Marcello Mastroianni

Marcello Mastroianni
Mastroianni 1991.2.jpg
Marcello Mastroianni, 1991.
Nome completoMarcello Vincenzo Domenico Mastroianni
Nacemento28 de setembro de 1924
LugarFontana Liri, Italia
Falecemento19 de decembro de 1996
LugarParís, Francia
Causacancro de páncreas
SoterradoCampo di Verano
NacionalidadeItalia
EtniaPobo italiano
Cónxuxe(s)Flora Carabella
FillosChiara Mastroianni
ProfesiónActor (1938 - 1996)
editar datos en Wikidata ]

Marcello Mastroianni, nado en Fontana Liri, Italia, o 28 de setembro de 1924 e finado en París, Francia, o 19 de decembro de 1996, foi un célebre actor italiano.

Traxectoria

Nado en Fontana Liri, unha pequena poboación dos Apeninos, Mastroianni creceu en Turín e Roma. Durante a Segunda Guerra Mundial foi recluído nun campo de concentración nazi, pero logrou escapar e permaneceu escondido en Venecia ata que pasou o perigo.

En 1945 comezou a traballar como figurante para unha compañía cinematográfica á vez que tomaba leccións de interpretación, pero ata 1947 non debutou na gran pantalla; foi con I Miserabili, adaptación da novela de Victor Hugo.

En moi pouco tempo Marcello Mastroianni converteuse nunha estrela grazas ás súas interpretacións en Rufufú, de Mario Monicelli e, sobre todo, a que Federico Fellini escolleuno para protagonizar a súa La dolce vita xunto a Anita Ekberg que, a pesar da súa pequena presenza na película, foi un considerable reclamo publicitario. A colaboración con Fellini, a longo prazo tan frutífera, continuou en , na que Mastroianni interpretaba a un director de cine frustrado e mullereiro, Guido Anselmi, marcado con inequívocos trazos autobiográficos do propio Fellini.

En 1948 produciuse a súa voda coa actriz italiana Floriana Clarabella, coa que tivo unha filla Barbara e que lle acompañou ata o fin dos seus días, como tamén o fixo Catherine Deneuve, a súa famosísima amante e nai de Chiara Mastroianni, a segunda das súas fillas.

Other Languages
azərbaycanca: Marçello Mastroyanni
беларуская: Марчэла Мастраяні
беларуская (тарашкевіца)‎: Марчэльлё Мастраяньні
Bahasa Indonesia: Marcello Mastroianni
Lëtzebuergesch: Marcello Mastroianni
Livvinkarjala: Marcello Mastroianni
srpskohrvatski / српскохрватски: Marcello Mastroianni
Simple English: Marcello Mastroianni
Tiếng Việt: Marcello Mastroianni
Bân-lâm-gú: Marcello Mastroianni