Mandarín

Mandarín
北方话, běifāng huà
Pronuncia:"běifāng huà", de acordo coas regras do pinyin
Outros nomes:北方話 en escrita chinesa tradicional
Falado en:República Popular da China, Taiwán (Formosa), Singapur
Rexións: Leste de Asia
Total de falantes:885 millóns
Posición: 1
Familia:Sino-tibetana
 Linguas chinesas
  Mandarín
Estatuto oficial
Lingua oficial de: o mandarín estándar (普通话/pǔtōnghuà) é oficial na República Popular da China, Taiwán (Formosa), Singapur
Regulado por: sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1:zh
ISO 639-2:chi (B)zho (T)
ISO 639-3: cmn
SIL: CHN
Mandarin and Jin in China.png

O mandarín[1] (北方話[2], 北方话[3], běifāng huà [4], "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste da China continental.

Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a do mandarín estándar ou padrón (普通話[2] / 普通话[3], pǔtōnghuà[4], "lingua común", tamén chamada 漢語[2] / 汉语[3], hànyǔ[4], "lingua dos Hàn" [5], o cal se refire á lingua oficial da República Popular de China desde 1956, a lingua oficial de Taiwán(Formosa), e unha das catro linguas oficiais de Singapur.

O mandarín escríbese por medio de sinogramas, que son susceptíbeis de ser transcritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en pinyin (como na maioría dos artigos da Wikipedia), mais tamén en bopomofo.

O mandarín (a miúdo chamado simplemente chinés) é a lingua máis falada do mundo (debido á elevada poboación da China). Porén, aínda cando hoxe é ensinado a todos os chineses, os máis vellos non falan todos o mandarín senón outras linguas chinesas, como o cantonés, ou distintas como o tibetano ou o mongol. O mandarín, que os dirixentes comunistas designaron como a lingua vehicular da súa nación enteira (de aí o termo pǔtōnghuà, «lingua común»), era primitivamente o idioma das comunidades chinesas do norte do país. Mesmo posuíndo unha antiga historia literaria, o mandarín non deriva da lingua clásica literaria e artificial (文言 wényán), abandonada en 1919, logo de ter sido utilizada como lingua escrita oficial e literariamente durante máis de dous mil anos; por contra, foi dunha lingua vernácula falada (, «lingua simple») da que procede o mandarín. En 1956, foi a variante de Pequín a promovida ao rango de lingua oficial, sendo considerada a miúdo como a variante patrón deste idioma. O mandarín de Pequín posúe, porén, peculiaridades (como a utilización frecuente da retroflexión vocálica marcada por medio do sufixo -er) e dise tamén que os pequineses teñen un «acento». O mandarín dun taiwanés será, porén, moi pouco diferente do dun pequinés.

Fóra da China, hai importantes comunidades chinesas que comparten esta lingua, a cal é ensinada en numerosos colexios e universidades do mundo.

Como as outras linguas chinesas, é unha lingua de tons. Emprega catro tonemas, que cambian o sentido ou significado da palabra, alto e chan, ascendente, lixeiramente descendente logo ascendente (modulado) e descendente.

Os tons son representados na China por tiles sobre das vogais das sílabas da escrita romanizada dita pinyin e, en Taiwan, polas mesmas tiles sobre dos grafemas do bopomofo. Tamén se utiliza o número do ton no final da sílaba cando as dificultades técnicas (teclado etc) impiden colocar ou ler os tiles.

Denominacións

O termo galego -usado tamén noutras linguas europeas- procede do portugués mandarim (a súa vez tomado do malaio mentari ou mantari, neste idioma é empréstamo do sánscrito mantrin-, é dicir «ministro») ; é a tradución do chinés 官話/官话 guānhuà, que significa literalmente « lingua dos mandaríns » (maxistrados do Imperio chinés). O termo guānhuà considérase unha denominación arcaica polos sinófonos de hoxe en día.

Na República Popular China, a lingua é nomeada 普通話[2] / 普通话[3], pǔtōnghuà[4], «lingua común» ou 國語[2] / 国语, guóyǔ[3], [4] «lingua nacional». En Taiwan denomínase oficialmente 國語[2] / 国语[3], guóyǔ[4]. Nas comunidades chinesas do estranxeiro, especialmente no Sueste asiático, a lingua é coñecida como 華語[2] / 华语[3], huáyǔ[4], «lingua chinesa» 華[2] / 华 [3], huá[4] é unha palabra que designa de xeito principal a cultura chinesa). O termo Hanyu 漢語 sinala o conxunto dos dialectos da etnia Han, e non só o mandarín: así, o cantonés é unha variante do Hanyu, («lingua dos Han»), do mesmo rango que o mandarín. Pola súa pronunciación (especialmente a presenza ou non de consoantes finais diferentes de n), os distintos dialectos poden ser máis ou menos próximos ao chinés arcaico. A este respecto, o hakka e o cantonés están máis próximos á lingua orixinal do que o mandarín.

Other Languages
Afrikaans: Mandaryns
asturianu: Chinu mandarín
Bikol Central: Intsik na Mandarin
български: Мандарин
català: Mandarí
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Háng-ngṳ̄ Guăng-uâ
Cebuano: Minandarin
Zazaki: Mandarinki
emiliàn e rumagnòl: Cinéś mandarèin
español: Chino mandarín
euskara: Mandarinera
Frysk: Mandarynsk
Gaelg: Mandarin
עברית: מנדרינית
Bahasa Indonesia: Bahasa Mandarin
íslenska: Mandarín
日本語: 官話
한국어: 관화
Minangkabau: Bahaso Mandarin
македонски: Мандарински јазик
മലയാളം: മാൻഡറിൻ
Bahasa Melayu: Bahasa Mandarin
مازِرونی: ماندارین
Plattdüütsch: Mandarin
नेपाल भाषा: मन्दारिन भाषा
Nederlands: Mandarijn (taal)
norsk nynorsk: Mandarinspråk
occitan: Mandarin
Papiamentu: Chines mandarin
português: Língua mandarim
srpskohrvatski / српскохрватски: Mandarinski jezik
Simple English: Mandarin Chinese
српски / srpski: Мандарински језик
Kiswahili: Kimandarin
Türkçe: Mandarin
українська: Мандаринська мова
Tiếng Việt: Quan thoại
walon: Mandarin
吴语: 北语
Vahcuengh: Bujdunghva
中文: 官话
文言: 官話
Bân-lâm-gú: Hàn-gí Koaⁿ-ōe
粵語: 官話