Lord tenente de Irlanda

Estandarte oficial do lord tenente de Irlanda.

O lord tenente de Irlanda (plural: lords tenentes, en inglés Lord Lieutenant of Ireland), tamén coñecido como justiciar nos comezos do período medieval e como o lord deputado na parte final do século XVII, foi o representante do rei e o xefe do goberno executivo irlandés durante o señorío de Irlanda ( 1171- 1541), o Reino de Irlanda ( 1542- 1801) e o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda ( 1801- 1922). Aínda cando encabezaba o executivo dunha Irlanda coas súas propias institucións dentro do Reino Unido, actuaba como axente e representante do rei ou raíña de Inglaterra (ata 1707) ou rei ou raíña de Gran Bretaña ( 1707- 1800), e o seu executivo non rendía contas diante o parlamento irlandés senón que respondía diante o goberno da súa maxestade.

O oficio foi, na súa última época, decotío xeralmente coñecido como viceroy ( vicerrei). Aínda que durante a Idade Media algúns nobres irlandeses desempeñaron o cargo, a regra era que só ingleses ou británicos, polo xeral nobres, foran designados para o oficio.

  • véxase tamén

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Other Languages