Marco Xuniano Xustino

Marco Xuniano Xustino
Nome completoMarcus Junianius Justinus
Nacementoc. século I
Falecementoc. século IIxuliano
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónhistoriador e escritor
editar datos en Wikidata ]
Epítome das Historias filípicas de Pompeio Trogo, de Marco Xuniano Xustino, edición de 1519.

Marco Xuniano Xustino ou Xustino Frontino foi un historiador romano dos séculos II-III[1].

Traxectoria

Pouco se coñece da súa historia persoal. É o autor de Historiarum Philippicarum libri XLIV (Historias filípicas), un libro que el mesmo describe no seu prefacio como:

Unha colección das máis importantes e interesantes pasaxes da voluminosa Historiae Phillipicae et totius mundi origines et terrae situs, escrita en tempos de César Augusto por Pompeio Trogo

As obras de Trogo perdéronse, pero o prólogo do texto foi preservado por Plinio e outros escritores. O tema principal de Trogo foi o ascenso e historia da monarquía macedónica, aínda que Xustino permitiuse certas licenzas no que resultou nunha antoloxía e non resumo (ou epítome) do traballo de Trogo.

O libro foi utilizado en gran medida durante a Idade Media, xa que o autor foi confundido en moitas ocasións con San Xustino.

Other Languages