Los Angeles Galaxy

Los Angeles Galaxy
NomeLos Angeles Galaxy
Fundación1995
EstadioThe Home Depot Center,
Carson, California
Estados Unidos
Inauguración2003
Capacidade27.000
PropietarioFlag of the United States.svg AEG
AdestradorAlemaña Flag of the United States.svg Sigi Schmid
LigaMajor League Soccer
2017Oeste: 11º
Global: 22º
Playoffs: Non clasificado
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Los Angeles Galaxy é un equipo de fútbol de Estados Unidos, da cidade dos Ánxeles (California). Xoga na Major League Soccer dende o ano 1995, ue é o ano da fundación da MLS e do club. O LA Galaxy xoga como local no StubHub Center en Carson, California dende 2003. É un dos euipos máis laureados na historia da MLS con cinco MLS Cup [1].

É o equipo estadounidense no que xogaron mellores xogadores, como David Beckham, Steven Gerrard ou Robbie Keane.

Historia

Primeiros pasos:

Los Angeles Galaxy foron un dos dez equipos que fundaron a Major League Soccer que comezou a xogarse no ano 1996. Na súa primeira tempada o equipo quedou primeiro na liga regular na Conferencia Oeste, e chegou a final da MLS Cup perdendoa fronte o D.C. United. Na seguinte tempada, acabaron segundos na fase regular e eliminados na primeira ronda dos playoffs. Tanto no ano 1998 como no 1999 quedou primeiro na fase regular. No ano 1999 volveu a chegar a final e volveuna a perder fronte o D.C. United.

No ano 2000 logran gañar o seu primeiro e único titulo internacional ata hoxe, a Copa de Campións da CONCACAF obtida fronte ao Olimpia de Honduras.Os seus dous primeiros titulos da MLS Cup foron obtidos nos anos 2002 e 2005. O do 2002 foi fronte ao New England Revolution, cun gol de ouro do guatemalteco Carlos "Pescadito" Ruiz no minuto 105 da prórroga; e o do 2005 foi conseguido grazas a outro gol de ouro, esta vez do guatemalteco Guillermo "Pando" Ramirez, ante o mesmo New England Revolution.

Era Beckham

O 11 de xaneiro de 2007 foi anunciada a contratación do xogador inglés David Beckham trala finalización do seu contrato co Real Madrid, incorporándose así en xuño de 2007. O xogador ingresará un total de 193 millóns de euros polas cinco tempadas nas que defenderá ao club dos Anxos, en concepto de salario e dereitos de imaxe. A repercusión do fichaxe non tardou en facerse notar, xa que nas catro horas posteriores ao anuncio da contratación, o número de abonados do club incrementouse en 1.000 novos socios.

No ano 2009 lograron chegar de novo a MLS Cup perdendo nos penaltis(5-4) fronte o Real Salt Lake. Nos anos 2010 e 2011 gañaron a MLS Supporters' Shield, no 2011 tamén lograron gañar a MLS Cup por terceira vez na súa historia. O ano 2012 foi un ano importante para o equipo californiano xa que volveu a gañar a MLS Cup, como o ano anterior fronte o Houston Dynamo, e ademais foi o ano da despedida de David Beckham do club, xa que decidiu marchar ao PSG francés. Despois da saídado inglés, anunciouse a chegada doutra estrela, o internacional irlandés Robbie Keane.

A quinta

Tras a marcha da estrela inglesa, os anxelinos fixeron unha boa tempada rematando en terceira posición na fase regular e caendo nas semifinais dos playoofs. Ademáis de chegar as semifinais da Liga de Campións da CONCACAF. 'Los Angeles Galaxy conseguiron a súa quinta MLS Cup no ano 2014, e como xa o fixera nas dúas primeiras fronte o New England Revolution [1]. A final da tempada anunciouse unha saída e unha entrada importante. O dianteiro da selección estadounidense, Landon Donovan anunciaba a súa retirada [2]. Pero chegaba a California o capitán do Liverpool, Steven Gerrard.

No ano 2016 Bruce Arena, adestrador e director deportivo abandonaba o club para dirixir á selección de fútbol dos Estados Unidos. E o equipo notou a súa perda xa ue na seguinte tempada quedaron fóra dos playoffs por cuarta vez na súa historia e por primeira vez, como peor equipo da liga.

Other Languages
azərbaycanca: LA Qalaksi
беларуская (тарашкевіца)‎: Лос-Анджэлес Гэлаксі
Deutsch: LA Galaxy
English: LA Galaxy
Bahasa Indonesia: Los Angeles Galaxy
lietuvių: LA Galaxy
Nederlands: Los Angeles Galaxy
português: Los Angeles Galaxy
Scots: LA Galaxy
Simple English: Los Angeles Galaxy
Tiếng Việt: Los Angeles Galaxy