Little Britain

Little Britain
FormatoHumor
Creado porMatt Lucas
David Walliams
IntérpretesMatt Lucas
David Walliams
Tom Baker
Anthony Head
Paul Putner
Steve Furst
Charu Bala Chokshi
Joann Condon
Ruth Jones
País de orixeReino Unido
Episodios25
Produción
Duración30 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC Three
BBC One
Primeira emisión16 de setembro de 2003
Derradeira emisión31 de decembro de 2006
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

Little Britain é un programa de humor de trinta minutos de duración consistente en "sketches" sobre a vida en Gran Bretaña. A serie está escrita e dirixida por Matt Lucas e David Walliams. Foi emitida por primeira vez en Radio 4 da BBC no ano 2001 e posteriormente foi trasladada á televisión na BBC Three. Ata o momento foron emitidas dúas tempadas de radio e tres de televisión.

En España, esta serie, polo de agora, foi tan só emitida pola canle dixital Canal +.

Orixes e evolución

O programa de radio foi emitido por primeira vez en BBC Radio 4 no 2001. No 2003 o programa foi traspasado á televisión, nunha serie de oito episodios para a BBC Three (esta canle só emite en dixital, e polo tanto, a súa audiencia é máis limitada). Dende aquela, emitíronse dúas tempadas máis. A serie tamén conta cun episodio de Nadal e tanto Lucas como Walliams continúan negando que a terceira tempada vaia se-la derradeira.

O programa converteuse nunha serie de culto, proba delo é a fama que adquiriron moitas das expresións e frases feitas dos personaxes no Reino Unido. Hai unha xira teatral de Little Britain, e estase preparando unha versión norteamericana do programa, que será emitida no 2007 por HBO. Ademais, porase á venda o videoxogo: Little Britain: The Video Game en febreiro de 2007. Tamén se propón a posibilidade de gravar unha película nos Estados Unidos.

Gran parte do material de televisión foi adaptado da versión de radio, pero con maior énfase nos personaxes secundarios e as frases feitas. Como resultado do seu éxito, a primera tempada foi repetida pola BBC Two, canle que emite para unha maior audiencia. A pesar dalgunhas reaccións contrarias, moitos dos críticos mostráronse entusiastas, e asinouse para a creación dunha segunda tempada. Debido á súa popularidade, volveu ser emitida por BBC One a finais de decembro, o que causou un aumento da audiencia.

A emisión da terceira tempada comenzou en novembro de 2005, terminando seis semanas despois. Trala súa emisión, non está claro se haberá outra tempada máis, xa que moitos dos "sketches" sufriron xiros dramáticos ou foron esgotados. Lucas e Walliams mantiveron conversas acerca da cuarta tempada coa BBC e mostraron a súa disposición a suprimir determinados personaxes para facer sitio a outros novos.

Other Languages
Esperanto: Little Britain
español: Little Britain
français: Little Britain
magyar: Angolkák
italiano: Little Britain
lietuvių: Little Britain
Nederlands: Little Britain
português: Little Britain
Simple English: Little Britain
Türkçe: Little Britain
українська: Маленька Британія
中文: 小不列颠