Madagascar

República de Madagascar
Repoblikan'i Madagasikara
Republique de Madagascar
Bandeira de Madagascar
Selo de Madagascar
BandeiraSelo
MDG orthographic.svg
Lema: "Fitiavana, Tanindrazana, Fandrosoana"
(malgaxe: Amor, Patria, Progreso)[1]
Himno: Ry Tanindraza nay malala ô
Capital
 • Poboación
Antananarivo
1 688 000 (2001)
Cidade máis poboadaAntananarivo
Linguas oficiaisMalgaxe, Francés
Forma de gobernoRepública parlamentaria
Hery Rajaonarimampianina
Christian Ntsay
Independencia de Francia26 de xuño de 1960
SuperficiePosto 45º
 • Total587 041 km²
 • % auga0,9
Fronteiras0 km
Costas4 828 km
PoboaciónPosto 53º
 • Total (2004 est.)17 501 871 hab.
 • Densidade31 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 119º
 • Total (2005)16 323 millóns US$
 • per cápita911 US$
MoedaAriary (MGA)
IDHn/d
XentilicioMalgaxe[2]
Fuso horarioUTC +3
 • Horario de veránUTC +3
Dominio de Internet.mg
Prefixo telefónico+261
Prefixo radiofónico6XA-6XZ, 5RA-5SZ
Código ISO450 / MDG / MG
Membro de: ONU, UA

A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a máis grande de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso, é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos. De entre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primates, tres especies de paxaros endémicas e súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é "malgaxe". A principal lingua falada no país é o malgaxe.

Os veciños máis próximos de Madagascar son a posesión francesa de Mayotte, no noroeste; a posesión francesa da Reunión, no leste; as illas dispersas do Océano Índico, Illas Gloriosas (noroeste), Juan de Novoa (oeste), Bassas da India, Illa Europa (suroeste) e Tromelin (leste); as Comores no noroeste; e as Seychelles no norte. A súa capital é a cidade de Antananarivo.

Historia

Os primeiros habitantes de Madagascar chegaron de Asia entre os anos 100 e 500 da Era Cristiá. Os comerciantes árabes chegaron no século VII.

Os primeiros europeos que chegaron á illa foron os portugueses, mandados polo navegante Diogo Dias, o 10 de agosto de 1500.

Durante os dous séculos seguintes, Portugal, España, Gran Bretaña e Francia intentaron instalarse na costa, pero foron expulsados pola resistencia dos nativos, que a finais do século XVII se unificaron baixo o reino Merina, con sede na meseta central. Finalmente, os franceses conseguiron a súa intención de construír bases comerciais nas costas malgaxes, algunhas veces pola forza e doutras diplomaticamente, a finais do século XVIII.

Durante as Guerras Napoleónicas, o rei Radama I de Imerina púxose do lado dos británicos, que aumentaron a súa influencia dentro da illa á custa dos franceses e adestraron os nativos no uso de armas modernas. Porén, logo da morte de Radama I en 1828 perseguíronse os británicos, incluíndo os misioneiros. Durante o reinado de Radama II (18611863) introducíronse unha serie reformas modernas e Madagascar abriuse ao contacto con franceses e británicos, o que causou que os sectores máis tradicionais matasen o rei e desen marcha atrás aos cambios. Francia anexou a illa por completo en 1895 logo de derrotar a raíña Ranavalona III. Esta exiliouse un ano despois, á vez que se instituía un mandato militar francés e Madagascar era proclamada colonia francesa.

Xa en 1916, os franceses tiveron problemas coas organizacións secretas nacionalistas, pero lograron manter a orde. Francia só perdeu o control da illa durante 1942, cando os británicos a ocuparon por medo a que Xapón se fixese con Madagascar. En 1943 foi entregada á Francia Libre e en 1946 deixou de ser colonia e converteuse en territorio de ultramar francés. Isto non impediu que o ano seguinte estalase unha revolta que forzou a Francia a convocar eleccións na illa, que gañaron os independentistas moderados. En 1960 Madagascar independizouse totalmente de Francia e instituíuse unha república baixo o goberno de Philibert Tsiranana, líder do Partido Socialdemócrata.

En 1975 houbo un golpe de estado militar que puxo o goberno en mans do capitán de fragata Didier Ratsiraka, que gobernou con puño de ferro ata que en 1992 as presións populares o obrigaron a designar un goberno de transición á democracia. Ratsiraka foi derrotado nas eleccións presidenciais de 1993 por Albert Zafy, pero gañou as lexislativas que se celebraron simultaneamente.

