Litro
English: Litre

Exemplo de medición do litro empregando un volume cúbico, segundo a definición baseada no decímetro cúbico.
Recipiente con indicacións do volume de contido líquido até 1 litro.
Probeta de laboratorio con capacidade dun litro.

Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso.

Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico. O símbolo L foi adoptado en 1979 na 16a Conferencia Xeral de Pesos e Medidas. Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, o SI acepta o seu emprego, se ben recomenda a utilización das unidades do SI no campo da ciencia.[1]

Trátase dunha unidade moi empregada na vida diaria e adoita usarse xunto con unidades do SI, tal e como se fai actualmente coas unidades da hora e do día.[2]

Un litro de auga líquida ten unha masa de case exactamente un quilogramo, xa que o quilogramo foi definido orixinariamente en 1795 como a masa dun decímetro cúbico de auga á temperatura de fusión do xeo. Definicións posteriores do metro e do quilogramo fixeron que esta relación deixara de ser exacta.[3][4]

Historia

Etimoloxía

O nome da unidade deriva dunha antiga unidade de volume francesa, o litron, que evolucionou a través da unidade medieval litra (do latín). Este último termo provén á súa vez da litra como unidade grega de masa que equivale a 12 onzas (onkia). O sistema métrico francés tomou o litro como unidade básica na creación dun sistema propio de medidas.[5]

Invención e evolución da medida

O suízo Charles Edouard Guillaume, director da Oficina Internacional de Pesos e Medidas dende 1915 ata 1936.

A orixe do litro ten lugar trala unificación de medidas propulsada durante a Revolución Francesa pola Asemblea Constituínte de 1791. Esta unificación foi debida á gran diversidade de medidas que daquela había. O litro apareceu por vez primeira como medida de capacidade na lei do 18 germinal an 3[4] (7 de abril de 1795), definido en función do metro[6] como "a medida de volume, tanto para líquidos como para sólidos, dun cubo de aresta igual a unha décima parte dun metro" (art. 5).

No ano 1879, o Comité Internacional de Pesos e Medidas adoptou o litro e a súa abreviatura, a l minúscula[7] En 1901, a terceira Conferencia Xeral de Pesos e Medidas definiu o litro como "o volume ocupado pola masa dun quilogramo de auga pura na súa máxima densidade e baixo presión atmosférica normal", isto quería dicir: auga pura a 1 atm e a unha temperatura lixeiramente por enriba de 3,98 °C.[8] O litro era, segundo esta definición, equivalente a 1.000028 dm³ (inicialmente 1.000027 dm³), aceptando deste xeito a discrepancia detectada segundo a definición co centímetro cúbico.

Máis tarde, especificouse que 4 °C sería a temperatura que serviría como punto de referencia da densidade da auga, cunha densidade da auga pura lixeiramente inferior a 1,0000 kg/litro.

Un dos investigadores que comprobou as desviacións da medida do litro con estes cambios foi o físico Charles Edouard Guillaume,[9] que en 1904 probou experimentalmente que a densidade da auga a 4 °C era de 1.000028 dm³.[10]

Finalmente, a causa da complexa definición do litro, no ano 1964 vaise recuperar a definición de 1793, na 12a reunión do CGPM[11] tras constatarse en 1960 que había unha diferenza de 28 millonésimas con respecto ó decímetro cúbico[12], o litro pasou a ser só un nome especial para o decímetro cúbico.

Distintos símbolos usados para representar o litro

Orixinariamente o único símbolo para o litro era l (L minúsculo), seguindo a convención do Sistema Internacional de que só as unidades que abrevian un nome de persoa empregan como símbolo unha letra maiúscula. Porén, en moitos lugares, a forma máis común do díxito arábigo manuscrito 1 é unicamente un trazo vertical e polo tanto o algarismo "1" pode ser confundido coa letra "l". Ademais, nalgunhas máquinas de escribir antigas a tecla do L era empregada tamén para o numeral 1. Mesmo nalgunhas fontes informáticas os dous caracteres son apenas distinguibles. Isto causou problemas, especialmente na comunidade médica.

Antes de 1979, o símbolo (l pequeno manuscrito, U+2113), fíxose de uso común en varios países; por exemplo, era recomendado pola publicación M33 da South African Bureau of Standards en Suráfrica na década de 1970, e pode atoparse aínda nalgúns países de fala inglesa. O seu uso é ocasional nalgúns países europeos, e habitual en Xapón e Corea do Sur. Algunhas fontes non só empregan o carácter ℓ senón que tamén o usan en caracteres compostos: ㎕, ㎖, ㎗ e (do U+3395 ao U+3398) para o microlitro, mililitro, decilitro e quilolitro. Noutros países como Canadá, recomendaban utilizar a minúscula ℓ sempre que fose posíbel, ou por defecto, cando non houbera confusión co número 1. Este uso entra en contradición coas principais organizacións internacionais (ISO, NIST, NPL, IAU, IUPAC e IUPAP), que establecen que os símbolos deben imprimirse en tipografía romana independentemente da fonte empregada no resto do texto.[13] Na actualidade, este símbolo non se emprega na maioría dos países e nunca foi recoñecido pola CGPM nin pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO).[14]

