Luz zodiacal

A luz zodiacal ó leste no firmamento pouco antes do amencer. Tamén son visibles Venus e o cúmulo aberto M44.

A luz zodiacal é unha feble banda de luz, de forma case triangular, que pode verse no ceo nocturno estendéndose ó longo do plano da eclíptica onde se atopan as constelacións do Zodíaco. Cobre o ceo por completo aínda que só é apreciable sobre o plano da eclíptica e é responsable do 60% da luz natural nunha noite sen Lúa. Está causada pola dispersión da luz solar nas partículas de po que se atopan ó longo de todo o Sistema Solar.

Observación

A luz zodiacal é moi feble e é completamente invisible nos ceos iluminados por outros obxectos brillantes coma a Lúa ou a contaminación lumínica. Nas latitudes medias do hemisferio norte observase mellor dirixindo a vista cara o Oeste na primavera, despois do crepúsculo, o mirando cara o leste no outono, un pouco antes do amencer.

Decrece en intensidade lumínica coa distancia con respecto ó Sol. En certas noites moi escuras pódese observar unha banda continua ó longo de toda a eclíptica. En oposición á luz zodiacal, é posible observar un brillo ovalado moi feble coñecido coma Gegenschein.

Other Languages
Afrikaans: Sodiaklig
العربية: ضوء بروجي
català: Llum zodiacal
Deutsch: Zodiakallicht
Ελληνικά: Ζωδιακό φως
español: Luz zodiacal
italiano: Luce zodiacale
日本語: 黄道光
한국어: 황도광
Lëtzebuergesch: Zodiakalliicht
lietuvių: Zodiako šviesa
മലയാളം: രാശിപ്രഭ
Nederlands: Zodiakaal licht
norsk nynorsk: Zodiakallys
Piemontèis: Lus zodiacal
português: Luz zodiacal
srpskohrvatski / српскохрватски: Zodijačka svjetlost
slovenčina: Protisvit
slovenščina: Zodiakalna svetloba
svenska: Zodiakalljus
Tiếng Việt: Ánh sáng hoàng đạo
中文: 黃道光