A situación de tensión entre os partidarios de Ratsiraka e o goberno de Zafy levou á destitución deste último polo parlamento en 1996, sendo substituído por Norbert Ratsirahonana. Este era un colaborador de Zafy que gobernou coa súa axuda até as eleccións de 1997, nas que Ratsiraka se fixo novamente co poder. Didier Ratsiraka conservaría o poder até as eleccións presidenciais de decembro de 2001, cando tras uns resultados controvertidos, o seu rival, o até entón alcalde de Antananarivo, Marc Ravalomanana se declarou gañador por maioría absoluta da primeira volta das eleccións, acusando de fraude ao goberno, que publicara uns resultados que facían necesaria unha segunda volta.

A crispación da primeira metade do ano 2002 chegou a ameazar coa posibilidade dunha guerra civil. A sociedade e o propio exército malgaxes dividíronse en dous, coa capital Antananarivo convertida en bastión de Ravalomanana, mentres Ratsiraka dirixía un goberno na cidade costeira de Toamasina. A comunidade internacional fixo diversos chamamento ao diálogo e á paz. Ravalomanana conseguiu consolidar o seu poder, mentres Ratsiraka ía perdendo apoios. En xuño de 2002, algúns países como os Estados Unidos, Suíza e Noruega recoñecían o goberno de Ravalomanana. Outros países europeos agardaron a decisión final de Francia que, a principios de xullo, se dirixía publicamente a Ravalomanana como «presidente de Madagascar». O recoñecemento internacional confirmou o poder de Ravalomanana, e Ratsiraka fuxiu finalmente do país, refuxiándose en Francia.

Dende a consolidación do poder por parte de Marc Ravalomanana, o país conseguiu alcanzar unhas cotas moi altas de crecemento económico, apoiado por cuantiosas axudas de institucións internacionais como o Banco Mundial.

En xaneiro de 2009 comezaron unhas protestas contra o goberno. A violencia enfrontou a Marc Ravalomanana contra Andy Rajoelina, alcalde da capital, Antananarivo. Máis de 170 persoas perderon a vida. Rajoelina pediu aos seus seguidores que saísen as rúas contra Ravalomanana, en contra do seu modo de vida "autocrático" e a súa política económica.

O día 16 de marzo de 2009 militares da oposición ao goberno de Marc Ravalomanana tomaron distintos edificios estatais como o Banco Central. O día seguinte o presidente da república dimitiu, e cedeu o control ao almirante Hyppolite Ramaroson, mais a maior parte da cúpula militar apoiou a Andry Rajoelina, polo que este último se proclamou a si mesmo presidente, dicindo que organizaría eleccións presidenciais dous anos despois.

Aínda que os gobernos estranxeiros evitaron lexitimar este cambio de poder, a Corte Constitucional recoñeceu a orde de traspaso de poderes do directorio militar. A Corte declarou que Andry Rajoelina exercía as atribucións do presidente da República enunciadas polas disposicións da Constitución.

