María II de Inglaterra

Retrato feito por Sir Godfrey Kneller, 1690.

María II de Inglaterra, nada o 30 de abril de 1662, e finada o 28 de decembro de 1694 foi raíña de Inglaterra, Escocia e Irlanda xunto co seu marido e curmán Guillerme de Orange, dende 1689 até a súa morte. Guillerme e María, ámbolos dous protestantes, convertéronse en rei e raíña reinante despois da Revolución Gloriosa, que significou a adopción da Declaración de Dereitos de 1689 e a deposición do seu pai católico Xacobe II e VII. Guillerme converteuse no único gobernante despois da morte de Maía en 1694.

María exercía menos poder que Guillerme cando estaba en Inglaterra, cedendo a maior parte da súa autoridade nel, aínda que dependía en gran medida dela. Porén, actuou soa cando Guillerme estaba involucrado en campañas militares no estranxeiro, demostrando ser unha gobernante poderosa, firme e efectiva.

  • véxase tamén

Véxase tamén

Bibliografía

  • Van der Kiste, John (2003) William and Mary. Stroud, Gloucestershire: Sutton Publishing. ISBN 0-7509-3048-9.
  • Waller, Maureen (2006). Sovereign Ladies: The Six Reigning Queens of England. Londres: John Murray. ISBN 978-0-7195-6628-8.
Other Languages
български: Мария II Стюарт
brezhoneg: Mari II Bro-Saoz
eesti: Mary II
Bahasa Indonesia: Mary II dari Inggris
ქართული: მერი II
Lëtzebuergesch: Mary II. vun England
македонски: Марија II
Bahasa Melayu: Mary II dari England
norsk nynorsk: Maria II av England
संस्कृतम्: मेरी २
srpskohrvatski / српскохрватски: Mary II od Engleske
Simple English: Mary II of England
српски / srpski: Мери II од Енглеске
Türkçe: II. Mary
Tiếng Việt: Mary II của Anh
粵語: 瑪麗二世