Luís XII de Francia

Luís XII
Rei de Francia
Rei de Napoles
Louis-xii-roi-de-france.jpg
Luís XII de Francia
Rei de Francia
7 de abril de 1498 - 1 de xaneiro de 1515
Predecesor Carlos VIII
Sucesor Francisco I
Duque da Bretaña
(Xunto a Ana da Bretaña)
(Como Luís II)
1499 - 1514
Predecesor Ana da Bretaña
Sucesor Claudia de Francia

Nacemento 27 de xuño de 1462
Blois
Falecemento 1 de xaneiro de 1515
París
Consorte Xoana de Valois
Ana da Bretaña
María Tudor
Descendencia

Con Ana da Bretaña (ver Primeiro matrimonio)

  • Claudia * Renata
Casa real Valois-Orleans
Proxenitores Carlos I de Orleans - Adoptado por Luís XI os tres anos cando falece o seu proxenitor
María de Clèves

Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo, [1] foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois ( Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Cléveris. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas; a futra raíña de Francia Claudia (1499 - 1524) e Renata (1510 - 1575), e con María Tudor.

Traxectoria

O seu símbolo, un porco espiño en Ruán.

Era fillo de Carlos I de Orleans (alcumado como príncipe poeta) e de María de Clèves neto do duque Luís de Valois (irmán menor do rei Carlo VI ), que foi asasinado en 1407 polo duque Xoán Sen Medo de Borgoña e bisnieto de Carlos V de Francia. Ao quedar orfo de pai aos tres anos, foi adoptado por Luís XI, pai da que sería a súa primeira esposa Xoana de Valois.

En 1484, descontento coa rexencia de Ana de Francia, participa na chamada Guerra tola e cae prisioneiro na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier, en xullo de 1488. Indultado tras tres anos de prisión, segue ao seu curmán o rei Carlos VIII a Italia onde fracasará nos seus plans de conquistar o ducado de Milán, para o seu propio beneficio, durante a que seria coñecida como primeira guerra de Italia.

Other Languages
azərbaycanca: XII Lüdovik
беларуская: Людовік XII
беларуская (тарашкевіца)‎: Людовік XII (кароль Францыі)
български: Луи XII
čeština: Ludvík XII.
Deutsch: Ludwig XII.
eesti: Louis XII
suomi: Ludvig XII
français: Louis XII
Bahasa Indonesia: Louis XII dari Perancis
íslenska: Loðvík 12.
ქართული: ლუი XII
한국어: 루이 12세
lietuvių: Liudvikas XII
latviešu: Luijs XII
македонски: Луј XII
مازِرونی: لوئی دوازدهم
polski: Ludwik XII
Piemontèis: Luis XII
русский: Людовик XII
srpskohrvatski / српскохрватски: Louis XII od Francuske
Simple English: Louis XII of France
slovenčina: Ľudovít XII.
slovenščina: Ludvik XII. Francoski
српски / srpski: Луј XII
Türkçe: XII. Louis
українська: Людовик XII
Tiếng Việt: Louis XII của Pháp
中文: 路易十二
Bân-lâm-gú: Louis 12-sè
粵語: 路易十二