Marco Terencio Varrón

Marco Terencio Varrón
Marco Terenzio Varrone.jpg
Nacemento116 a. C.
 Rieti
Falecemento27 a. C.
 Roma
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor, poeta, teórico musical, filósofo e militar
editar datos en Wikidata ]

Marco Terencio Varrón (en latín: Marcus Terentius Varro), nado en Rieti en -116 e finado en -27, foi un polígrafo, militar e funcionario romano, orixinario da orde ecuestre.

Traxectoria

Lugartenente de Pompeio durante a guerra civil en -49, chegou a ser pretor. Obtido o perdón de Xulio César, foi nomeado por este director das primeiras bibliotecas públicas de Roma. Á morte de Xulio César, confiscáronlle os seus bens por orde de Marco Antonio, que o declarou fóra da lei, pero finalmente Octavio restituíullos. Abandonou entón por completo a carreira militar para dedicarse ao saber e á escritura.

Foi membro da gran burguesía conservadora. Foi un importante político, militar e literato. Destacou pola súa cultura e as súas obras literarias sobre a agricultura.

Other Languages
euskara: Varron
furlan: Varon
Bahasa Indonesia: Marcus Terentius Varro
íslenska: Varró
srpskohrvatski / српскохрватски: Marko Terencije Varon
shqip: Varroni
Türkmençe: Mark Terensi Waro