María Ponce

María Eugenia Ponce de Bianco, nada en Tucumán o 6 de xullo de 1924 e finada no mar Arxentino (cerca de Santa Teresita) o 17 ou 18 de decembro de 1977, foi unha activista social arxentina, membro da organización guerrilleira Ejército Revolucionario del Pueblo (ERP) e unha das fundadoras da asociación das Nais de Praza de Maio, dedicada a buscar aos " desaparecidos" durante a guerra sucia na Arxentina, motivo polo cal foi secuestrada, torturada e asasinada.

A súa vida

María Ponce naceu en Tucumán. Desde moza manifestou preocupacións sociais que a levaron a afiliarse ao Partido Comunista.

O 24 de marzo de 1976 produciuse un golpe de estado na Arxentina que instalou un réximen fundado no terrorismo de estado. Nesas circunstancias María deixou de pertencer ao Partido Comunista debido ao apoio que esta organización brindou á ditadura militar e a súa negativa a denunciar as violacións de dereitos humanos. Simultaneamente ingresou á organización guerrilleira Ejército Revolucionario del Pueblo (ERP) e comezou a colaborar cos familiares de desaparecidos e a participar das roldas na Praza de Maio que orixinaron a asociación Nais de Praza de Maio [1].

Other Languages
español: María Ponce