Manuel I Comneno

Manuel I Comneno
Manuel I Comnenus.jpg
Fresco de Manuel I Comneno Megas (O Grande)
Nacemento28 de novembro de 1118
 Constantinopla
Falecemento24 de setembro de 1180
 Constantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
OcupaciónEmperador
PaiXoán II Comneno
NaiPiroska da Hungria
CónxuxeMaria de Antioquia e Berta de Sulzbach
FillosAleixo II Comneno, Maria Comnena e Alexios Komnenos
IrmánsAleixo Comneno, Andrónico Comneno e Isaac Comneno
editar datos en Wikidata ]

Manuel I Comneno Megas, O Grande (28 de novembro de 1118? - 24 de setembro de 1180) emperador bizantino entre 1143 e 1180. Foi o cuarto fillo de Xoán II Comneno e Piroska -bautizada como Irene ao converterse á fe ortodoxa-, a filla do Rei Ladislau I de Hungría.

Manuel foi un xeneral valente e ata destacou aínda máis por ser un hábil diplomático e estadista do Imperio Bizantino. Famoso polo seu carisma e pola súa paixón por Occidente, trabou amizade persoal co Emperador alemán Conrado III, e ata curou as súas feridas despois do fracaso da Segunda Cruzada. Adoutrinado coa idea dun Imperio universal, e cunha paixón polo debate teolóxico, foi tamén quizais o único Cabaleiro-emperador segundo as normas da cabalería da época de Bizancio. El é un representante dunha nova clase de gobernantes bizantinos que estiveron baixo a influencia do contacto cos cruzados occidentais. O costume gardado na súa corte non se inspirou pola opulencia bizantina tradicional. Amou as tradicións occidentais e celebrou torneos e xustas, mesmo participando neles, algo estraño e inquietante a ollos dos bizantinos.

Considerabelmente menos piadoso que o seu pai, Xoán II Comneno, foi un emperador enérxico e brillante que distinguiu posibilidades en todas partes, e cuxa perspectiva optimista conformou a súa visión da política exterior bizantina.

Certos comentaristas e historiadores criticaron algúns dos seus obxectivos tan pouco realistas, en particular a súa proposta de invasión de Exipto como proba dos seus soños de grandeza a unha escala inaccesíbel. Con todo, para Manuel, tales iniciativas eran tentativas simplemente ambiciosas de aproveitar as circunstancias que se lle presentaron.

Téndose distinguido na guerra do seu pai fronte aos turcos selxúcidas, foi elevado á categoría de emperador en detrimento do seu irmán maior. Dotado dun físico refinado e gran coraxe persoal, dedicouse incondicionalmente a unha carreira militar. Esforzouse por restaurar pola forza das armas o predominio do Imperio Bizantino nos países do Mediterráneo, e estivo implicado en conflitos bélicos cos seus veciños en todas as frontes do Imperio.

A Segunda Cruzada e Reinaldo de Chatillon

A primeira proba para o reinado de Manuel chegou en 1144 cando tivo que facer fronte a unha demanda de Raimundo, príncipe de Antioquía que esixía a cesión dos territorios de Cilicia. Con todo, ese mesmo ano, o condado de Edesa (tamén Cruzado) foi absorbido pola crecente presión musulmá de Imad al-Din Atabeg Zengi. Co flanco oriental en perigo, a Raimundo só lle quedou a opción dunha visita humillante a Constantinopla, pois a axuda inmediata desde occidente era impensábel. Non tivo máis remedio que tragarse o seu orgullo e pedir a protección do emperador. Tras someterse a Manuel, prometéuselle o apoio solicitado e aseguraouse a súa dependencia de Bizancio.

Con todo, Manuel decidiu non proseguir máis aló nos seus éxitos iniciais en oriente, pois os acontecementos en occidente requirían a súa presenza urxentemente. En 1147 permitiu o paso polos seus dominios de dous exércitos da Segunda Cruzada, baixo o emperador Conrado III e o rei Luís VII de Francia. Na época, aínda había membros da corte bizantina que recordaban o paso da Primeira Cruzada. A cruzada fora un episodio que marcou a memoria colectiva da época e que fascinara á tía de Manuel Ana Comnena, que describe a algúns líderes da mesma na súa Alexíada, unha biografía do seu pai, o avó de Manuel, Aleixo I Comneno. Moitos bizantinos temían á cruzada, e esta impresión resultaba reforzada polos numerosos actos de vandalismo e roubos levados a cabo polas tropas na súa marcha polo territorio bizantino. As tropas bizantinas seguiron aos cruzados intentando vixiar e controlar o seu comportamento, ás que se uniron outras forzas en Constantinopla para defender a capital. Esta decisión foi razoábel, pero aínda así, producíronse moitos choques violentos entre francos e gregos, dos que ao parecer foron responsábeis os dous bandos, e que estiveron a piques de precipitar un conflito aberto entre Manuel e os cruzados. Manuel, con prudencia, reforzara a súa alianza con Conrado, casando coa cuñada deste, Berta de Sulzbach. Pero Conrado morrería en 1152 e malia os repetidos intentos, non puido chegar a un acordo similar co seu sucesor Federico I Barbarroxa.

A atención de Manuel tivo que volverse a Antioquía de novo en 1156, nesta ocasión por mor dun feito atroz: Reinaldo de Chatillon, o novo príncipe de Antioquía, invadiu a provincia bizantina de Chipre e, tras saquear ao illa e desposuíla de todas as súas riquezas, o seu exército mutilou aos superviventes non sen antes obrigalos a recomprar os seus rabaños a prezos exorbitantes co pouco que lles quedaba. Manuel respondeu a este ataque no seu estilo enérxico típico. Reuniu un enorme exército e non perdeu o tempo en marchar sobre o Principado de Antioquía. De feito, a velocidade do seu avance foi tal que sorprendeu aos armenios de Cilicia, cuxo príncipe participara no ataque a Chipre.

As noticias do avance bizantino chegaron a Antioquía. Reinaldo, sabedor de que non podería resistir nin esperar o apoio do rei de Xerusalén, Balduíno III (pois este non aprobara o ataque a Chipre), decidiu que a única saída era a submisión. Presentouse ante o emperador vestido de saco e rogando o perdón. Manuel aceptou perdoalo se pasaba a ser vasalo imperial. Manuel non só desexaba recuperar Antioquía para o Imperio, senón que tamén pretendía utilizar aos latinos e a Occidente en xeral para reforzar a posición do Imperio. Tiña especial interese en conseguir que os cruzados actuasen en Exipto, un territorio sobre o que Bizancio non interviñera durante séculos.

Satisfeito cos resultados, Manuel volveu a Constantinopla, derrotando tamén aos turcos que o sorprenderon polo camiño. Ao ano seguinte expulsou aos selxúcidas de Isauria. Pero a situación nos Balcáns e en occidente requiriu entón a súa atención.

Other Languages
Alemannisch: Manuel I. (Byzanz)
aragonés: Manuel I Comneno
asturianu: Manuel I Comnenu
беларуская: Мануіл I Камнін
беларуская (тарашкевіца)‎: Мануіл I Камнін
български: Мануил I Комнин
bosanski: Manuel I Komnen
Bahasa Indonesia: Manouel I Komnenos
македонски: Мануил I Комнин
Nederlands: Manuel I Komnenos
português: Manuel I Comneno
română: Manuel I Comnen
srpskohrvatski / српскохрватски: Manojlo I Komnin
slovenščina: Manuel I. Komnen
српски / srpski: Манојло I Комнин
Türkçe: I. Manuil
українська: Мануїл I
Tiếng Việt: Manuel I Komnenos