Other Languages
Acèh: Madagaskar
Afrikaans: Madagaskar
Alemannisch: Madagaskar
አማርኛ: ማዳጋስካር
aragonés: Madagascar
Ænglisc: Madagascar
العربية: مدغشقر
asturianu: Madagascar
azərbaycanca: Madaqaskar
تۆرکجه: ماداقاسکار
башҡортса: Мадагаскар
žemaitėška: Madagaskars
Bikol Central: Madagaskar
беларуская: Мадагаскар
беларуская (тарашкевіца)‎: Мадагаскар
български: Мадагаскар
भोजपुरी: मेडागास्कर
Bislama: Madagaskar
Bahasa Banjar: Madagaskar
bamanankan: Madagaskar
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: মাদাগাস্কার
brezhoneg: Madagaskar
bosanski: Madagaskar
буряад: Мадагаскар
català: Madagascar
Chavacano de Zamboanga: Madagascar
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Madagascar
нохчийн: Мадагаскар
Cebuano: Madagascar
Tsetsêhestâhese: Madagascar
qırımtatarca: Madagaskar
čeština: Madagaskar
Cymraeg: Madagasgar
dansk: Madagaskar
Deutsch: Madagaskar
Zazaki: Madagaskar
dolnoserbski: Madagaskar
डोटेली: मडागास्कर
ދިވެހިބަސް: މަޑަގަސްކަރަ
eʋegbe: Malagasi
Ελληνικά: Μαδαγασκάρη
English: Madagascar
Esperanto: Madagaskaro
español: Madagascar
eesti: Madagaskar
euskara: Madagaskar
estremeñu: Madagascal
suomi: Madagaskar
Võro: Madagaskar
Na Vosa Vakaviti: Madagasikar
føroyskt: Madagaskar
français: Madagascar
arpetan: Madagascâr
Nordfriisk: Madagaskar
Frysk: Madagaskar
Gaeilge: Madagascar
Gagauz: Madagaskar
Gàidhlig: Madagascar
Avañe'ẽ: Mandagaka
ગુજરાતી: મડાગાસ્કર
Gaelg: Madagascar
Hausa: Madagaskar
客家語/Hak-kâ-ngî: Madagascar
עברית: מדגסקר
हिन्दी: मेडागास्कर
Fiji Hindi: Madagascar
hrvatski: Madagaskar
hornjoserbsce: Madagaskar
Kreyòl ayisyen: Madagaskar
magyar: Madagaszkár
հայերեն: Մադագասկար
interlingua: Madagascar
Bahasa Indonesia: Madagaskar
Interlingue: Madagascar
Ilokano: Madagascar
íslenska: Madagaskar
italiano: Madagascar
Patois: Madagiaska
Basa Jawa: Madagaskar
ქართული: მადაგასკარი
Qaraqalpaqsha: Madagaskar
Taqbaylit: Madagaskar
Kabɩyɛ: Madakasɩkarɩ
Kongo: Malagasi
Gĩkũyũ: Madagascar
қазақша: Мадагаскар
kalaallisut: Madagascar
kurdî: Madagaskar
kernowek: Madagaskar
Кыргызча: Мадагаскар
Latina: Madagascaria
Ladino: Madagaskar
Lëtzebuergesch: Madagaskar
Lingua Franca Nova: Madagasicara
Luganda: Madagascar
Limburgs: Madagaskar
Ligure: Madagascar
lumbaart: Madagascar
lingála: Madagasikari
لۊری شومالی: ماداگاسکار
lietuvių: Madagaskaras
latgaļu: Madagaskars
latviešu: Madagaskara
Malagasy: Madagasikara
Māori: Marakāhia
Baso Minangkabau: Madagaskar
македонски: Мадагаскар
മലയാളം: മഡഗാസ്കർ
монгол: Мадагаскар
кырык мары: Мадагаскар
Bahasa Melayu: Madagaskar
Malti: Madagaskar
مازِرونی: ماداگاسکار
Nāhuatl: Madagascar
Plattdüütsch: Madagaskar
Nedersaksies: Madagaskar
नेपाली: माडागास्कर
नेपाल भाषा: मादागास्कर
Nederlands: Madagaskar
norsk nynorsk: Madagaskar
norsk: Madagaskar
Novial: Madagaskar
Sesotho sa Leboa: Madagascar
occitan: Madagascar
Livvinkarjala: Madagaskar
Oromoo: Madagaskaar
ਪੰਜਾਬੀ: ਮਾਦਾਗਾਸਕਰ
Kapampangan: Madagascar
Papiamentu: Madagascar
Deitsch: Madagascar
Norfuk / Pitkern: Madagascar
polski: Madagaskar
Piemontèis: Madagascar
پنجابی: مڈغاسکر
Ποντιακά: Μαδαγασκάρην
português: Madagáscar
Runa Simi: Madagaskar
română: Madagascar
русский: Мадагаскар
Kinyarwanda: Madagasikari
संस्कृतम्: मडगास्कर
саха тыла: Мадагаскар
sicilianu: Madagascar
Scots: Madagascar
davvisámegiella: Madagaskar
Sängö: Madagaskära
srpskohrvatski / српскохрватски: Madagaskar
Simple English: Madagascar
slovenčina: Madagaskar
slovenščina: Madagaskar
Gagana Samoa: Madagascar
chiShona: Madagascar
Soomaaliga: Madagaskar
српски / srpski: Мадагаскар
SiSwati: IMadagasikha
Sesotho: Madagascar
Seeltersk: Madagaskar
Basa Sunda: Madagaskar
svenska: Madagaskar
Kiswahili: Madagaska
ślůnski: Madagaskar
తెలుగు: మడగాస్కర్
тоҷикӣ: Мадагаскар
ትግርኛ: ማዳጋስካር
Türkmençe: Madagaskar
Tagalog: Madagascar
Türkçe: Madagaskar
Xitsonga: Madagascar
татарча/tatarça: Мадагаскар
reo tahiti: Matatatihata
удмурт: Мадагаскар
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ماداگاسكار
українська: Мадагаскар
اردو: مڈغاسکر
oʻzbekcha/ўзбекча: Madagaskar
vèneto: Madagascar
vepsän kel’: Madagaskar
Tiếng Việt: Madagascar
Volapük: Malagaseän
Winaray: Madagascar
მარგალური: მადაგასკარი
ייִדיש: מאדאגאסקאר
Yorùbá: Madagáskàr
Zeêuws: Madahaskar
Bân-lâm-gú: Madagascar
isiZulu: IMadagasika