Marca rexistrada

Logotipo de "Marca rexistrada".

Unha marca rexistrada considérase —a efectos legais— unha forma de rexistro sobre calquera símbolo utilizado para identificar de maneira exclusiva un ou varios produtos comerciais ou servizos. Dito símbolo adoita denominarse como marca rexistrada (en inglés, trademark), a cal se mostra de forma abreviada coas iconas , M.R. ou ®, aínda que isto non é indicativo do rexistro ante a autoridade competente.

O símbolo dunha marca rexistrada pode ser unha palabra ou unha frase, unha imaxe ou un deseño, e o uso do mesmo para identificar un produto ou servizo só lle está permitido á persoa física ou xurídica que realizou o rexistro de dita marca ou a que estea debidamente autorizada por quen a rexistrou.

Unha marca rexistrada determina a identidade gráfica/física/operativa dun produto ou servizo. Inclúe elementos gráfico-visuais propios que diferencian o artigo dos dos seus competidores, proporcionándolle certa identidade no sector comercial. Ademais, trátase dunha identidade rexistrada, protexida polas lei correspondentes, que pode utilizarse con exclusividade.

Na industria farmacéutica a marca denomínase nome comercial, xa que é o nome que identifica o medicamento dun determinado laboratorio farmacéutico. O nome comercial adoita ser moi distinto do nome do principio activo do medicamento, que se identifica como Denominación común internacional (DCI) ou nome xenérico. Algúns laboratorios fabricantes de produtos xenéricos utilizan como nome comercial o nome do "principio activo" seguido do nome do seu laboratorio (por exemplo, Ibuprofeno Normon), ou mesmo o nome do principio activo seguido do "nome comercial" que utilizaba antes o laboratorio (por exemplo, Amoxicilina Ardine).

Other Languages
العربية: علامة تجارية
azərbaycanca: Əmtəə nişanı
беларуская: Таварны знак
беларуская (тарашкевіца)‎: Таварны знак
български: Търговска марка
dansk: Varemærke
Deutsch: Marke (Recht)
Ελληνικά: Εμπορικό σήμα
English: Trademark
Esperanto: Registrita marko
eesti: Kaubamärk
Frysk: Merknammen
Gaeilge: Trádmharc
עברית: סימן מסחר
hrvatski: Žig
magyar: Védjegy
հայերեն: Ապրանքանիշ
Bahasa Indonesia: Merek
íslenska: Vörumerki
日本語: 商標
한국어: 상표
lietuvių: Prekės ženklas
Bahasa Melayu: Tanda dagangan
Nederlands: Merk
norsk nynorsk: Varemerke
norsk: Varemerke
português: Marca registrada
Scots: Tred merk
srpskohrvatski / српскохрватски: Registrirani zaštitni znak
සිංහල: වෙළඳ ලකුණ
Simple English: Trademark
slovenčina: Ochranná známka
slovenščina: Blagovna znamka
српски / srpski: Жиг
svenska: Varumärke
Türkçe: Alametifarika
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: تاۋار ماركىسى
Tiếng Việt: Thương hiệu
中文: 商标
Bân-lâm-gú: Siong-phiau
粵語: 嘜頭