capaz y le consiguió otro puesto en la embajada”
Martha Argerich, na revista Clásica nº 133, Buenos Aires, 1999.

Argerich casou tres veces: a primeira con Robert Chen, pai da súa filla maior, Lyda. Dende 1969 a 1973 estivo casada co director de orquestra Charles Dutoit, que continúa facendo gravacións e concertos coa pianista, e con quen tivo a súa segunda filla, Annie. O seu terceiro marido foi o pianista Stephen Kovacevich, pai da súa terceira filla, Stephanie.

Un dos seus amigos máis próximos é o pianista brasileiro Nelson Freire, que a acompaña frecuentemente en dúos de piano.

Argerich reside habitualmente en Bruxelas.

A súa relativa aversión á prensa e á publicidade mantivérona fóra do primeiro plano mediático durante a maioría da súa carreira profesional. Deu poucas entrevistas e en consecuencia pode non ser tan coñecida como outros pianistas de relevancia similar. Aínda así, é recoñecida como unha das grandes virtuosas do piano do noso tempo.[1]

Carreira profesional

En 1957, gañou dous prestixiosos concursos de piano con tres semanas de diferenza. Máis tarde, en 1965 obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopin, recoñecida polas súas interpretacións de Chopin e Liszt.

En varias reportaxes, Argerich remarcou o seu sentimento de soidade no escenario durante a interpretación, e -quizais por eso- realizou moi poucos recitais de piano solista despois de 1980, centrándose en concertos para piano e orquestra, música de cámara e acompañamento instrumental en sonatas.

Foi recoñecida especialmente polas súas interpretacións de compositores clásicos do século XX, tales como Rachmaninov, Messiaen e Prokofiev. Unha das súas gravacións máis notables reúne o Concerto para piano n.º 3 de Rachmaninov co Concerto para piano n.º 1 de Tchaikovsky.

Obtivo tres premios Grammy, nos anos 2000, 2005 e 2006.

Anualmente no Teatro Colón de Buenos Aires lévase a cabo o Festival Martha Argerich, no cal se ofrecen concertos por músicos e intérpretes de diferentes partes do mundo, e ademais celébrase un concurso de piano no cal Argerich a menudo preside o xurado.

Other Languages
azərbaycanca: Marta Argerix
български: Марта Аргерич
español: Martha Argerich
français: Martha Argerich
italiano: Martha Argerich
Lëtzebuergesch: Martha Argerich
lietuvių: Marta Argerich
Nederlands: Martha Argerich
português: Martha Argerich
Runa Simi: Martha Argerich
română: Martha Argerich
Simple English: Martha Argerich
slovenčina: Martha Argerichová
Türkçe: Martha Argerich
українська: Марта Аргеріх
Tiếng Việt: Martha Agerich
Bân-lâm-gú: Martha Argerich