Na 16a reunión do CGPM celebrada en 1979, decidiuse utilizar tanto a abreviatura en minúscula l como a L maiúscula para evitar confusións entre a letra e o número 1,[15] ou coa letra "i" maiúscula. Aínda que había a intención de restrinxir nun futuro a abreviatura a un dos dous símbolos, esta dualidade persiste na actualidade. O Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) dos Estados Unidos recomenda o emprego deste símbolo,[16] práctica estendida tamén en Canadá e Australia. Nestes países tamén se emprega o símbolo L con prefixos, como en mL e μL, en lugar dos tradicionais ml e μl. No Reino Unido e Irlanda, así como no resto de Europa, a letra minúscula l adoita empregarse con prefixos, mentres que os litros completos a miúdo aparecen coa palabra completa (é dicir, "750 ml" pero "1 litro" en recipientes de líquidos). A L maiúscula é a que se utiliza na práctica.

Hoxe en día non hai razón técnica algunha para esta excepción na nomenclatura dos sistemas de medidas, xa que nos sistemas de escritura informáticos é doada a utilización de sistemas de codificación máis distinguíbeis. Porén, en 1990, o CIPM considerou que aínda era demasiado pronto para elixir un único símbolo para o litro.[17]

Other Languages
Afrikaans: Liter
Alemannisch: Liter
aragonés: Litro
العربية: لتر
مصرى: ليتر
asturianu: Llitru
azərbaycanca: Litr
تۆرکجه: لیتر
башҡортса: Литр
žemaitėška: Lėtros
беларуская: Літр
беларуская (тарашкевіца)‎: Літар
български: Литър
বাংলা: লিটার
བོད་ཡིག: སྤྱི་ཧྲན།
brezhoneg: Litr
bosanski: Litar
català: Litre
کوردی: لیتر
čeština: Litr
Чӑвашла: Литр
Cymraeg: Litr
dansk: Liter
Deutsch: Liter
Ελληνικά: Λίτρο
English: Litre
Esperanto: Litro
español: Litro
eesti: Liiter
euskara: Litro
فارسی: لیتر
suomi: Litra
français: Litre
Nordfriisk: Liter
furlan: Litri
Frysk: Liter
Gaeilge: Lítear
贛語: 公升
客家語/Hak-kâ-ngî: Kûng-sṳ̂n
עברית: ליטר
हिन्दी: लीटर
hrvatski: Litra
magyar: Liter
հայերեն: Լիտր
interlingua: Litro
Bahasa Indonesia: Liter
Ilokano: Litro
Ido: Litro
íslenska: Lítri
italiano: Litro
日本語: リットル
Patois: Liita
Basa Jawa: Liter
ქართული: ლიტრი
қазақша: Литр
ಕನ್ನಡ: ಲೀಟರ್
한국어: 리터
къарачай-малкъар: Литр
kurdî: Lîtir
Кыргызча: Литр
Latina: Litrum
Lëtzebuergesch: Liter
лезги: Литр
Limburgs: Liter
lumbaart: Lìter
lietuvių: Litras
latviešu: Litrs
македонски: Литар
മലയാളം: ലിറ്റർ
монгол: Литр
मराठी: लीटर
Bahasa Melayu: Liter
မြန်မာဘာသာ: လီတာ
नेपाल भाषा: लितर
Nederlands: Liter
norsk nynorsk: Liter
norsk: Liter
occitan: Litre
ਪੰਜਾਬੀ: ਲੀਟਰ
polski: Litr
پنجابی: لٹر
português: Litro
română: Litru
tarandíne: Litre
русский: Литр
саха тыла: Лиитэрэ
sicilianu: Litru
Scots: Litre
srpskohrvatski / српскохрватски: Litar
Simple English: Litre
slovenčina: Liter
slovenščina: Liter
Soomaaliga: Litir
shqip: Litri
српски / srpski: Литар
Basa Sunda: Léter
svenska: Liter
Kiswahili: Lita
தமிழ்: லிட்டர்
తెలుగు: లీటరు
ไทย: ลิตร
Tagalog: Litro
Türkçe: Litre
українська: Літр
اردو: لٹر
oʻzbekcha/ўзбекча: Litr
vèneto: Litro
Tiếng Việt: Lít
Winaray: Litro
吴语:
ייִדיש: ליטער
中文: 公升
Bân-lâm-gú: Li̍p
粵語: 公升