Manetón

Manetón
Nacementoséculo II a. C.
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeExipto
Ocupaciónsacerdote, historiador e clérigo
editar datos en Wikidata ]

Manetón, nado por volta do século III a.C., foi un sacerdote e historiador exipcio de Sebenitos durante os reinados de Tolomeo I e Tolomeo II. Foi o autor da Aigyptiaká (Historia do Exipto), na que organizou os gobernantes de Exipto nas dinastías nas que se apoia a exiptoloxía moderna.

Traxectoria

Non hai fontes que indiquen as datas do seu nacemento e pasamento, mais a súa obra asóciase habitualmente cos reinados de Tolomeo I Soter (323-283 a.C.) e Tolomeo II Filadelfo (285-283 a.C.). No Papiro Hibeh, datado en 240/1 a.C. menciónase a un Manetón e, se se trata do mesmo, daquela tería traballado tamén durante o reinado de Tolomeo III Everxetes (246-222 a.C.). Manetón era probabelmente un sacerdote do deus sol Ra en Heliópolis ( Syncellus asegura que era o sacerdote superior) e considerábaselle tamén unha autoridade no culto de Serapis, unha derivación de Osiris- Apis. Serapis era unha derivación greco-macedónica do culto exipcio iniciada coa conquista de Alexandre Magno. Un dos dous primeiros Tolomeos importara unha estatua do deus entre 286 e 278 a.C., proxecto supervisado por Timoteo de Atenas (unha autoridade en Deméter en Eleusis e Manetón.

Malia ser exipcio e escribir sobre temas exipcios usou exclusivamente o grego. As obras coñecidas son Aigyptiaka, Contra Herodoto, O Libro Sagrado, Sobre a antigüidade e a relixión, Sobre os festivais, Sobre a preparación de Kyphi, Breviario de Física e Libro de Sothis.

Other Languages
Afrikaans: Manetho
العربية: مانيتون
مصرى: مانيتون
беларуская: Манефон
български: Манетон
català: Manethó
čeština: Manehto
dansk: Manethon
Deutsch: Manetho
Ελληνικά: Μανέθων
English: Manetho
Esperanto: Manetono
español: Manetón
euskara: Maneton
فارسی: مان‌تو
suomi: Manetho
עברית: מנתון
hrvatski: Maneton
magyar: Manethón
հայերեն: Մանեթոն
Bahasa Indonesia: Manetho
íslenska: Maneþon
italiano: Manetone
日本語: マネト
Basa Jawa: Manetho
ქართული: მანეთონი
한국어: 마네토
Latina: Manetho
lietuvių: Maneto
Bahasa Melayu: Manetho
Mirandés: Máneton
Nederlands: Manetho
norsk: Manetho
occitan: Maneton
polski: Manethon
português: Mâneton
română: Manetho
русский: Манефон
Scots: Manetho
srpskohrvatski / српскохрватски: Manethon
Simple English: Manetho
slovenčina: Manehto
slovenščina: Maneton
shqip: Manetho
српски / srpski: Манетон
svenska: Manetho
Tagalog: Manetho
Türkçe: Manetho
українська: Манефон
Tiếng Việt: Manetho
Winaray: Manetho
吴语: 曼涅托
Yorùbá: Manetho
中文: 曼涅托