Manuel Pavía

Manuel Pavía
General Pavia.jpg
Nacemento2 de agosto de 1827
 Cádiz
Falecemento4 de xaneiro de 1895
 Madrid
Soterradocemiterio de San Xusto
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
PremiosGrand Cross of the Order of Charles III
editar datos en Wikidata ]

Manuel Pavía y Rodríguez de Alburquerque, nado en Cádiz o 2 de agosto de 1827 e finado en Madrid o 4 de xaneiro de 1895, foi un xeneral español autor do golpe de Estado que acabou coa Primeira República Española en 1874. Non debe ser confundido co xeneral Manuel Pavía y Lacy -como acontece, por exemplo, na novela de Ian Gibson "La berlina de Prim" onde de forma reiterada é cualificado como "o perdedor de Alcolea"-, marqués de Novaliches e xefe das tropas isabelinas derrotadas en Alcolea (1868).[1].

Traxectoria

Soldados dirixidos por Pavía entran no Congreso dos Deputados.

Pavía ingresou na Escola Real de Artillería de Segovia en 1841. Ascendeu a tenente en 1846, a capitán en 1855 e a maior en 1862. Tres anos máis tarde uniuse ó Xeneral Prim e tomou parte nos movementos revolucionarios de 1866, e tras dous anos de exilio, na Gloriosa de 1868 que destronou a raíña Isabel II. Non debe ser confundido este militar -como si acontece, por exemplo, na novela de Ian Gibson, "La berlina de Prim", onde reiteradamente é considerado "el perdedor de Alcolea"- con Manuel Pavía y Lacy, marqués de Novaliches, xefe das tropas fieis a Isabel II, derrotadas polo xeneral Serrano na batalla da ponte de Alcolea (1868). Durante a Primeira República combateu contra os carlistas en Navarra e contra os movementos cantonais en Andalucía. Sendo designado durante a presidencia de Emilio Castelar, Capitán Xeneral de Castela a Nova.

3 de xaneiro de 1874, cando Castelar perde unha moción de confianza, o xeneral Pavía enviou unha dotación ás Cortes, disolvéndoas e acabando co réxime parlamentario. Tras o golpe de Estado, Pavía convocou a todos os partidos políticos, coa excepción de cantonalistas e carlistas, para formar un goberno de concentración nacional, que deu o poder ó xeneral Serrano.

Durante o reinado de Afonso XII foi nomeado Capitán Xeneral de Cataluña, cargo que ostentou ata 1881