Lista de emperadores romanos

Esta é a lista dos emperadores romanos, indicando a data en que estes controlaron o Imperio Romano, até á caída do Imperio do Occidente.

Nótese que, ao contrario do que moita xente pensa, Xulio César nunca foi emperador (princeps), aínda que foi nomeado ditador vitalicio en -45 (a pesar de teren existido outros ditadores romanos antes del) e, aínda, a pesar dalgúns historiadores romanos así o designaren. Por outro lado, o nome César tornouse nome de familia da primeira dinastía, sendo usado como un título, manténdose esa tradición por todo o imperio. Suetonio, por exemplo, fala dos Doce Césares, incluíndo as dúas primeiras dinastías e o propio Xulio César, que sen o ter sido era xa, case lendariamente, o primeiro emperador romano.

Para a adoración do emperador romano como Deus, véxase Culto imperial

Xulio-Claudianos

Retrato Nome Nacemento Sucesión Reinado Morte Tempo reinando
Augustus of Rome.jpg Augustus
IMPERATOR CAESAR DIVI FILIVS AVGVSTVS
23 de setembro do 63 a.C., Roma, Italia Sobriño neto e fillo adoptivo de Xulio César; converteuse en emperador de facto como resultado do "primeiro acordo" entre el e o Senado romano. 16 de xaneiro do 27 a.C . – 19 de agosto do 14 19 de agosto do 14 DC
causas naturais ou talvez
envelenado pola súa esposa, Livia.[1]
40 anos, 7 meses e 3 días
Tiberius NyCarlsberg01.jpg Tiberio
TIBERIVS IVLIVS CAESAR AVGVSTVS
16 de novembro do 42 AC, Roma Fillo natural de Livia Drusilla, a terceira esposa de Augusto, dun matrimonio anterior; adoptado por Augusto como o seu fillo e herdeiro. 18 de setembro do 14 – 16 de marzo do 37 16 de marzo do 37
Probablemente causas naturais, posiblemente asasinado por Calígula.
22 anos, 5 meses e 27 días
Caligula - MET - 14.37.jpg Gaio César (Calígula)
GAIVS IVLIVS CAESAR AVGVSTVS GERMANICVS
31 de agosto do 12 AC, Antium, Italia Sobriño neto e neto adoptivo de Tiberio, fillo natural de Xermánico, bisneto de Augusto. 18 de marzo do 37 – 24 de xaneiro do 41 24 de xaneiro do 41
Asasinado nunha conspiración que involucra a senadores e Garda Pretoriana.
3 anos, 10 meses e 6 días
Claudius crop.jpg Claudio
TIBERIVS CLAVDIVS CAESAR AVGVSTVS GERMANICVS
1 de agosto do 10 AC, Lugdunum, Gallia Lugdunensis Sobriño de Tiberio, irmán de Xermánico, tío de Calígula, e sobriño neto de Augusto; proclamado emperador pola Garda Pretoriana. 25/26 de xaneiro do 41 – 13 de outubro do 54 13 de outubro do 54 DC
Probablemente envelenado pola súa esposa Agripina menor, en favor do seu fillo Nerón, posiblemente por causas naturais.
13 anos, 9 meses
Nero 1.JPG Nerón
NERO CLAUDIVS CAESAR AVGVSTVS GERMANICVS
15 de decembro do 37, Antium, Italia Neto de Xermánico, sobriño de Calígula, tatara sobriño de Tiberio, e sobriño bisneto de Augusto; sobriño neto, fillastro, xenro, e fillo adoptivo de Claudio. 13 de outubro do 54 – 9 de xuño do 68 9 de xuño do 68
Suicidouse logo de ser declarado inimigo público polo Senado.
13 anos, 8 meses
Other Languages
Lingua Franca Nova: Lista de imperores roman
srpskohrvatski / српскохрватски: Popis rimskih careva
Simple English: List of Roman emperors